Para o Consello
Comarcal de Esquerda Unida Compostela, como se demostra nas distintas propostas
elevadas ao Pleno do Concello, os servizos sociais son un dereito fundamental
das veciñas e veciños.
Por suposto todas
as Administracións Públicas teñen que velar por garantir servizos sociais
públicos que busquen o beneficio da maioría social. Pero o Concello, ao ser a
administración máis próxima á cidadanía, ten a posibilidade dun contacto
directo para coñecer a realidade, e de maneira directa, ou elevando-esixindo a
Administración Pública competente, cumprir coa súa obriga para que na cidade
existan solucións ás demandas das veciñas e veciños.
Unha vez máis
queremos remarcar que os servizos socias non son un servizo asistencialista de
carácter caritativo, son un piar esencial para desenvolver as políticas de
igualdade de oportunidades entre as persoas.