viernes, 14 de agosto de 2015

Alegacións presentadas aos PGE 2016



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA PRESENTA ALEGACIÓNS AOS PGE 2016 POR IMPORTE DUNS 15 MILLÓS DE EUROS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA MAIORES RECURSOS PARA MANTEMENTO E CONSTRUCIÓNS DAS INFRAESTRUTURAS QUE SANTIAGO PRECISA.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, a través do grupo parlamentario de Izquierda Unida, presenta alegacións aos PGE 2016 ante a necesidade de investimentos que precisa Santiago e a súa comarca.

Entre as alegacións presentadas está a necesidade de executar, coa maior rapidez posible, a construción da nova depuradora. Por desgraza é evidente que a día de hoxe a situación que padece a nosa comarca supón un risco medio ambiental e de saúde público. Por tal motivo esiximos un adianto da contía prevista para o 2017 para o ano 2016, e poder así contar canto antes coa depuración de augas que precisamos.

Para o Consello Comarcal de EU Compostela un novo modelo sustentable económica e medioambiental de transporte público e máis necesario que nunca. Tanto o tren como o autobús teñen que ter un rol determinante neste novo modelo que se debe levar a cabo. Por iso demandamos, nas alegacións presentadas, que se dote debidamente  tanto a construción da estación intermodal, na que o tren de proximidade e diferentes liñas de autobús urbano, interurbano e de largo de recorrido sexan una realidade o antes posible, como o estudo para facer real un plan global de mobilidade sustentable.