viernes, 26 de febrero de 2010

Condea verbas Rosa Díez

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANIFESTA A SÚA MÁIS ENÉRXICA REPULSA ANTE A GRAVE OFENSA QUE A PORTAVOZ DE UPyD FIXO AO POBO GALEGO.


FACEMOS NOSA A CONDEA QUE A COORDINADORA XERAL DE EU, YOLANDA DÍAZ, FIXO SOBRE AS DECLARACIÓNS REALIZADAS POR ROSA DÍEZ ESIXINDOLLE UNHA INMEDIATA RECTIFICACIÓN.


EU COMPOSTELA PREGÚNTASE SE ALGUÉN PODE SENTIRSE REPRESENTADO POR UNHA LÍDER QUE NOS INSULTA E HUMILLA .

Para Consello Comarcal de Esquerda Unida, o desprezo da portavoz de UPyD, Rosa Díez, pola sociedade galega quedou patente antonte no programa de Iñaki Gabilondo onde por dúas veces utilizou o termo “galego” de maneira pexorativa, feito que xa tiña cometido no mes de novembro do ano pasado.

Así pois manifestamos a súa máis enérxica repulsa ante a grave ofensa proferida, por Rosa Díez, ao pobo galego. Para a nosa organización a actitude da portavoz de UPyD, lonxe de ter “sentido do humor” é inaceptable e constitúe unha humillación contra todos os galegos e galegas.

En declaracións realizadas onte, a Coordinadora Xeral de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, condenou a actitude da líder de UPyD e esixiulle unha inmediata rectificación ante a grave ofensa proferida contra o pobo galego. A Coordinadora Xeral indicou que é unha vergoña que unha deputada, que ademais é a portavoz do seu partido, insulte a todo o pobo galego. Yolanda Díaz considerou aínda máis grave o feito que Rosa Díez se negue a rectificar.

Pola súa banda, o Secretario de Organización de EU, César Santiso, preguntouse si os votantes e simpatizantes de UPyD na Galiza séntense representados pola súa líder ou si con a actitude amosada consideran que Rosa Díez pode defender os seus intereses. Finalmente, invitou a sociedade galega a darlle as costas a un partido político cuxa líder denota claros síntomas racistas sobre o noso pobo.

Secretario de Comunicación: Vicente Vázquez Freire (659-324643)

jueves, 25 de febrero de 2010

Apoio a Salva o Tren

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ÚNESE A DENUNCIA Á ACTITUDE INQUISITIVA DA POLICÍA NACIONAL, NO QUE CONSIDERA UN INTENTO DE COACCIÓN DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN DA CIDADANÍA A INSTANCIAS DE RENFE.


SOLIDARIZÁMONOS CA PORTAVOZ DA PLATAFORMA SALVA O TREN, LUCÍA LATORRE.


UNHA VEZ MÁIS O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA QUEREMOS DEFENDER O FERROCARRIL DE PROXIMIDADE, POR CONSIDERALO UN SERVIZO PÚBLICO ESTRATÉXICO FUNDAMENTAL QUE SEMELLA VITAL PARA O DESENVOLVEMENTO DA MOBILIDADE SOSTIBLE.

Segundo información aparecida en días pasados no xornal a Voz de Galicia, a portavoz da plataforma Salva o Tren, Lucía Latorre, foi retida por dous policías nacionais ao baixarse dun convoi en Vigo, os axentes pedíronlle que se identificase e lles mostrara o billete, trasladándolle, a instancias de Renfe, que a súa actitude durante a viaxe pode levar unha sanción. Lucía Latorre aproveitou o traxecto para repartir uns folletos informativos sobre a desaparición dos trens rexionais e a necesidade dun servizo de proximidade.

Esquerda Unida Compostela considera inaceptable que nun estado de dereito o feito de repartir folletos informativos poida derivar nunha sanción. A nosa organización rexeita a actitude antidemocrática de RENFE, intimidando a unha cidadá no exercicio do seu dereito constitucional de libre expresión.

Resulta abraiante que se intente silenciar a un colectivo que o único que está a reivindicar é que se restableza a igualdade entre comunidades, pois non debemos esquecer que mentres noutras comunidades como Catalunya o Ministerio de Fomento está a investir no tren de proximidade, en Galiza estase a desmantelar.

Desde o inicio da obras da alta velocidade no eixe atlántico, o Ministerio de Fomento foi suprimindo as antigas estacións, aducindo que o tráfico das estacións era moi baixo e non cubría custos económicos, esquecendo que é un servizo público estratéxico exento de especulacións de rendibilidade. Sen embargo os meses anteriores ao peche das estacións desde Renfe se lles ordenou aos revisores que non subiran a picar na estación a pechar, para que non constasen os usuarios nas estatísticas.

Para EU o peche destas estacións condenou a unha poboación cunha media idade elevada a desprazarse en taxi ou vehículo privado e incluso andando, xa que tampouco se dispón dun servizo regular de autobuses, porque só ofrecen servizos cos principais núcleos urbanos.

Esquerda unida, como xa indicara no seu programa electoral, considera o ferrocarril de proximidade un servizo público estratéxico fundamental que semella vital para o desenvolvemento da mobilidade sostible, polo que pulará polo seu desenvolvemento.

Secretario de Comunicación: Vicente Vázquez Freire (659-324643)

domingo, 21 de febrero de 2010

Transporte público

ESQUERDA UNIDA RECLAMA QUE CONCELLOS E XUNTA DEAN MARCHA ATRÁS E RESTABLEZAN A GRATUIDADE PARA O COLECTIVO DA TERCEIRA IDADE .

ESQUERDA UNIDA SOLICITA A GRATUIDADE PARA AS PERSOAS CUNHA DISCAPACIDADE SUPERIOR AO 33% .

A declarada intención de Xunta e Concellos de facer pagar ao colectivo da terceira idade parte do prezo do billete, rachando coa gratuidade do transporte público comarcal debe definirse como abraiante e, repetimos, inentendible. Inentendible pola adscripción política de varios dos alcaldes (Santiago, Brión, Ames..) participantes. Inentendible e incoherente coas súas contínuas declaracións de que a crise económica non ía repercutir na prestación de servizos públicos e que non se ían reducir os investimentos en política social.

Esquerda Unida non comparte en absoluto os motivos de posibles fraudes como causa. Significa xulgar a todo un colectivo polo comportamento negativo duns poucos. E, se existe ese fraude, abondaría con establecer mecanismos de control como, por exemplo, bonos diferenciados pola súa cor en función do colectivo ao que benefician acompañados da identificación do usuario. A racionalidade aplicada por estes dirixentes é a racionalidade neoliberal: facer pagar por canto servizo público se preste.

Tanto ten que digan que van elaborar un regulamento: o anterior foi incumprido. O servizo, hoxe, presenta múltiples eivas: paradas sen marquesiña; marquesiñas sen papeleiras, o que converte algunhas paradas en lixeiro improvisado; imposible predecir cando se cumprirá cos horarios establecidos e saber se chegaremos á hora para traballar; os propios horarios foron coñecidos hai escaso tempo desde que se asinara o contrato coas empresas de transporte metropolitano; moitas persoas con discapacidade ou mesmo persoas con carriño para meniños aínda non poden subirse aos buses con facilidade, sendo a accesibilidade unha quimera só aplicada nun mínimo número de buses; dánse aspectos ilóxicos como que custe o mesmo un billete desde Brión a Santiago (1,25 €, para 12 quilómetros) que un billete Brión-Bertamiráns (1,25 € para 3 quilómetros) como usuario “libre”; etc.... Todas estas eivas únense a unha mala planificación circulatoria e combinatoria das liñas de bus unha vez chegadas a Compostela, e fan que o servizo non medre en canto a usuarios.

Para Esquerda Unida é inentendible que os pensionistas teñan que aboar 0,36 € e só dispoñan dun máximo de 20 billetes ao mes, cando na actualidade dispoñen de 25 billetes mensuais gratuítos. Esta medida afecta a un colectivo de persoas, onde o 70% ten uns ingresos inferiores aos 620 €. Por iso, na racionalidade que defende Esquerda Unida, unha racionalidade radicalmente socialista, a gratuidade debe ser un imperativo.

Para Esquerda Unida o racional é que a comarca dispoña dun bo servizo de transporte público tamén os fins de semana e os festivos, que repercuta e beneficie a todas as persoas, e que se pense sobre todo no colectivo da mocidade para evitar os desprazamentos en vehículo privado.

Para Esquerda Unida o racional é que os autobuses cheguen ao polígono do Tambre os días laborais (cun bono-traballador) para disuadir o uso do coche particular. Para Esquerda Unida o racional é establecer a gratuídade do servizo para as persoas cunha discapacidade superior ao 33%.

Por iso, desde Esquerda Unida reclamamos a Concellos e Xunta que dean marcha atrás nesta política social regresiva.

lunes, 15 de febrero de 2010

Moción débeda Haití

Dende EU Compostela esiximos hoxe, coa moción presentada, que o Concello da nosa cidade faga todo o posible para que o goberno central condone a débeda de Haití.

sábado, 13 de febrero de 2010

Renovación Consello Comarcal

A Asemblea Comarcal de Esquerda Unida Compostela renova o Consello Comarcal Xabier Ron será de novo o coordinador comarcal.

A Asemblea Comarcal de Esquerda Unida Compostela reunida o venres 12 de febreiro de 2010 renovou o seu Consello Comarcal. A xuntanza contou coapresenza de César Santiso, Secretario de Organización de Esquerda Unida.

A Asemblea Comarcal aprobou por unanimidade a presentación do informe do coordinador saínte, onde se detallou o constante traballo realizado nestes tres últimos anos.

O novo consello comarcal amplía as persoas de 5 a 9 para seguir coa nosa política de seguemento permanente da política municipal e para introducir, como interruptor, no discurso dominante unha praxe de esquerdas, transformadora, alternativa e socialista, que se preocupe realmente das persoas, poñéndoas por riba dos intereses especuladores, mercantís e económicos, sobre todo neste tempo de crise, onde debemos defender todas ecada una das conquistas laborais.

As distintas responsabilidades quedaron asumidas como segue: Vicente Vázquez, responsable de Comunicación e Movementos Sociais; Ángel Rodríguez, responsable de Deportes; Michel Touriño, responsable de Cultura; Xenxo Redondo, responsable de Sanidade; Marta Mosquera, responsable de Muller e Igualdade; Xosé Díaz, responsable de Emprego e Mundo Laboral; Xabier Ron, responsable de Política Municipal e Ensino; Alberto Pérez, responsable de Área Pública; Xosé María Tubío, responsablede Organización e Finanzas.

Unha vez elixido, o Consello Comarcal elixiu por unanimidade a Xabier Ron como coordinador comarcal, que repetirá un segundo mandato.

viernes, 12 de febrero de 2010

domingo, 7 de febrero de 2010

Queremos Galego

Segundo o calendario de traballo aprobado no plenario da plataforma QueremosGalego do pasado día 2, este luns 8 de febreiro procederemos á entrega norexistro do Parlamento de Galiza do texto da proposición de lei por iniciativa lexislativa popular que vimos promovendo desde hai algúns meses.

O acto do luns no Parlamento vai ter lugar ás 11 da mañá -hora que entendíamos mellor para a asistencia dos medios de comunicación. Para todas aquelas persoas que teñades posibilidade de asistirdes, podémonos ver na cafetaría do propio Parlamento a partir das 10.30 da mañá.

Moitas grazas pola vosa atención e apoio.

viernes, 5 de febrero de 2010

Obras e mobilidade

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA SOLICITA QUE AS OBRAS DA AVENIDA DE LUGO NON SEXAN UN OBSTÁCULO PARA A AUTONOMÍA DAS PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

Esquerda Unida Compostela entende que os trastornos durante a realización dunhas obras son lóxicos, pero entendemos, igualmente, que non pode quedar todo a expensas da climatoloxía para que todo se convirta nunha lameira chea de obstáculos e perigos para os peóns, propicia para caídas e lesións. Isto é o que acontece na obra da avenida de Lugo, manifesta sobre todo na confluencia co Hórreo.

Esquerda Unida Compostela amosa a súa preocupación para coas persoas con mobilidade reducida que, nestas condicións, a duras penas poden transitar. De feito, púxose en coñecemento da nosa organización o caso dunha persoa maior, que se move en cadeira de rodas, e do seu acompañante que todas as mañáns padecen un auténtico inferno para poder desprazarse e ir cara ao centro para persoas maiores.

As obras non poden quedar días e días inacabadas. A medida que se vai levantando e furando, cómpre ir arranxando e tapando en condicións, atendendo á mobilidade de todas as persoas, pero sobre todo pensando nas persoas que padecen algún tipo de impedimento físico para desenvolverse con plena autonomía. O desleixe non pode incrementar as barreiras e alimentar unha sensación de desamparo e indefensión.

jueves, 4 de febrero de 2010

Contra o teleférico á CdC

MENTRES AUMENTAN AS QUEIXAS POLAS DEFICIENCIAS DO TRANSPORTE PÚBLICO, O CONCELLO E A XUNTA ALÍANSE NO DESBALDIMENTO DE RECURSOS COA CONSTRUCIÓN DE TELEFÉRICOS PARA XUSTIFICAR A NEFASTA CREACIÓN DO MAUSOLEO CHAMADO CIDADE DA CULTURA.

ESQUERDA UNIDA ESIXE ÉTICA E COHERENCIA E QUE SE DESTINE O DIÑEIRO A MELLORAR O TRANSPORTE PÚBLICO.

Esquerda Unida Compostela considera un auténtico disparate a pretensión de construir 2 teleféricos para acceder ao mausoleo coñecido como Cidade da Cultura. É unha tomadura de pelo aos veciños e veciñas desta cidade, que padecen as consecuencias do capitalismo salvaxe, ter que asistir a como se funden 9 millóns de euros no primeiro teleférico (2 millóns de euros figuran nos orzamento da Xunta para este 2010).

Todas estes disparates contribúen a amplificar o enlousado de diñeiro público, o de todos os galegos e galegas, que representa a Cidade da Cultura. Un espazo totalmente afastado das súas necesidades e realidades. Un paso máis para o escaparatismo, a elitización da cultura e a museificación de Compostela. Por iso, e porque é preciso defender o ben público, respaldamos o traballo da Plataforma Cultura Si Mausoleo Non que, ante o auto de sobresemento provisional, seguirá traballando para esixir responsabilidades políticas, baseándose nas propias argumentacións do auto (que confirman, di o comunicado realizado pola Plataforma "irresponsabilidade administrativa", anomalías de bulto, ilegalidades administrativas que logo foron convalidadas, contratos en condicións leoninas,etc... “).

Esquerda Unida, tal como o fixemos con anterioridade, súmase ás críticas do órgano da Unesco, o Icomos, e das organizacións ecoloxistas. A invención dos teleféricos vai en contra da racionalidade ecolóxica, xa que é posible facer o enlace co transporte público.

Os teleféricos só obedecen a un desexo: xustificar como sexa o Mausoleo. O desbaldimento de diñeiro público nos mesmos acontece nunha cidade onde o transporte público incumpre todos os parámetros de eficacia e eficiencia en tanto que servizo público: accesibilidade, mobilidade, respecto dos horarios, frecuencias, conectividade cos municipios limítrofes, prezo, mobiliario axeitado (marquesinas, papeleiras, ...).

Desde Esquerda Unida Compostela esixímoslle a retirada do proxecto, a súa anulación, e destinar o diñeiro previsto na construción dos teleféricos a converter o transporte público nun servizo público realmente de calidade e aspirando á súa gratuidade.

miércoles, 3 de febrero de 2010

Valoración Cultura sí, Mausoleo non

A PLATAFORMA CULTURA SI, MAUSOLEO NON : VALORA POSITIVAMENTE O TRABALLO XUDICIAL E VAI ESTUDAR O AUTO DE SOBRESEMENTO PROVISIONAL PARA ESIXIRRESPONSABILIDADES POLÍTICAS.

A pesar dos inconvenientes que tiña este caso é que a súa complexidade, esixe unha grande dispoñibilidade de documentación, capacidade técnica de análises,recursos humanos dedicados plenamente ao tema investigador, e en suma, moito tempo, é gracias ao amplísimo labor de instrucción, que unha parte importantísima de documentación entrou "na causa". Polo que felicitamos á xuiza responsable e ao persoal que traballou na investigación. Considerando que a pesar de que para poder probar que algo ten significado penal, é necesario ter un ou varios culpables claros, que non poidan dicir que"foron mal informados", e que a responsabilidade sexa difusa e compartida entre múltiples xestores, a xuíza confirma "irresponsabilidade administrativa", anomalías de bulto, ilegalidades administrativas que logo foron convalidadas, contratos en condicións leoninas, etc... Segundo a xuíza, o transcurso do tempo, a tardanza entre "acción administrativa" e a "fiscalización xudicial", converteuse nunha dificultade importante; esencialmente, porque para valorar o ilícito sótemos "documentos", e o papel o cubre todo; as declaracións de testemuñas, ademais de limitadas, despois de moitos anos, non permiten precisar tanbén os datos como para asegurar se concretamente houbo delito. Neste punto é tamén oportuno felicitar aos "sospeitosos penais" que souperon diluir as suas responsabilidades, desmemorizarse a tempo e enmarañar o asunto de tal forma que resulte dificil dar con probas penais.

A Plataforma Cultura Si Mausoleo Non: vai estudar na medida do posible as alternativas para que poida rematarse nun en causamento que posibilita un xuizo donde se poida demostrar que efectivamente as sospeitas penais poden ser confirmadas, asi como aproveitar o traballo xudicial para facer o inventario político do catálogo de ilícitos administrativos, neglixencias e de elevadísimos custos para a sociedade galega da faraónica Cidade daCultura.

Temos a seguridade que si houbera disposición politica dos partidos con representación no Parlamento podia encamiñarse o desastre sen paliativos das obras da Cidade da Cultura e o seu desorbitado desfase orzamentario, cara á sensatez e á responsabilidade, ata o de agora, como se ten comprobado tan escasos.

Desde Cultura Si, Mausoleo non seguiremos traballando para esixir que os responsables dese desastre administrativo e económico, respondan política, administrativa e profesionalmente, perante a sociedade galega. E nesto solo recordar que o día de hoxe o desfase orzamentario xa sobrepasa os 300 millóns de euros, os edificios construidos non teñen finalidade concreta e os gastos en mantemento e acondicionamento son un lastre para os orzamentos culturais e un manexo irresponsable dos fondos públicos. Iso se todo elo polo que parece sen responsabilidades penais.

lunes, 1 de febrero de 2010

Apoio a Laura Bugallo

Esquerda Unida Compostela solidarízase coa compañeira Laura Bugallo,firme defensora dos dereitos humanos, dos dereitos de toda persoa migrante. A compañeira Laura Bugallo ten demostrado ao longo dos anos, desde que cofundamos o Foro de Inmigración de Compostela ou o Foro Galego de Inmigración, que o seu compromiso polo respecto dos dereitos das persoas migrantes e a defensa da súa diginidade están por riba de todo e que as causas que se lle imputan débense ao clima de receo que existe anteas persoas que axudamos ás persoas migrantes estean ou non en situaciónregularizada.

NON PODE SER QUE AXUDAR A INMIGRANTES EN SITUACIÓN IRREGULAR SEXA DELICTO.

Por iso, Esquerda Unida estará representada na concentración convocada polo Foro Galego de Inmigración o 4 de febreiro de 2010, ás 10h30 nas Portas dos Xulgados de Santiago de Compostela para darlle todo o noso calor e ánimo.