jueves, 18 de septiembre de 2014

Elección democrática de alcaldes e alcaldesas



Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela o ámbito local é un espazo complexo e plural, a primeira instancia para a resolución dos problemas da cidadanía e para a mellora das condicións de vida da xente.

Os Concellos son o principal dique de contención contra a crise, una espazo de resistencia, de dignidade, de defensa dos dereitos da cidadanía, onde se xeran alternativas sociais e económicas para paliar os efectos da crise e dos recortes.

O Consello Comarcal de EU defendemos un modelo de goberno local de proximidade, un modelo que desenrole a autonomía local e as competencias, con recursos suficientes para facelas efectivas.

sábado, 6 de septiembre de 2014

Defensa música na rúa



O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PIDE EXPLICACIÓNS AO CONCELLO POLA PROHIBICIÓN DE TOCAR NO ARCO DA PRAZA DO OBRADOIRO AOS MÚSICOS DA RÚA

O CONSELLO COMARCAL DE EU DEMANDA AO CONCELLO QUE DEA MARCHA ATRÁS AO ESTAR PERXUDICANDO O TRABALLO DOS MÚSICOS E UN DOS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DA PRAZA

Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela sempre defendemos e defenderemos todo tipo de expresión cultural que enriqueza as rúas da cidade, o que ao mesmo tempo é un creador de beleza para os e as habitantes da capital galega.

Recentemente, unha destas actividades, cunha longa tradición ademais, vén de ser eliminada por unha nova normativa do Concello que impide a realización de concertos no arco da Praza do Obradoiro, eliminando así o sustento dunha importante cantidade dos músicos da rúa de Compostela.