viernes, 22 de noviembre de 2013

Moción 25N: por unha sociedade libre de violencia de xénero



Para a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela, un ano máis, o 25 de novembro, convértese nun día de denuncia da violencia contra as mulleres, a violencia sexista e machista, que non ten tregua.

Tamén temos que denunciar este día a violencia institucional que se exerce contra as mulleres a través de medidas que inciden directamente nas súas vidas: a reforma regresiva das normas laborais e da lei de aborto.

Dende a Área de Mulleres de Esquerda Unida Compostela reiteramos a nosa petición, nunha moción presentada o pasado 13 de xuño, de que o Concello de Santiago de Compostela inste ao Goberno de España a que non se atente contra os dereitos fundamentais das mulleres e NON se modifique de maneira restritiva a actual Lei Orgánica 2/2010 de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo.

Días como este, deben servir canto menos, para remover conciencias e analizar de maneira estrutural, e preguntarse por que a pesar de que na teoría a violencia de xénero é rexeitada dende calquera ámbito político, é aínda, unha lacra endémica que xunto coa desigualdade, móstranse como elementos inseparables.

Esta lacra require medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e protección reais e a sociedade conciencia e cultura política para rexeitar todo tipo de violencia e, en particular, a violencia machista.

Por iso dende a Área de Mulleres de EU Compostela pedíramos, o pasado 5 de marzo, que o Concello de Santiago abrira o Centro de Recuperación Integral de Mulleres Vítimas de Violencia, onde se fornezan ás mulleres todos os mecanismos para librarse de, e superar, as situacións de abuso e violencia machista, e tamén que se habilitara instalacións e os medios necesarios para acoller a mulleres e ás súas crianzas vítimas de violencia

Se en moitas partes do mundo as mulleres atópanse nunha situación insostible de negación de dereitos, que as oculta, as empobrece e as sitúa nun continuo risco, incluso institucionalizado, de violencia extrema, de explotación sexual, de agresións, violacións, asasinatos e execucións.

A deriva conservadora e patriarcal nas posicións políticas do goberno ameaza coa modificación regresiva da Lei do Aborto, impoñen a corresponsabilidade irreal nas obrigas familiares e os recortes en recursos de protección social e en programas de igualdade.  Padecemos a Lei de Familia, que elimina dereitos as mulleres fomentando, dende as institucións, un rol retrograda; ao mesmo tempo que vítimas de agresións machistas non teñen acceso a axudas debidos aos recortes. Ponse de manifesto máis aínda, que a loita pola igualdade entre mulleres e homes , é a loita contra a violencia machista..

Dende a Área de Mulleres de EU Compostela propoñemos ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de.

ACORDOS:

Primeiro. Que o Concello se comprometa decididamente e con propostas concretas e reais a centrar os seus esforzos en consolidar a igualdade e a non violencia machista a través de Plans anuais que teñan un reflexo específico e xeral  nos Orzamentos Municipais, reforzando os recursos económicos, materiais e humanos.

Segundo. Que o Concello  se comprometa a poñer a disposición da cidadanía todos os mecanismos persoais e materias públicos necesarios e ao seu alcance, para a prevención da violencia machista e a atención integral das vítimas da mesma.

No hay comentarios: