Os republicanos de
Galicia e de España celebran hoxe, 14 de
abril, o día da república. E fan ben. Fan moi ben. Eu tamén o celebro. E tamén
fago moi ben. Porque hoxe é o día en que o golfo do avó do rei emérito saíu pitando
cara o exilio morto de medo. Ben sabía el o que merecía moi merecido. Ben sabía
el por que corría. Por que escapaba. De que tiña medo o moi malandrín. Pero eu máis
que o 14 de abril celebro o 16 de febreiro. Porque é o día que realmente
gañaron as eleccións os don Antonio Machado, os Rafael Alberti, os García
Lorca, os don Miguel de Unamuno e todos os que querían que ganásemos todos e
non só os de sempre. Non só os de toda a vida. Non só os cabróns emperadores do
cabrón mercado falsamente chamado por eles libre. Os March. Os duques de Alba.
Os Barrié de la Maza. Os depredadores de plusvalía e de vidas.
domingo, 15 de abril de 2018
martes, 30 de enero de 2018
Xuntanza con CCOO
A COORDINADORA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA MANTÉN
UNHA XUNTANZA CON REPRESENTANTES DA UNIÓN INTERCOMARCAL DE CCOO
SANTIAGO-BARBANZA.
A CC DE EU REITERA O
SEU COMPROMISO NA LOITA POR RECUPERAR OS DEREITOS LABORAIS E SOCIAIS ROUBADOS
NESTA CRISE-ESTAFA QUE SEGUIMOS A PADECER.
Os membros da Coordinadora Comarcal de EU Compostela, Alexandre Vila
Peleteiro e Vicente Vázquez Freire, mantiveron unha xuntanza con representantes
de CCOO.
Durante este encontro foron varios os temas expostos polos representantes
sindicais que mostraron unha amarga realidade laboral, na que a precariedade e
temporalidade marcan un presente e futuro terrible para a clase traballadora.
Como se evidenciou na xuntanza, a comarca de Compostela centra a súa
actividade económica principalmente no sector servizos, sendo a hostalería e o
comercio os que contribúen, en gran medida, a condicións laborais que non
garanten o benestar das veciñas e veciños.
viernes, 19 de enero de 2018
Renovación Área da Muller de EU Compostela
A MILITANCIA DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA RENOVA A
ÁREA DA MULLER DE EU NA COMARCA
ROSA TRILLO É ELIXIDA RESPONSABLE DA ÁREA.
Proseguindo
co proceso de fortalecemento da nosa organización, revitalizamos a Área da
Muller de EU na comarca, espazo de debate colectivo, no que as mulleres
militantes e simpatizantes traballamos para avanzar cara unha sociedade
igualitaria e xusta. O feminismo de clase segue a ser a ferramenta imprescindible
para organizar a loita necesaria contra a violencia machista é o
heteropatriarcado que o sustenta.
As mulleres
que participamos nesta Área comarcal de Esquerda Unida, consideramos
prioritaria a participación nas distintas plataformas feministas municipais,
sendo na actualidade o próximo 8 de Marzo o eixo central de traballo conxunto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)