domingo, 15 de abril de 2018

¡ARRIBA A REPÚBLICA, ABAIXO A MONARQUÍA!


Os republicanos de Galicia e de España celebran  hoxe, 14 de abril, o día da república. E fan ben. Fan moi ben. Eu tamén o celebro. E tamén fago moi ben. Porque hoxe é o día en que o golfo do avó do rei emérito saíu pitando cara o exilio morto de medo. Ben sabía el o que merecía moi merecido. Ben sabía el por que corría. Por que escapaba. De que tiña medo o moi malandrín. Pero eu máis que o 14 de abril celebro o 16 de febreiro. Porque é o día que realmente gañaron as eleccións os don Antonio Machado, os Rafael Alberti, os García Lorca, os don Miguel de Unamuno e todos os que querían que ganásemos todos e non só os de sempre. Non só os de toda a vida. Non só os cabróns emperadores do cabrón mercado falsamente chamado por eles libre. Os March. Os duques de Alba. Os Barrié de la Maza. Os depredadores de plusvalía e de vidas.

Acabo de reputarme republicano convencido. Concepto no que me ratifico. Desde o día que o pobo francés proclamou a República en 1789 en París, a monarquía como concepto, quedou declarada obsoleta e defunta en Francia e en todos os países. Ao proclamar a república o revolucionario pobo francés o vello réxime quedou defunto para nunca máis levantar cabeza. A revolución francesa puxo o punto e final a monarquía. A todas as monarquías. Era a lei da negación da negación a que tomaba a palabra aquel día. Inexorable e verídica. Era a hora dada polo reloxo da Historia para erradicar de todo mundo todo vestixio de monarquía. Era a hora de non dar nin un paso atrás na construción da república universal. Era a hora de deixar de ser súbditos para ser cidadáns libres.
Pero hai repúblicas as que tamén se lles parou o reloxo igual que as monarquías. E deben ser declaradas todas elas tan mortas e tan putas coma a máis puta das putas monarquías. E necesito dicir sen ambaxes que comungo a pés xuntiños coa filosofía da décima que deixou escrita o Gran Rubén Darío, décima que ven a dicir:
Se pública é a muller
que por puta é coñecida,
república ven a ser
a puta máis corrompida.
E seguindo o parecer
desta lóxica absoluta,
todo aquel que se reputa
ser de república fillo, 
ven a ser, de fixo,
un grandísimo fillo da gran puta.
E non me estou enleando en ningún sofisma. Ninguén deduza da décima que acabo de transcribir que son monárquico. Que non o son. Ó revés. Son republicano de nación. Son contrario a monarquía. Son contrario a todas as monarquías. A todas. Incluídas as falsamente declaradas de signo socialista. Que non existen monarquías socialistas. Porque todas as monarquías son un anacronismo. E máis aínda o é esta puta monarquía que perpetrou contra todos nós o pequeno fol de veleno de Ferrol, Paca la Culona lle chamaba un dos catro canallas xenerais que se alzaron con el en armas contra España. Contra toda España. Porque ademais esta monarquía é a maiores de ser un puto anacronismo desde que a república francesa tomou carta de natureza nas calles de París, esta leva consigo a maiores o pecado capital de ter sido concibida polo cabrón crótalo cainita de Ferrol para deixalo todo atado e ben atado de por vida. E leva camiño. 42 anos xa non hai quen nolos quite. 42 anos. Que logo se di. Agardemos que a negación da negación chegue tamén aquí algún día. E os que se din non monárquicos, pero si juancarlista, tamén eles quedarán con dous palmos de narices. Todos eles, digo, quedarán tamén con dous palmos de narices.
 ¡Arriba a república! ¡Abaixo a monarquía!
Xesús Redondo Abuín
14 de abril de 2018

No hay comentarios: