Nunha entrevista concedida a Correo TV, Sánchez Bugallo era incapaz
de asumir a perda dun concellal e daba boas mostras da súa altura
política. A culpa da perda do concellal, segundo el, era
de....Zapatero!!! Velaí que o propio Bugallo instala no discurso
municipal o que tanto lle gustaba ao PP en plena campaña preelectoral e
electoral: a situación da política nacional. Con amigos así...para que
precisa inimigos Zapatero. E se quere acusar....como non acusa ao maís
inmediato na xerarquía...Touriño?!
Sánchez Bugallo
debería analizar en clave autocrítica os seus resultados e pensar,
sequera por un breve momento, se o seu baixón non se debe a un erro na
xestión municipal.... que era o que se sometía a votación.
O
desleixe do rural quizais non se manifestou en perda de votos pola
apresurada carreira de promesas electorais e porque aínda existe o
errado e anacrónico convencemento de que as subvencións ás asociacións
non son un dereito e si un favor.
Pero as promesas...se non se cumpren, vólvense contra un mesmo...estouran!! E estourarán, avanzamos nós.
Pregúntense
os veciños e veciñas se Bugallo acerta. Ao cabo dun tempo do novo
equipo de goberno, que se pregunten os veciños e veciñas se o metro
lixeiro ao Aeroporto, se os teleféricos, en definitiva se as diferentes
promesas electorais lograron ou non o obxectivo que perseguían:
convencer, seducir ou persuadir? Ou ben enganar e lograr, da forma que
sexa, o goberno e manter o poder...atado e ben atado?
O
exercicio da política require sempre que se faga, incluso no mellor das
casos posibles, autocrítica. Nesta ocasión, aínda máis. Dicir, en plan
acusica, que a culpa é do..."cha cha chá", como dicía aquela canción, é
deixar ben visible a que altura está o nivel político do acusador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario