martes, 21 de octubre de 2014

Carta de Xabier Ron animando a participar no Encontro programático



Prezada veciña / prezado veciño

Desde a nosa tradición de esquerda, transformadora e anticapitalista, levamos moito tempo en ESQUERDA UNIDA traballando desde o convencemento de que existe unha alternativa ao sistema capitalista, hoxe transformado nun verdadeiro monstro cobizoso baixo a súa faciana neoliberal.

Xa hai un lustro que nos dimos conta de que sós non se vai a ningures. Que o rival é demasiado poderoso como para que pequenos átomos acudan a loitar contra ese xigantesco Goliat. Así naceu o proceso da Refundación da Esquerda en Esquerda Unida que fraguou no 2012 na conformación da coalición Alternativa Galega de Esquerda, con representación no Parlamento de Galicia. 

Mais as urxencias son demasiadas. Son moitas as frontes. Ningún eido queda liberado das gadoupas dos recortes, deste austericidio que empurra á pobreza a cada vez máis persoas. Un sistema de vida que nos quere submisos e resignados.