jueves, 30 de abril de 2015

Apoio Feira Primavera de San Pedro



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CENSURA A ACTITUDE DO CONCELLO COA ASOCIACIÓN DE FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA CRITICA QUE O CONCELLO PAREZA ESTAR BUSCANDO DAÑAR AS ACTIVIDADES DE BARRIO E OS ATRACTIVOS TURÍSTICOS DA CIDADE.

Durante estes catro anos, dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela vimos denunciando os constantes atropelos do Concello. Dende lexislacións municipais restritivas ata a súa endémica corrupción, estes catro anos son catro anos perdidos para a cidade, catro anos de desgoberno e mofa.

Agora, cando esta lexislatura remata e hai posibilidades de cambio, parece que o Partido Popular quere morrer matando, e agora o seu obxectivo foi a Feira de Primavera de San Pedro. A Comisión de Festas de dito Barrio vén de denunciar que o Concello déixaos sen acceso ás tomas de luz, supostamente por impedimentos legais, perigando así os concertos e iluminación da festa.

Coma de costume, o PP e o alcalde da cidade, Agustín Hernández, buscan eludir as súas responsabilidades e facer o que se lles antolle, en lugar de poñerse a traballar para solucionar esta problemática que non é menor, posto que a Feira da Primavera é un acontecemento moi coñecido na cidade e arredores e supón un beneficio económico moi importante para as persoas que residen e traballan nese barrio.

viernes, 24 de abril de 2015

Moción polo 26A, Día Visibilidade Lésbica



Por oitavo ano consecutivo, os movementos LGTBI (movemento de lesbianas, gais, transxénero, bisexuais e intersexuais) e feministas do Estado reivindican o día 26 de Abril como o Día da Visibilidade Lésbica.

A multiplicidade de identidades con que cada persoa se identifica, sitúannos nun lugar determinado do escalafón social. Así, aquelas identidades menos privilexiadas polo sistema, teñen cotas maiores de vulnerabilidade. Por iso, algunhas características identitarias como a orixe étnica, a clase, a identidade de xénero, a orientación sexual ou os tipos de diversidade funcional, son cruciais para a posición social que ocupa cada persoa. E iso é algo do que calquera goberno debe facerse cargo, así, os avances logrados en materia de igualdade non poden opacar as múltiples formas de discriminación que prevalecen tanto na sociedade como nas institucións.

E é que aínda queda moito que reivindicar para as lesbianas, pois, do mesmo xeito que o patriarcado fai mella na sociedade dificultando que as mulleres logren unha igualdade de facto con respecto aos homes, as lesbianas enfróntanse a máis discriminacións e barreiras: en principio, ademais de por mulleres, discriminadas porque a súa orientación sexual lévaas a vivir a súa sexualidade á marxe dos homes.

jueves, 16 de abril de 2015

Apoio ás traballadoras e traballadores de Blanco



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MOSTRA O SEU APOIO AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DE BLANCO.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ANIMA A PARTICIPAR NA MOBILIZACIÓN DE APOIO ÁS PERSOAS DESPEDIDAS QUE TERÁ LUGAR O VENRES 17 DE ABRIL ÁS 12:00 DIANTE DA TENDA DE BLANCO EN XENERAL PARDIÑAS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera a súa defensa dos dereitos da clase traballadora, que baixo a escusa da crise-estafa que padecemos sofren o ataque constante das políticas neoliberais que procuran a súa desaparición.

É máis que evidente, grazas as medidas empezadas polo PSOE e acrecentadas polo PP, que, hoxe en día, abandonamos calquera tipo de seguridade laboral por una neoescravitude, na que as persoas non son máis que meros instrumentos ao servizo do lucro duns poucos.

miércoles, 15 de abril de 2015

Discurso pola República de Noa Morales



Hoxe, 14 de Abril, conmemórase o 84 Aniversario da proclamación da II República, feito que constituye para toda a xente de progreso unha oportunidade de recoñecer os avances sociais e democráticos que representou.

A República significou o impulso da cultura e da educación, do dereito ao traballo como eixo fundamental da acción política, do rexeitamento da guerra como instrumento diplomático, da aposta por dignificar as condicións de vida no agro do rexeitamento da influencia da igrexa ou da banca na vida cotiá das xentes e a defensa dos dereitos das mulleres que hoxe queremos destacar.

O actual governo lexisla en contra das mulleres, disminuiu no presuposto os orzamentos para loitar contra a violencia machista, foron partícipes dunha involución nos dereitos das mulleres, como o aborto ou son cómplices do crecente empobrecemento das mulleres.

"Viva a República" verbas de Abuín polo 14 de Abril



¡EU QUERO SER CIDADÁN, NON SUBDITO!

A monarquía é unha anacronía. Son republicano convicto. Por raciocinio. Por raciocinio todos debésemos ser republicanos convictos. Porque todos nacemos iguais de sangue. Non hai sangue de distintas cores ou de clases distintas. Todas as sangues son plaquetas, glóbulos roxos e glóbulos brancos. Non hai ámbitos no sangue para matices de signo cromático nin para matices de signo divino. A suposta existencia de sangue azul é unha falacia interesada que bate contra todo indicio de raciocinio. Non fai falta ser hematólogo para dar por sentado que non hai sangues de alta e baixa liñaxe.

Os que din que si existen matices de signo cromático e matices de signo divino dino movidos por interese de parte. Falso de toda falsidade é ese dito interesado. As monarquías son unha entelequia desde que a revolución francesa as envorcou en 1789 ó cemiterio da Historia. E Alfonso XIII tivo que escapar de España a uña de cavalo en 1931 por golfo. Cousa que sucedeu sen que correse unha pinga de sangue. A impopularidade da monarquía era tal que o propio monarca optou por collelo portante.