O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o
Concello acometa as medidas oportunas para mellorar a formación dos
traballadores e traballadoras da cidade, por iso considera que calquera
programa que tenda a mellorar a cualificación profesional dos mesmos é unha
iniciativa positiva.
O Programa de Cualificación Profesional da iniciativa Urbana Santiago
Norte, é un programa interesante para os traballadores e traballadoras por
canto mellora as súas posibilidades de conseguir un posto de traballo
cualificado, dado que consiste na realización de accións formativas en
diferentes materias (informática, idiomas, prevención de riscos laborais...).
Este programa está dentro do proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado
polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), contando cun presuposto
de 250.000 €, que inclúe un servizo de asesoramento, un calendario de
actividades formativas e unha aplicación web.
O pasado día 20 de setembro de 2013 iniciouse a Campaña de información do
Programa de Cualificación Profesional da iniciativa Urbana Santiago Norte.
Segundo a información reflectida na paxina web da iniciativa Urbana Santiago
Norte, esta campaña levouse a cabo os días 20, 21, 23 e 25 de setembro.
Para a realización desta Campaña na colocación de sete puntos de
información distribuídos dentro da área de actuación da Iniciativa Urbana
Norte:
- En Vista Alegre, no cruce da rúa Parque San Xoán.
- En Vite, na avenida de Castelao.
- En Guadalupe, na rúa de García Lorca.
- En Salgueiriños, na rúa de Melide.
- En San Pedro, na praza do Cruceiro.
- En Basquiños, na rúa Pastoriza.
- Na praza de Meixonfrío.
Estes puntos de información tiñan como obxectivo informar e realizar todos
os trámites de inscrición nas actividades formativas.
Como recursos materiais para o desenvolvemento de dita acción informativa
colocáronse sete oficinas móbiles como puntos de información, que soamente
estiveron presentes catro días. Consideramos que na area de actuación da
Iniciativa Urbana Norte, hai infraestruturas asociativas, do concello ou
educativas, suficientes para acometer dita campaña de información sen
necesidade de adicar parte do presuposto desta campaña a construír ditas
casetas informativas.
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
1.- Cal foi o número de
usuarios atendidos en ditas oficinas de información e a modalidade pola que foi
contratado o persoal que os atendeu.
2.- Canto custou a
colocación destas casetas e se foron alugadas ou compradas polo Concello
3.- Se o Concello as comprou
que outras finalidade lles vai a dar
4.- Se o programa de
Cualificación profesional ten un plan de execución nos anos 2012-2013 porque
esta iniciativa non se levou a cabo no ano 2012.
5.- Cales son as accións
formativas concretas que se van programar en base a demanda recollida por ditas
casetas, e cantos veciñas e veciños se
van beneficiar por dito programa de formación
6.- Como interveu neste
programa o Órgano de Participación Cidadá do proxecto Urbana Santiago Norte.
7.- Se as accións formativas
programadas se coordinaron cos centros integrados de formación profesional de
Santiago de Compostela, de maneira que se trate de complementar a formación que
estes imparten.