O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA DENUNCIA O ATAQUE AO BENESTAR QUE DECRETA O SUICIDIO ECONÓMICO DO
CONCELLO.
EU
COMPOSTELA APOIA A PROGRESIVIDADE FISCAL QUE PROXECTA COMPOSTELA ABERTA NECESARIA
PARA PODER APLICAR POLÍTICAS SOCIAIS
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
manifesta a súa máis firme repulsa á alianza estratéxica e antisocial
perpetrada polo PSOE e PP que, por desexar desgastar a un equipo de goberno,
opta por hipotecar o futuro económico do Concello e imposibilitar o
desenvolvemento de políticas sociais para que todos os veciños e veciñas teña a
mesma igualdade de oportunidades.
Os intereses sectarios e estratéxicos dos partidos
do réxime -abafados pola corrupción e reféns dos poderes económicos- deseñaron
o obxectivo de atacar á veciñanza compostelá. A demagoxia, o populismo e o
electoralismo explican o proceder das forzas do réxime. O acontecido hoxe no
Pleno amosa claramente que nin o dedocrátrico exalcalde, Agustín Hernández, nin
Paco Reyes, cadáver político que levou ao PSOE ao seu peor resultado
democrático, velan polo benestar da maioría social, xa que o seu único fin é
atacar e evitar o traballo das concelleiras e concelleiros de Compostela
Aberta.