9. Mocidade
Creación do Consello Municipal da Mocidade.
Desenvolveremos políticas públicas de acceso á formación, ao emprego e á vivenda. Os programas de formación e emprego estarán conectados á realidade empresarial da cidade. De aí a importancia da información e participación para deseñar unha política formativa real, que conleve unha saída ao mundo laboral concreta e que responda ao fin formativo. A USC e os ciclos formativos deben conter unha formulación que ligue co espazo concreto da cidade.
Propostas:
- Supresión dos parquímetros nos campus universitarios.
- Que se poida empregar a tarxeta universitaria para descontos en todos os comercios da cidade.
- Realización das noites alternativas (deportes, baile, cars, teatro, talleres de poesía...).
- Mellores comunicacións con outros puntos da xeografía galega e abaratamento dos custos dos billetes dos mesmos.
- Mellores horarios e combinacións de autobuses nocturnos como tamén desenvolver rutas con buses nocturnos para a xente que saia e non queira coller o coche. Renovación dos autobuses urbáns posto que algúns se atopan en moi malas condicións e non están adaptados para discapacitados/as.
- Non criminalización do botellón, nen da xuventude.
- Diminución do encarecemento da cultura: por exemplo abaratamento dos concertos.
- Fomento e axuda no desenvolvemento da creatividade dos xóvenes, que serán o fundamento da cultura futura.
- Crearemos espazos públicos para a expresión creativa da mocidade.
- Dinamización das redes asociativas.
- Que se cre un carril bici que tamén comunique cá Universidade para poder despazarnos ata ela sen ter que contaminar.
- Servizo municipal de aluguer de bicis.
- Encontros municipais da Mocidade para favorecer o intercambio de experiencias e o deseño participado nas decisións do municipio.
- Encontros de Comunicación Interxeracional
- Bolsas formativas de titorías de universitarios a alumnado non universitario.
- Crear un proceso de formación permanente áxil e motivador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario