viernes, 31 de enero de 2014

Dimisión XA de Ángel Currás



O CONSELLO COMARCAL  DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REITERA QUE ÁNGEL CURRÁS NON PODE SEGUIR SENDO ALCALDE.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA LAMENTA A DECREPITUDE ÉTICA E MORAL DO PP QUE AFECTA GRAVEMENTE ÁS VECIÑAS E VECIÑOS.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, respectando a súa presunción de inocencia, esixe a dimisión inmediata de Ángel Currás.

Tralo informe do  Servizo de Vixilancia Aduaneira no que se concreta as presuntas ilegalidades no contrato da gardería de Salgueiriños, expoñendo a responsabilidade do alcalde como coñecedor  dos enchufes que presuntamente levou a cabo a trama corrupta que se investiga na operación Pokemon, o señor Currás, por decencia, debe renunciar ao seu cargo público e abandonar o corporación municipal.

Por suposto será o proceso xudicial, chegado o momento, quen ditamine a culpabilidade ou non de Ángel Currás, pero por ética é inadmisible que siga sendo alcalde da cidade tralos indicios de culpabilidade que se expoñen con claridade no informe da SVA

jueves, 23 de enero de 2014

Pregunta censo inmobles municipais



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera necesario que o Concello se involucre activamente para garantir o dereito a unha vivenda digna.

Demandamos que o goberno local do Partido Popular leve a cabo un censo de todos os inmobles de titularidade municipal, dende vivendas ata locais, co fin de estudar cales poden ser aptos para evitar que veciñas e veciños queden sen vivenda por mor dos desafiuzamentos.

Recordamos, que como medida para garantir o dereito a unha vivenda, o pasado 24 de marzo de 2012 presentamos unha iniciativa para crear a Axencia Pública Municipal de Aluguer, que ademais doutras vivendas, se pode facer cargo dos inmobles de titularidade municipal que sexan aptos para este cometido.

miércoles, 22 de enero de 2014

Fomento e melloras transporte público



A ÁREA DE MOCIDADE DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE MELLORAS NO FUNCIONAMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO DA COMARCA.

Dende a Área de Mocidade de Esquerda Unida Compostela esiximos melloras no funcionamento do transporte público da comarca.

Demandamos medidas que verdadeiramente faciliten o seu uso e fomenten a fidelización, e que teñan en conta aos colectivos máis necesitados deste servizo, como o estudantado ou a xente en situación de desemprego. Cremos necesarias políticas sociais de transporte público que loiten contra a exclusión social, a contaminación medioambiental e a conxestión do tráfico.

Solicitamos un abaratamento xeral dos prezos para estudantado que, se ben dispoñen dunha tarifa especial, segue a constituír un desembolso periódico moi importante; especialmente para un colectivo que enfronta numerosos gastos e dispón de fontes de renda limitadas.

viernes, 17 de enero de 2014

Xuntanza con Vagalume



REPRESENTANTES DO CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REÚNENSE CO CENTRO VAGALUME.

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA DEMANDA PLANS DE ACTUACIÓNS CONTRA A EXPLOTACIÓN SEXUAL DAS MULLERES QUE EXERCEN A PROSTITUCIÓN.

Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, Sara García e Vicente Vázquez, e a militante, Sofía Díaz, mantiveron unha xuntanza co centro Vagalume.

Na xuntanza expúxose en primeiro lugar as dificultades existentes para que as mulleres que exercen a prostitución poidan denunciar a explotación sexual á que son sometidas. O medo, sobre todo polos familiares que quedaron no país de procedencia, é un dos principais motivos para non denunciar. Pero o lento proceso xudicial tamén dificulta que se denuncie a trata de persoas que hoxe en día acontece na nosa cidade ou na comarca.

jueves, 16 de enero de 2014

Apoio á iniciativa "cans aquí si"




O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA A INICIATIVA 'CANS AQUÍ SI', QUE BUSCA PROMOVER A CONVIVENCIA ENTRE AS ESPECIES CANINAS E AS PERSOAS

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ANIMA Á POBOACIÓN DE COMPOSTELA A SUMARSE E A COLOCAR O INSTINTIVO DA CAMPAÑA NOS SEUS ESTABLECEMENTOS.

O Consello Comarcal de EU Compostela sempre apoia as iniciativas en defensa dos dereitos dos animais, así como as que buscan mellorar a vida dos mesmos, como tamén a dos seus donos e donas.

En moitos países da nosa contorna é habitual que as mascotas acompañen aos seus donos e donas nas vacacións, entren nos espazos públicos, nos establecementos comerciais, no autobús, nas cafeterías, etc. Mais en moitos puntos de España estraña ver a un animal de compañía nun local público, a pesar de que na maioría dos casos, as lexislacións locais non o impiden.

miércoles, 15 de enero de 2014

Moción retirada reforma da lei do aborto



O dereito a decidir das mulleres sobre a súa maternidade, non se pode enmarcar nun debate alleo á libre decisión das mulleres. É un dereito fundamental e, como tal, non pode ser obxecto de intercambio cos estamentos relixiosos e sociais máis reaccionarios.

O dereito á interrupción voluntaria do embarazo, á libre decisión das mulleres: sen interferencias, sen condicionantes, sen tutelas, nin penalizacións, é un Dereito Fundamental.

En 1985, no noso país, co goberno do PSOE, produciuse unha despenalización parcial e tiveron que pasar 25 anos, até 2010, para unha reforma da lei de interrupción voluntaria do embarazo algo máis avanzada, pero aínda con moitas limitacións.

jueves, 9 de enero de 2014

Medidas para previr a pobreza enerxética



A pobreza enerxética pódese definir como aquela situación que sofre un fogar incapaz de pagar unha cantidade de servizos da enerxía suficiente para a satisfacción das súas necesidades domésticas e/ou cando se ve obrigado a destinar unha parte excesiva dos seus ingresos a pagar a factura enerxética da súa vivenda.

A pobreza enerxética depende fundamentalmente de tres compoñentes: os ingresos familiares, os custos da enerxía e a calidade da vivenda en canto á súa eficiencia. Segundo a Enquisa de Orzamentos Familiares -EPF- e a Enquisa de Condicións de Vida -ECV, arredor do 10% da poboación española sófrea (4 millóns de persoas). A ECV de 2011 destaca que o 6% da poboación non pode manter a súa vivenda a unha temperatura adecuada, porcentaxe que se sitúa no 8% o caso de mulleres que habitan soas. 

O último informe do Observatorio de Vulnerabilidade de Cruz Vermella sinala que preto do 58% das persoas atendidas por Cruz Vermella durante o 2013 tiña problemas para manter a súa casa a unha temperatura óptima, un 16% máis que no 2011. Outro dato é que unha de cada tres persoas atendidas por Cruz Vermella non pode pagar as subministracións básicas, como a auga, a luz ou o gas.