sábado, 19 de mayo de 2007

ACTOS PARA LUNS 21 DE MAIO

O luns 21 de maio preséntase coa seguinte previsión:

  • ás 12h30 entrevista ao candidato Xabier Ron na Cadena SER.
  • ás 20h charla-debate cos veciños e veciñas no centro sociocultural do Castiñeiriño. Para esta charla contaremos coa presenza de Xabier Ron, cabeza de lista, de Blanca Fernández (nº 2) e de Alfredo Iglesias Diéguez.
Alfredo Iglesias é historiador. Na actualidade, enisna Ciencias Sociais no IES da Pontepedriña en Compostela. Trátase dun dos grandes especialistas en Paleontoloxía HUmana e é un dos responsables dos xacementos de Orce (Granada). E, aspecto non menos importante, é unha das plumas máis comprometidas coa construción dun socialismo realmente emancipador, coa esquerda real e alternativa. Esta circunstancia podémola apreciar todos os martes no xornal Galicia Hoxe, na sección "Na marxe esquerda". Os seus artigos son, quizais, a única testemuña na prensa escrita galega -podemos rescatar tamén a Manoel Santos- dun pensamento diverso, contestatario co bipartidismo que se nos quere impoñer en todos os eidos da vida: PSdG / BNG, matrimonio socialdemócrata vs. PP.

Animamos a todos e todas a que se cheguen polo centro para agradecer non só que poidamos disfrutar dunha pluma realmente de esquerdas, senón a súa participación no acto do Castiñeiriño.

No hay comentarios: