lunes, 11 de marzo de 2013

Participación actos polo 8M

A militancia de Esquerda Unida Compostela volveu saír ás rúas da cidade para manifestar a súa defensa dos dereitos que o autericidio, ao que nos someten, intenta destruír.

Nesta ocasión a Área da Muller de Esquerda Unida Compostela mobilizouse e mobilizou para participar tanto na concentración do día 8 de marzo como na manifestación do día 9 marzo.

Deixando claro, como xa fixeramos coas mocións presentadas e co comunicado feito público, que esta estafa, a que eles chaman crise, está a atacar con máis voracidade aos dereitos das mulleres, que polo heteropatriarcado que sustenta ao capitalismo son recortados, senón eliminados, para o lucro duns poucos.


É inadmisible que por igual traballo non se cobre igual salario, e como xa fixeramos público, reiteramos a necesidade de rematar coa lacra da violencia machista; as medidas de protección ás vítimas son un paliativo pero non unha cura deste mal endémico; a orixe de dita violencia está no machismo enraizado na nosa cultura e o único arma para acabar con el é a educación.

Por isto, tanto a nivel local, como galego ou estatal, Esquerda Unida Compostela en xeral, e a Área da Muller de EU Compostela en concreto, mantemos firme o noso compromiso para acadar a igualdade real e efectiva en dereitos e deberes entre mulleres e homes 

SEN IGUALDADE NON HAI DEMOCRACIA

No hay comentarios: