O grupo de traballo
de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela demanda que o Concello ten
que velar pola prestación de servizos, de titularidade e xestión pública, que
atenda ás demandas das veciñas e veciños
Como é obvio, o
primeiro paso para poder prestar, con calidade e eficiencia, estes servizos
públicos para o benestar da cidadanía, é necesario coñecer as necesidades que
ten a sociedade compostelá para poder actuar en consecuencia.
Un dos medios para
poder acadar este obxectivo de saber a realidade da veciñanza de Santiago,
sería a creación dun teléfono municipal de emerxencias sociais nas que persoas
que coñezan ou padezan unha situación de vulnerabilidade (física,
psíquica,económica ou social) a poidan expoñer.
Por suposto para o
grupo de políticas sociais de EU Compostela esta, como calquera medida que se
propoña, ten que contar co pertinente debate e participación do tecido social
da cidade que teña interese en colaborar, e, por suposto, este teléfono
municipal é de carácter informativo onde as veciñas e veciños poidan indicar os
problemas que detectan, en ningún caso se trata dun mecanismo de denuncia,
vixilancia ou control da cidadanía.
Mais non so acadar
a información necesaria da realidade social da cidade é suficiente, faise
preciso que de cara a conseguir unha maior xustiza social en relación coas
políticas sociais que dende o concello se aplican, este se dote dun instrumento
que permita unha redistribución o máis xusta e equitativa posible de devanditos
recursos, mediante un censo voluntario que, avalado por un estudo
socio-económico realizado por persoal municipal e polos axentes sociais que na
localidade traballan no campo da axuda social, impida calquera tipo de
discrecionalidade na aplicación destas políticas.
Os obxectivos deste
censo de carácter voluntario, ademais dos que poidan decidirse a través da
participación cidadá para a súa creación, serían poder actuar con rapidez e
concreción en cada caso estudado, posto que ao coñecer a realidade concreta da
persoa que necesita axuda pódese, mediante os protocolos establecidos,
encamiñala cara o servizo público ou axente social que poida satisfacer as súas
demandas.
Outro obxectivo
sería poder utilizar a información obtida para avaliar as necesidades de
mellora ou creación que se deben ter en conta para mellorar os servizos
públicos que presta este Concello.
Por todo isto o grupo
de traballo de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno
do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Que, tralo pertinente debate e
participación, se cree o teléfono municipal de emerxencias sociais.
Segundo. Que se se leve a cabo o pertinente traballo
de campo por parte dos servizos sociais, en colaboración con outras
institucións sociais da cidade, co fin de elaborar un censo de persoas en
situación de vulnerabilidade (física, psíquica, económica ou social), que
voluntariamente se presten a formar parte deste servizo municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario