REPRESENTANTE
DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA REÚNESE CON MÉDICOS DO MUNDO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA PLANS DE ACTUACIÓNS CONTRA A
EXCLUSIÓN SOCIAL.
O coordinador comarcal de Esquerda Unida
Compostela, Vicente Vázquez, e unha
participante do grupo de traballo de políticas sociais, Sofía Díaz, mantiveron unha xuntanza con Médicos do
Mundo.
Manifestamos a nosa preocupación polos datos sobre
mulleres explotadas sexualmente exercendo a prostitución que indicaron dende Médicos
do Mundo. Datos que reflicten que a maioría das mulleres migrantes que, por
diversos motivos, se ven obrigadas a exercer a prostitución, non teñen
regularizada a súa situación, polo que son vítimas dos abusos dos proxenetas e
teñen serias dificultades para acceder a sanidade. Segundo os seus datos, máis
do 90 % das persoas que exercen a prostitución en Galicia son vítimas de trata
e tráfico de mulleres.
Un de cada tres homes, e cada vez máis xóvenes, incluso adolescentes, son cómplices necesarios desta situación, pois como usuarios, perpetúan a escravitude sexual que sofren estas mulleres.
Dende Médicos do Mundo tamén denunciaron que nos últimos anos as condicións
de explotación sexual empeoraron exponencialmente, ata o punto de ser necesario
o aumento do uso do preservativo feminino para evitar enfermidades de
transmisión sexual e posibles embarazos. Asímesmo, indican que hai un aumento
de mulleres galegas que se ven abocadas a exercer a prostitución, sobre todo na
franxa de idade entre os 18 e 24 anos.
Desde o Consello Comarcal de EU
consideramos que a prostitución supón unha forma extrema de violencia de
xénero que non pode ser obxecto de regulamentación. A Administración, coa
colaboración de organizacións sociais e o movemento cidadá, ten que desenvolver
políticas encamiñadas á súa abolición, con programas integrais dirixidos ás
persoas que exercen a prostitución e campañas de tolerancia cero cara o
proxenetismo e o prostituidor. É preciso rematar coa invisibilidade
desta realidade perversa e conquerir a sensibilización social precisa, para
unha contundente penalización social das persoas que comercian e se lucran co
corpo e a vida das mulleres.
Tamén preocupantes son os datos sobre as consecuencias do Real Decreto que
expulsa a moitas persoas migrantes do dereito a unha sanidade pública,
universal e gratuíta. Criticamos que o programa galego ideado pola
Xunta para atender as persoas migrantes non é mais cunha farsa publicitaria que
non atende ás necesidades reais destas persoas.
Tal e como informaron dende Médicos do Mundo das
entre 9.000 e 12.000 persoas migrantes que terían dereito ao acceso a este
programa, só en torno a 1.200 se inscribiron, o que mostra claramente a
deficiente información que dende a Consellería se está a dar, que apenas chega
ó 10 % da poboación migrante susceptible de incluirse no programa.
Por último dende o Consello Comarcal de EU
Compostela demandamos, en primeiro lugar,
a derrogación deste Decreto Lei e reiteramos, unha vez máis, a defensa
dunha sanidade pública, universal e gratuíta. Tamén esiximos tanto do Concello,
como doutras Administracións Públicas, que, despois do pertinente debate e
participación cidadá, se leven a cabo os plans de actuación contra a exclusión
social que sexan necesarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario