lunes, 25 de agosto de 2008

Esquerda Unida felicítase de que o Concello tivese en consideración a moción Regularización semafórica rúa Pitelos con rúa do Hórreo.

Esquerda Unida felicítase de que o Concello tivese en consideración a moción Regularización semafórica rúa Pitelos con rúa do Hórreo.


A inicios do mes de abril Esquerda Unida rexistrara unha moción para a Regularización semafórica rúa Pitelos con rúa do Hórreo. Os motivos, tal como se detallaran na moción:

“Desde que desapareceu a conexión ao tráfico rodado rúa Olvido con rúa da Ensinanza, a rúa Pitelos sofre, en horas puntuais, unha saturación de vehículos maior do que viña sendo habitual por mor de canalizar por dito vial máis tráfico rodado creando verdadeiros tapóns. Así, ao eliminar a subida de vehículos no último treito da rúa Pexego de Arriba, temos como resultado insufribles retencions do tráfico rodado na rúa Pitelos. Dito tráfico queda sempre en pendente e agardando a poderse incorporar á rúa do Hórreo, pero para facelo con garantías o primeiro vehículo invade normalmente o paso de peóns ocasionando molestias aos peóns que mesmo poden ser perigosas.”

Considerando que a seguridade viaria é unha obriga para quen nos goberna, na nosa moción detallabamos no primeiro punto de acordos onde se debían situar os semáforos:

1. Instalar na rúa do Hórreo, á altura dos nº 19 e nº 28, semáforos con intervalo non coincidente cos que xa hai instalados á altura dos nº 13 e nº 20 e que se traduciría en que os primeiros (nº 19 e 28) pecharan un pouco antes (cuestión de segundos) cos mencionados (nº 13 e 20) para permitir que o fluxo de vehículos que veñen da rúa Pitelos se poidan ir situando nos tres carrís que hai no amplo dese treito de vía (de forma estimativa, permitiría a presenza de nove turismos).


Engadindo ademais que, x
unto con esta actuación, na confluencia entre rúa Pitelos e rúa do Hórreo, se debían instalar outros dous semáforos, un a cada lado da rúa, en situación de intermitencia e tamén co intervalo “verde-bermello”, sendo sincronizados co outro grupo mencionado.

Pois ben, Esquerda Unida comprobou nestes últimos días que se instalaron semáforos na rúa do Hórreo e que dita instalación faise onde se detallaba na nosa moción. Cabe, xa que logo, felicitarse polo traballo realizado, ao mesmo tempo que saudar a iniciativa do Concello de escoitar as demandas dun grupo como Esquerda Unida que, se ben non está na institución do Concello, si realiza un labor constante de propostas e suxestións que teñen como fin primordial beneficiar aos composteláns e compostelás.

Santiago, 25 de agosto de 2008