lunes, 9 de noviembre de 2015

Denuncia alianza PP-PSOE



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA DENUNCIA O ATAQUE AO BENESTAR QUE DECRETA O SUICIDIO ECONÓMICO DO CONCELLO.

EU COMPOSTELA APOIA A PROGRESIVIDADE FISCAL QUE PROXECTA COMPOSTELA ABERTA NECESARIA PARA PODER APLICAR POLÍTICAS SOCIAIS

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifesta a súa máis firme repulsa á alianza estratéxica e antisocial perpetrada polo PSOE e PP que, por desexar desgastar a un equipo de goberno, opta por hipotecar o futuro económico do Concello e imposibilitar o desenvolvemento de políticas sociais para que todos os veciños e veciñas teña a mesma igualdade de oportunidades.

Os intereses sectarios e estratéxicos dos partidos do réxime -abafados pola corrupción e reféns dos poderes económicos- deseñaron o obxectivo de atacar á veciñanza compostelá. A demagoxia, o populismo e o electoralismo explican o proceder das forzas do réxime. O acontecido hoxe no Pleno amosa claramente que nin o dedocrátrico exalcalde, Agustín Hernández, nin Paco Reyes, cadáver político que levou ao PSOE ao seu peor resultado democrático, velan polo benestar da maioría social, xa que o seu único fin é atacar e evitar o traballo das concelleiras e concelleiros de Compostela Aberta.