martes, 15 de mayo de 2007
O PSdG crese dono das rúas
Onte pola mañá nos vimos na obriga de denunciar ante a Xunta Electoral de Zona ao grupo do PSdG. O motivo foi dobre: por unha banda, pegar por riba dos nosos carteis en varios dos paneis, só por riba dos nosos; pola outra, crerse o dono do mundo, xa que segundo nos consta en resolución da Xunta Electoral de Zona, o PSdG non solicitou paneis para pegar carteis. Non só quere esnaquizar a nosa liberdade de expresión, senón que ningunea as resolucións legais. No noso escrito solicitamos unha sanción ante dito feito. E pensar que están aporreando de diñeiro todos os medios, que dominan aparatos mediáticos...vése claramente que non soportan que unha organización como a nosa lle lembre onde se sitúa a man esquerda.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ánimo compañeiros!
Saúde e bó traballo!
Publicar un comentario