viernes, 26 de noviembre de 2010

Lamentables pintadas xenófobas

COMUNICADO DE PRENSA.

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONDEA AS PINTADAS XENÓFOBAS APARECIDAS NA AVDA. DE LUGO

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA REINVINDICA O TRABALLO DE CONCIENCIACIÓN POLO RESPECTO QUE DEBEN FACER TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

EU COMPOSTELA ESIXE A INVESTIGACIÓN PERTINENTE SOBRE A AUTORÍA DAS PINTADAS E QUE SE TOMEN AS DILIXENCIAS PERTINENTES.

Esquerda Unida Compostela manifesta unha vez máis a súa preocupación polas situacións de vulneración dos dereitos das persoas migrantes, e volve a esixir a todas as administracións públicas un traballo continuado de concienciación e de loita contra as actividades e os posicionamentos racistas.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida reitera que o Concello de Santiago, por ser a administración pública máis próxima, debe posicionarse claramente en defensa dos dereitos de todas as persoas migrantes, tanto coas súas palabras como polos seus actos.

A crise económica capitalista ataca dobremente ás persoas migrantes pois, ademais de padecer as consecuencias laborais que sofre toda a clase traballadora, sofren a belixerante actitude racista de parte da sociedade que ve nestas persoas un “problema” a solucionar para saír desta crise. Actitude incrementada polas malas prácticas políticas, tal como se puido comprobar nestes días na campaña das eleccións catalanas.

Queremos esixir ás institucións pertinentes que leven a cabo unha profunda investigación sobre o grupo autor desta pintadas xenófobas, e que acometan as dilixencias pertinentes que a lei permite levar a cabo contra este tipo de actuacións, cuxa mensaxe incita claramente á violencia.

Por todo isto Esquerda Unida Compostela lamenta a existencia deste tipo de actitudes racistas na nosa sociedade, e ratifica o seu convencemento na loita en defensa polos dereitos que amparan a todas as persoas migrantes e apoiar as reinvidicacións e protestas que se leven a cabo en defensa do respecto que debe impregnar toda sociedade democrática.

Novembro de 2010

Condea pintadas xenófobas

jueves, 25 de noviembre de 2010

Moción casa de acollida mulleres maltratadas

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presenta unha nova moción, nesta ocasión pedimos a CREACIÓN DUNHA CASA DE ACOLLIDA PARA MULLERES MALTRATADAS DE TITULARIDADE E XESTIÓN PÚBLICA, que xa existía en Santiago de Compostela e que foi pechada o 29 de decembro de 2007, pese a que ese mesmo ano acollera a 18 mulleres e 17 nenos.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Defensa da igualdade

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ÚNESE ÁS REINVINDICACIÓNS DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES .

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA ESIXE QUE OS PLANS DE IGUALDE ELABORADOS POR CALQUERA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA SEXAN EFECTIVOS E NON MERAS PALABRAS ESCRITAS NUN DOCUMENTO OFICIAL.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela súmase unha ano máis as reinvindacións que fan os distintos colectivos feministas, apoiando os distintos actos que se levarán a cabo e realizando un foro debate o mércores, día 24, ás 17:30 na facultade de filosofía, no que se debaterán os problemas existentes e as distintas actuacións políticas e sociais que se poden levar a cabo para rematar coa lacra da violencia de xénero.

Esquerda Unida Compostela, como xa fixera coa moción presentada o 24 de novembro de 2009, reclama do Concello de Santiago unha involucración activa contra a violencia de xénero, fomentando unha educación baseada en valores como a igualdade, tolerancia, respecto e a non discriminación, estudando as situacións de violencia de xénero para elaborar un Plan Integral local contra a violencia de xénero acorde á realidade ou mantendo campañas permanentes de sensibilización.

O Consello Comarcal esixe ao Concello, e ás outras administración públicas, unha loita real contra esta lacra, e non só os fogos de artificio de Plans de Igualdade, Secretarías ou Ministerios específicos, que resulten inútiles por falta de medios ou mesmo por desinterese, e queden en meros artiluxios burocráticos cos que calmar a opinión pública, pese a mostrarse claramente que as distintas actuacións levadas a cabo por todas as administracións públicas son insuficientes.

Por todo isto Esquerda Unida Compostela, no día internacional contra a violencia machista, reclama do Concello, e das outras administracións públicas, e por suposto de toda a cidadanía, unha loita efectiva contra o machismo e a cultura patriarcal que impregnan aínda a nosa sociedade.

martes, 16 de noviembre de 2010

Moción Marcelino Camacho

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presenta unha nova moción. Nesta ocasión pedimos que se lle asigne a unha rúa ou praza o nome de MARCELINO CAMACHO.

viernes, 12 de noviembre de 2010

Moción adecuación pasos de peóns

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela ven de presentar hoxe unha nova moción, nesta ocasión pedimos o Concello a ADECUACIÓN DAS BEIRARRÚAS NOS PASOS DE PEÓNS PARA AS PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA, posto que todavía hoxe existen bordo elevados que dificultan ou impiden o tránsito destas persoas.
Tamén concretamos unha actuación de urxencia no paso de peóns con regulación semafórica, do que adxuntamos fotos, situado na confluencia da Avda. Rodríguez de Viguri coa Avda camiño francés.

martes, 9 de noviembre de 2010

Xuntanza coa AVV do Castiñeiriño

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNESE COA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS E VECIÑAS DO CASTIÑEIRIÑO

A ASOCIACIÓN MANIFESTA A SÚA PREOCUPACIÓN PORQUE O DESENVOLMENTO URBANÍSTICO NON VEÑA ACOMPAÑADO POLA DOTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS NECESARIOS.

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A REINVIDACIÓN DOS VECIÑOS DUNHA GARDERÍA PÚBLICA

Membros do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, encabezados polo coordinador comarcal Xabier Ron, reuníronse o luns 8 de novembro coa directiva da asociación de veciños do Castiñeiriño, dentro do programa de visitas ó tecido do movemento asociativo e veciñal de Compostela, co fin de pulsar as distintas opinións sobre a situación da cidade, e coñecer de primeira man as súas eivas e tamén as posibles solucións.

Durante a reunión os directivos e directivas da asociación manifestaron a súa preocupación porque o desenvolvemento urbanístico que está a sufrir o barrio non veña acompañado polo servizos públicos necesarios, como pode ser a apertura dun centro de día, para dar resposta as novas necesidades e as xa existentes dos veciños e veciñas. Servizos públicos que axuden a fomentar a vida social no barrio, para que este non quede reducido a un barrio dormitorio.

Por último EU Compostela apoia a petición da asociación de veciños e veciñas do Castiñeiriño dunha gardería pública que faga fronte a demanda existente no barrio, que se verá aumentada polos novos habitantes que fixarán a súa residencia neste barrio.

martes, 2 de noviembre de 2010

Visita Papa

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA OPONSE Ó DESBALDIMENTO DE RECURSOS PÚBLICOS NA VISITA DO PAPA E CRITICA A ACTITUDE SERVIL DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

EU PARTICIPARÁ ACTIVAMENTE NOS DIFERENTES ACTOS DE PROTESTA QUE SE LEVARÁN A CABO, CHAMANDO A CIDADANÍA A PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA MANIFESTACIÓN QUE SE LEVARÁ A CABO O XOVES 4 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 NA ALAMEDA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU MANIFESTA A SÚA DEFENSA DO ESTADO LAICO

O vindeiro 6 de novembro, coincidindo co ano Xacobeo, o Papa da Igrexa Católica fará un percorrido pola nosa cidade que suporá para as arcas da nosa comunidade un gasto de 3 millóns de euros.

Dende Esquerda Unida Compostela queremos denunciar o trato de favor que dende as distintas Administracións Públicas se realiza á Igrexa Católica coa visita do Papa a cidade de Santiago de Compostela. Pois no marco dun Estado aconfesional, artigo 16 da Constitución, a cidadanía non ten porque costear as visitas pastorais de quen ven a predicar doutrinas que lexitiman a sumisión e discriminación da muller e dos homosexuais, representando a unha institución que ataca o uso do preservativo, mentres morren miles de persoas a causa do SIDA, e que mantén una actitude deplorable ante os casos de pederastias acaecidos no seu seo.

Queremos denunciar tamén a irresponsabilidade deste desembolso económico nun contexto de crise, co 15,58% da poboación galega desempregada e cun anuncio de recorte de 1400 millóns de euros nos orzamentos autonómicos que afondarán na desprotección social e na precarización dos servizos públicos.

Dende o consello comarcal rexeitamos a situación de excepcionalidade que se producirá o 6 de novembro co despregue de 6000 efectivos entre Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil, e o corte das calles dende San Lázaro ao Obradoiro ao aparcamento coas consecuentes molestias para os veciños da cidade. A visita do Papa non pode ser a escusa para o recorte de dereitos á cidadanía e a instalación dun Estado policial na cidade de Compostela.

Estado policial que se manifesta lamentablemente nas actuacións levadas a cabo no barrio de San Lázaro, e que denuncia o Movemento polos Dereitos Civís, como son os rexistros en vivendas sen orde xudicial, “solicitando” a retirada de carteis críticos coa visita do Papa. Actuacións que condeamos enerxicamente e que mostran a falta de liberdade de expresión que aínda hoxe en día perdura nos temas relacionados coa Igrexa.

Dende Esquerda Unida apoiamos as diferentes iniciativas que dende diversos colectivos sociais se están a organizar en oposición ás actuacións levadas a cabo pola presenza do Papa en Galicia, chamando a cidadanía compostelá a mostrar o seu rexeitamento na manifestación que se levará a cabo o vindeiro 4 de novembro.

Por todo isto dende EU Compostela manifestamos una vez máis a nosa defensa dun Estado Laico.