miércoles, 20 de noviembre de 2013

Xuntanza co Albergue Xoán XXIII



REPRESENTANTES DO CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE CO ALBERGUE XOÁN XXIII.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA RECLAMA MAIOR APOIO DO CONCELLO A ESTA INSTITUCIÓN E, SOBRE TODO, DEMANDA QUE CUMPRA COA SÚA OBRIGA E LEVE A CABO AS POLÍTICAS SOCIAIS QUE SEXAN NECESARIAS.

Os membros do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Sara García e Vicente Vázquez, mantiveron unha xuntanza co representante do Centro Social “Albergue Xoán XXIII”.

Según os datos ofrecidos o albergue da servizo anualmente a unhas 1.200 persoas, sendo a inmensa maioría varóns. Ademais de proseguir atendendo a persoas sen fogar que se poderían calificar de transeúntes, posto que varían con frecuencia de cidade, e incluso, da comunidade, dende o comezo desta crise-estafa que padecemos, dende o Albergue notaron un forte incremento de persoas residentes en Santiago que por diferentes motivos vense na necesidade de demandar os servizos que presta esa institución.

Ademais de poder ofrecer ás persoas que o solicitan cama e ducha, dende no albergue Xoan XXII tamén se impartes cursos de formación, como xardinería e maquetación por exemplo, e, grazas a labor de voluntarias e voluntarios é posible a atención médica primaria ou tamén perruquería.

Dende o Consello Comarcal de EU Compostela consideramos moi boa, relevante e, por desgraza, necesaria a gran labor que levan a cabo no Centro Social “Albergue Xoán XXIII”, pero esiximos ao Concello que cumpra coa súa obriga e garanta os dereitos de toda a cidadanía prestando os servizos sociais que a sociedade demanda.

En primeiro lugar demandamos que a Administración Local ten que, tralo pertinente debate e participación cidadá, cumprir coa súa obriga e levar a cabo as políticas sociais que sexan necesarias para ter unha sociedade xusta e igualitaria. Reiteramos, por exemplo, as nosas propostas do Servizo Municipal de Atención Integral a Persoas sen Fogar ou a proposta do Teléfono de Emerxencias Sociais e Censo Voluntario de Persoas en Risco de Exclusión Social.

Por suposto o Concello ten que colaborar, non delegar, coas distintas organizacións sociais que traballan na cidade, por exemplo, elaborando protocolos de actuacións antes os diferentes casos que se poidan presentar. Tamén se debe estudar debidamente as aportacións económicas que se fan a estas entidades, incrementándoas se fora necesario.

No hay comentarios: