A campaña electoral chega o seu fin. Xa vai sendo hora, dirán os esforzados e esforzadas militantes que durante 15 longos días levaron a cabo a tarefa de culminar o traballo levado a cabo desde hai meses.
Onte, día en que se repartiron dípticos na rúa de San Pedro, na rúa Concheiros, na rúa Home Santo de Bonaval e na Angustia, puidemos comprobar que hai respecto e valoración do traballo que estamos realizando. Nunha zona castigada polas antenas de telefonía móbil ilegais, ou polo abandono dos procesos de humanización, os veciños e veciñas acollían de bo grao o noso programa.
Hoxe, rematará esta fase de traballo no Centro sociocultural de Conxo. Aí, falaremos dun programa que será a nosa base do quefacer político e social durante os seguintes catro anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario