jueves, 27 de febrero de 2014

Pregunta defensa laicismo



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defende, dende o respecto as distintas crenzas relixiosas, o laicismo en todas as administracións e servizos públicos.

Por desgraza co (des)goberno do Partido Popular, tanto a nivel local, autonómico como estatal, cada vez e máis evidente que, no relativo a confesión católica, a separación entre as administracións públicas e a igrexa cada vez é máis tenue ou incluso inexistente.

Pouco máis se pode engadir para criticar a nefasta reformar da lei do aborto de Gallardón ou da adoctrinante e prexudical para o ensino público reforma LOMCE do ministro Wert.

miércoles, 26 de febrero de 2014

Xuntanza con Quérote+



O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA REÚNESE CO CENTRO QUÉROTE+ DE SANTIAGO

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIO MAIOR IMPLICACIÓN DAS INSTITUCIÓNS NA LOITA CONTRA A LGTBIFOBIA

O membro do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela e responsable de Aleas EU-Compostela, Pablo Nieves, mantivo unha reunión coa Coordinadora-Psicóloga dos centros Quérote+ Noa Tilve Cabada, responsable do centro de Santiago.

Nesa reunión plantexouse varias cuestións relativas o funcionamento do centro Quérote respecto os usuarios da comunidade LGTBI da comarca de Santiago.

O obxecto da xuntanza era a de recadar información sobre si había algún tipo de programa adicado aos membros da comunidade LGTBI. Tanto a nivel educativo como asistencial. Tamén se fora detectado por parte do centro un aumento da prostitución entre a comunidade LGTBI por mor da situación de crise económica. Tamén para coñecer a porcentaxe de usuarios LGTBI atendido polo centro e as súas demandas.

jueves, 20 de febrero de 2014

Paneis informativos



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela cre que as as veciñas e veciños teñen dereito a expresarse e que o Concello debe garantir todos os medios necesarios para que isto sexa posible.

As novas tecnoloxías e internet fixeron evolucionar en poucos anos os métodos cotiás de comunicación da sociedade, facilitando o acceso a todo tipo de información e chegando a maiores sectores da poboación de forma máis rápido. Sen embargo este avance na forma de informar non pode ser utilizado para non facilitar outros medios para dar a coñecer eventos, manifestacións e outras actividades.

Deste xeito, hoxe en día seguen a ser moi comúns e útiles os paneis informativos para comunicación social situados na vía pública, posto que é un medio moi accesible para anunciar algo ou mesmamente expresarse.

miércoles, 19 de febrero de 2014

Xuntanza coa Federación ANPAS Compostela



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANTÉN UNHA XUNTANZA COA FEDERACIÓN ANPAS COMPOSTELA.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE AO CONCELLO QUE CUMPRA COA SÚA OBRIGA E MANTEÑA OS COLEXIOS DA CIDADE EN CORRECTAS CONDICIÓNS PARA GARANTIR UN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE.

Os membros do Consello Comarcal de EU Compostela, José María Tubío e Vicente Vázquez, mantiveron un encontro con representantes da Federación de ANPAS Compostela.

No comezo da xuntanza dende a Federacións de ANPAS expuxeron as graves deficiencias no mantemento dos colexios públicos que está a acontecer na cidade. Como claro exemplo desta situación está o colexio Montes dos Postes, que según o indicando na xuntanza urxe reparacións de inmediato para garantir unhas condicións mínimas que garantan a seguridade e saúde do alumnado.

Por desgraza o deficitario mantemento das escolas das cidade vai máis aló deste caso, sendo habitual nestas instalacións públicas problemas con pingueiras, coa calefacción ou, por exemplo, cos servizos.

martes, 18 de febrero de 2014

Sala Yago



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA O DESUSO DA SALA YAGO COMO UN ESPAZO DE CULTURA DA E PARA A CIDADANÍA

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIA A APERTURA INMEDIATA DA SALA YAGO E PIDE AO CONCELLO QUE ACTÚE E DEIXE DE POÑER ESCUSAS

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, como xa vén expresando ao longo dos anos, critica a mala xestión dos espazos culturais por parte do Concello e demanda un xiro na política municipal a favor dunha cultura de base e participativa.

Os recortes, cambio na lexislación do uso da vía pública, privatizacións, etc, son un pequeno resumo do que está a pasar en Santiago con respecto aos espazos culturais da cidade, nun camiño que só pode levar a unha cultura afastada das veciñas e veciños.

Un dos casos máis coñecidos sobre isto sería a Sala Yago na Rúa do Vilar, un espazo que leva anos pechado e que, pese ás demandas da cidadanía e diferentes accións para esixir a súa reapertura, non parece que se vaia a escoitar á cidadanía.

viernes, 14 de febrero de 2014

Apoio traballadores cafetería estación de autobuses



O CONSELLO COMARCAL DE EU APOIA  AS EMPREGADAS E EMPREGADOS DA CAFETERÍA DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE COMPOSTELA, CUXOS POSTOS DE TRABALLO CORREN PERIGO

DENDE O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PEDIMOS AO CONCELLO QUE SE INVOLUCRE NA BÚSQUEDA DUNHA SOLUCIÓN

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela o mantemento dos servizos e postos de traballo na cidade, así como a defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores, é unha prioridade.

Queremos mostrar o noso apoio ás reivindicacións dos traballadores da cafetería da estación de autobuses, que ven perigar os seus postos de traballo, en moitos casos tras décadas exercendo a súa labor nesta instalación.
 
Consideramos necesario que o Concello, como servizo público que é, se involucre na busca dunha solución ao problema xerado polo deficiente xestión de Tussa e que nada ten que ver co traballo realizado.

jueves, 13 de febrero de 2014

Valoración e alegacións aos orzamentos



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CRITICA OS NEFASTOS ORZAMENTOS PRESENTADOS POLO PP, QUE PERPETÚAN A SÚA INEPTA POLÍTICA DE OBRAS INNECESARIAS E CARENTE DE VONTADE POLÍTICA PARA LEVAR A CABO MEDIDAS SOCIAIS.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA PRESENTA MÁIS DE TRINTA ALEGACIÓNS PARA GARANTIR OS DEREITOS E BENESTAR DAS VECIÑAS E VECIÑOS.

O Consello Comarcal de EU Compostela considera que o PP reitera nos orzamentos municipais presentados a súa nefasta xestión, mostrando máis interese polo ladrillo que polas persoas.

É inadmisible para un goberno que coñeza a realidade social da cidade, presentar unha proposta de orzamentos na que se perpetúan as ocorrencias urbanísticas do equipo de Ángel Currás, con cada vez máis obras que nin son urxentes, nin prioritarias, e o que é peor, non son necesarias.

Por iso dende o Consello Comarcal de EU Compostela, tralas xuntanzas mantidas con diferentes organizacións da cidade, como por exemplo o albergue de Xoán XXIII ou a cociña económica, presentamos alegacións para investir os cartos de todas e todos nos nas políticas sociais que nesta cidade precisamos.

lunes, 10 de febrero de 2014

Apoio á loita contra a rotonda en Galeras



O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA QUERE TRASLADAR O SEU APOIO AOS HABITANTES DE GALERAS NA SÚA OPOSICIÓN Á CONSTRUCIÓN DUNHA ROTONDA NO QUE SUPORÍA UNHA PRIVATIZACIÓN DO PARQUE DO MESMO NOME

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A NECESIDADE DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN CIDADÁ E EVITAR SITUACIÓNS COMO ESTA.

O Consello Comarcal de EU Compostela defende a Democracia Participativa para facer participe á cidadanía do cogoberno da cidade, pero como mínimo o que debe facer un goberno local decente é informar debidamente as veciñas e veciños de actuacións que lle poden afectar.

Nunha cidade cun Concello podrecido pola corrupción do caso Pokémon, onde cada día a crise-estafa golpea máis fortemente ás persoas e medra a desigualdade, é inadmisible que sen consulta e escasa información o PP acometa a construción dunha rotonda en Galeras o que suporía privatizar parte dun parque público.

jueves, 6 de febrero de 2014

Pregunta estación autobuses



Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida os espazos públicos da cidade deben estar nun bo estado, así como funcionar correctamente para prestar os servizos que a cidadanía demanda.
.
Tralas queixas recibidas, e unha visita en persoa, comprobamos que a estación de autobuses da cidade mostra certas carencias no seu mantemento, que por suposto deben ser solucionadas. Unha vez máis hai que recordarlle ao nefasto goberno do Partido Popular que hai que priorizar o uso de diñeiro público.

Clara mostra destas carencias son, por exemplo, paredes que mostran deficiencias no seu mantemento ou vallas de obras que impiden o paso por zonas da estación de autobuses. Cómo é posible que Ángel Currás e o seu equipo consideren urxente acometer a innecesaria obra do parque infantil da Praza de Galicia, deixando esquecida a súa obriga do correcto mantemento da estación de autobuses.