
Mais acontece, tras varias queixas veciñais e trala pertinente visita de
membros do Consello Comarcal, que nunhas das escaleiras da capela de a Nosa
Señora da Fonte, que leva ao Parque da Música, levantouse un muro que
consideramos un grave erro.
Noel Dopazo, responsable de Cultura e Patrimonio do Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela, demanda que o equipo de goberno do Partido Popular
explique, se iso é posible, como se puido dar o visto bo e os motivos que
xustifican semellante actuación urbanística que impide a utilización dunhas
escaleiras que dan acceso a un parque público da cidade.

É importante que o Concello vele porque se cumpran uns mínimos requisitos
nas actuacións urbanísticas que se leven a cabo na vía pública, co fin de
evitar obras como, por exemplo, a máis que cuestionable pasarela en Caramoniña
que contou coa nosa reprobación e denuncia dende o inicio.
Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Deu o visto bo o arquitecto municipal ao levantamento deste muro?
- En caso afirmativo, que motivos xustificaron que se permitira levantar este muro nunhas escaleiras que dan acceso a un parque público da cidade?
- En caso de que esta actuación urbanística non conte co beneplácito do Concello que medidas se levarán a cabo para corrixir esta aberración urbanística?
4. Realizarase un estudo de posibles actuacións que se poidan considerar que atenten contra o patrimonio cultural e histórico da cidade, co fin de buscar solucións o antes posible?
No hay comentarios:
Publicar un comentario