lunes, 27 de noviembre de 2017

Mina Touro-O Pino

A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MOSTRA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO PROXECTO MINEIRO EN TOURO - O PINO.

A CC OPONSE AO ESPOLIO E DESTRUCIÓN DA TERRA PARA O LUCRO PRIVADO, HAI ALTERNATIVAS PARA UNHA ECONOMÍA SOCIAL SUSTENTABLE ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTALMENTE.


Os membros da Coordinadora Comarcal de EU, Fran Prieto e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON que, sobre o terreo, mostraron a realidade do proxecto.
Durante este encontro foron varios os temas que preocupan sobre esta iniciativa privada. En primeiro lugar a falta de información e transparencia sobre o mesmo, basta dicir que o trámite de audiencia pública sobre este proxecto apareceu no DOG no mes de agosto.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

Defensa das remunicipalizacións




A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA A DEFENSA DA NOSA ORGANIZACIÓN POLA REMUNICIPALIZACIÓN DOS SERVIZOS PUBLICOS PRIVATIZADOS.

A CC MANIFESTA O SEU APOIO ÁS XESTIÓNS QUE SE LEVEN A CABO PARA INTENTAR REMUNICIPALIZAR O SERVIZO DA AUGA, OU CALQUERA OUTRO.

A Coordinadora Comarcal (CC) de Esquerda Unida Compostela considera que deben ser as Administracións Públicas as que presten, con calidade, eficacia e eficiencia, servizos de titularidade e xestión pública que satisfagan as demandas sociais que a cidadanía precisa para o seu benestar.
Consideramos que os dereitos esenciais, como o da auga, deben afastarse do lucro das mans privadas e encamiñarse cara o beneficio das veciñas e veciños. É máis que obvio que a xestión pública garante un servizo centrado en satisfacer as necesidades da maioría social, respectar o medio ambiente, promover condicións laborais xustas e, entre outras vantaxes máis, articular controis democráticos.

jueves, 26 de octubre de 2017

Renovación Coordinadora Comarcal



A ASEMBLEA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA POR UNANIMIDADE A CANDIDATURA PRESENTADA PARA RENOVAR A COORDINADORA COMARCAL

SARA GARCÍA E NOA MORALES SON ELIXIDAS
CO-COORDINADORAS COMARCAIS.
 
Trala última asemblea nacional de Esquerda Unida, baixo o lema “A forza das ideas”, a organización abriu o proceso de renovación das Coordinadoras Comarcais, para levar a cabo o traballo aprobado nos documentos políticos e organizativos, encamiñados a potenciar a necesaria Unidade Popular.

Na última asemblea comarcal de Esquerda Unida Compostela, a militancia apoiou unanimemente a candidatura presentada para constituír a nova Coordinadora Comarca (CC). Na súa primeira xuntanza esta nova CC, entre outras cuestións, debateu e elixiu as diferentes responsabilidades das persoas que formaban parte da candidatura.

viernes, 14 de abril de 2017

ESQUERDA UNIDA CELEBROU ESTE 14 DE ABRIL UN ACTO EN MEMORIA DOS PRESOS REPUBLICANOS EN LAVACOLLA E UNHA CONCENTRACIÓN NA ALAMEDA.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2017. 

Esquerda Unida lembrou este 14 de abril e 2017 ás 11:00h aos prisioneiros do campo de concentración de Lavacolla mediante un acto conmemorativo no monólito situado no Campo dá Festa de Lavacolla. Durante o acto tomou a palabra Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e ex-deputado de AGE, para falar do campo de concentración de Lavacolla, que estivo en activo a partir de 1939. Os prisioneiros do devandito campo foron usados como man de obra escrava durante a ditadura franquista para a construción das pistas de aterraxe do aeroporto así como o aeródromo. “Hoxe, 14 de abril de 2017, queremos lembrar e dignificar aos preto de 3.000 prisioneiros republicanos que pasaron por Lavacolla. Para que cantos despeguen ou aterren neste aeroporto, coñezan a verdadeira historia do aeroporto onde ou fai?, sinalou. 


viernes, 31 de marzo de 2017

ESQUERDA UNIDA ACUSA Á XUNTA DE GALICIA DE VULNERAR O PRINCIPIO DA COEDUCACIÓN PARA PREVIR A VIOLENCIA MACHISTA

Esquerda Unida acusa á Xunta de Galicia de vulnerar o principio da coeducación para previr a violencia machista

Un Torquemada perverso goberna Galicia, capaz de poñer en marcha o I Plan de Actuacións para a Igualdade en Centros Educativos de Galicia 2016-2020 e de, cando aínda non rematou o primeiro curso de aplicación, lanzar unha orde de concertos educativos onde se suprime o principio de coeducación como requisito”, sinala Xabier Ron.

Compostela, 30 de marzo de 2017. Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e José Cuenca, membro da área de Educación de Esquerda Unida, denunciaron  en rolda de prensa a anómala situación en que vive a educación pública en Galicia debido á existencia dos concertos educativos que teñen, cada vez máis, unha mera finalidade competitiva e de lucro.

José Cuenca aproveitou a súa intervención para denunciar “a competencia desleal que exercen os centros privados coa complicidade ideolóxica da Xunta de Galicia, o que supón unha anomalía do sistema educativo, onde impera o lucro sobre o dereito a unha educación pública gratuita e laica”.

jueves, 23 de marzo de 2017

CHARLA-DEBATE BANCA PÚBLICA POR QUÉ É NECESARIA?

Debate o próximo 30 de marzo ás 20:00h na Sede de Afundación na Rúa do Vilar 19 en Compostela

EU de Compostela organiza una charla co compañeiro Carlos Sanchez Conselleiro de Facenda do Concello de Madrid e a compañeira María Rozas Concelleira de economía e facenda de Compostela.  sobre a necesidade dunha Banca Púbica ao servizo da maioría social.


Neste crise-estafa que padecemos, o sistema bancario capitalista foi o verdugo, que o neoliberalismo utilizou, para promover un modelo económico especulativo contra os dereitos sociais e laborais das traballadoras e traballadores.

É necesario construír colectivamente unha banca pública, ao servizo dun novo modelo económico sustentable, no que os DDHH estén garantidos.



martes, 21 de febrero de 2017

EU FAI UN CHAMAMENTO Á PARTICIPACIÓN NA MOBILIZACIÓN DAS MARCHAS DA DIGNIDADE EN DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS O SÁBADO 25 DE FEBREIRO 2016

A mobilización será en dúas columnas e sairá o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 12 horas, unha delas dende a Praza da Leña e outra dende o Pazo da Ópera, ata atoparse na Praza de Ourense, rematando conxuntamente en Méndez Núñez, onde terá lugar o acto final en defensa das pensións públicas.

Esquerda Unida fai un chamamento á participación e súmase á manifestación a nivel estatal convocada polas Marchas da Dignidade, que en Galicia terá lugar en A Coruña.

A mobilización será en dúas columnas e sairá o vindeiro sábado 25 de febreiro, ás 12 horas, unha delas dende a Praza da Leña e outra dende o Pazo da Ópera, ata atoparse na Praza de Ourense, rematando conxuntamente en Méndez Núñez, onde terá lugar o acto final en defensa das pensións públicas.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) informa de que case un 25 por cento de galegos e galegas son maiores de 65 anos, o que coloca a Galicia como a segunda comunidade máis envellecida de España, cunha esperanza media de vida de 82 anos, só superada por Asturias.