A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MOSTRA A SÚA
PREOCUPACIÓN POLO PROXECTO MINEIRO EN TOURO - O PINO.
A CC OPONSE AO ESPOLIO E DESTRUCIÓN DA TERRA PARA O LUCRO PRIVADO, HAI
ALTERNATIVAS PARA UNHA ECONOMÍA SOCIAL SUSTENTABLE ECONÓMICA E MEDIOAMBIENTALMENTE.
Os membros da Coordinadora Comarcal de EU, Fran Prieto e
Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza con representantes da plataforma
veciñal Mina Touro-O Pino NON que, sobre o terreo, mostraron a realidade do
proxecto.
Durante este encontro foron varios os temas que preocupan
sobre esta iniciativa privada. En primeiro lugar a falta de información e
transparencia sobre o mesmo, basta dicir que o trámite de audiencia pública
sobre este proxecto apareceu no DOG no mes de agosto.
Co beneplácito e/ou colaboración da Xunta e Concellos
afectados, son moitas as dificultades que a veciñanza ten para coñecer, e poder
avaliar debidamente, o impacto real deste novo proxecto mineiro. Non se trata
de que delegados da empresa publiciten/vendan esta iniciativa, a cidadanía ten
que ver garantido o seu dereito a saber o que realmente vai acontecer na nosa
comarca, agora e no futuro.
Posiblemente a maior preocupación é o que poida acontecer
coa auga, pois é evidente que coa actividade extractiva a ceo aberto un dos
maiores risco é a posible contaminación dos acuíferos, que non afectarían só á
gandeira e á agricultura, senón que o propio mar sufriría posibles
consecuencias.
Non podemos esquecer tampouco posibles neglixencias, pois
os preocupantes antecedentes da empresa que quere lucrase coa destrución da
nosa terra lévannos á mina de Riotinto en Huelva, tristemente coñecida polas
verteduras tóxicas das súas balsas. Indicar que este conglomerado empresarial
dispón dun entramado societario que dificulta a atribución de responsabilidades
en casos de accidentes, contaminación e/ou destrución medioambiental.
Outra das moitas preocupacións que se podían mencionar é
a segura destrución, nesa zona e limítrofes, da actividade gandeira e agrícola,
pois a magnitude do proxecto mineiro que se quere levar a cabo arrasaría cunha
enorme extensión de terreo, agora verde e produtivo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario