domingo, 24 de noviembre de 2013

Manifesto polo 25N



MANIFESTO 25 DE NOVEMBRO 2013

POR UNHA SOCIEDADE LIBRE DE VIOLENCIA DE XÉNERO

A Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela, neste 25 de novembro, denuncia que a violencia machista segue a ser unha lousa inadmisible que atenta contra a igualdade e xustiza na sociedade.

Tamén temos que denunciar este día a violencia institucional que se exerce contra as mulleres a través de medidas que inciden directamente nas súas vidas: a reforma regresiva das normas laborais e da lei de aborto.

Unha vez máis reiteramos a nosa esixencia de que o ministro Gallardón retire a regresiva e lesiva reforma lei do aborto.

Días como este, deben servir canto menos, para remover conciencias e analizar de maneira estrutural, e preguntarse por que a pesar de que na teoría a violencia de xénero é rexeitada dende calquera ámbito político, é aínda, unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, móstranse como elementos inseparables.

Por iso dende a Área de Mulleres de EU Compostela demandamos que o Concello teña en conta as políticas de igualdade entre mulleres e homes, aumentando o presuposto destas políticas, e os recursos materiais e de persoal para a prevención e atención das mulleres en situacións de especial vulnerabilidade.

Esta lacra require medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e protección reais e a sociedade conciencia e cultura política para rexeitar todo tipo de violencia e, en particular, a violencia machista.

Na nosa cidade é necesario que o Concello abra o Centro de Recuperación Integral de Mulleres Vítimas de Violencia e que se habilite instalacións e os medios necesarios para acoller a mulleres e ás súas crianzas vítimas de violencia.

En moitas partes do mundo as mulleres atópanse nunha situación insostible de negación de dereitos, que as oculta, as empobrece e as sitúa nun continuo risco, incluso institucionalizado, de violencia extrema, de explotación sexual, de agresións, violacións, asasinatos e execucións. 

A deriva conservadora e patriarcal nas posicións políticas do goberno ameaza coa modificación regresiva da Lei do Aborto, impoñen a corresponsabilidade irreal nas obrigas familiares e os recortes en recursos de protección social e en programas de igualdade.  Padecemos a Lei de Familia, que elimina dereitos as mulleres fomentando, dende as institucións, un rol retrograda; ao mesmo tempo que vítimas de agresións machistas non teñen acceso a axudas debidos aos recortes da Xunta. Ponse de manifesto máis aínda, que a loita pola igualdade entre mulleres e homes , é a loita contra a violencia machista.

No hay comentarios: