O Consello Comarcal
de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello debe garantir que os
espazos públicos da cidade estean debidamente acondicionados para que as
veciñas e veciños poidan disfrutalos.
Por suposto
defendemos que se promova que Santiago sexa cada vez máis una cidade verde e
sustentable medioambientalmente. Pero o ecoloxismo non só se basea na creación
de novos parques e zonas verdes, ao igual que non é suficiente a colocación de
plantas polas rúas urbanizadas da cidade para que a contaminación diminúa. O
Concello é consciente disto, sendo este ámbito da súa política outro punto
pendente da súa nefasta xestión.
A nosa cidade debe
seguir avanzando en políticas verdes como a loita contra a contaminación
lumínica ou a polución dos vehículos que por ela transitan, reivindicacións xa
antigas desta organización e do movemento ecoloxistas. Estes son só algúns dos
exemplos que reivindicamos, mais nesta ocasión só nos centraremos nunha
exixencia en concreto: a falta de papeleiras para o lixo no parque de Bonaval.