martes, 22 de julio de 2014

Moción apoio ao pobo palestino



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reitera, unha vez máis, o seu apoio ao pobo palestino.

Co pretexto do secuestro e do asasinato non aclarado de tres novos estudantes israelís das colonias en Cisxordania ocorridos o 12 de xuño, o goberno Israelí lanzou unha vez máis outra das súas operacións de castigo sobre a poboación palestina encerrada na Franxa de Gaza. Mentres o goberno israelí incitou ás represalias, os lemas racistas e ataques contra a poboación palestina estendéronse nos medios e nas rúas de Israel, o que resultou no asasinato dun adolescente palestino que foi queimado vivo en Xerusalén por uns israelís ultras o pasado 1 de xullo.

O martes 7 de xullo, Netanyahu iniciou unha operación militar de gran envergadura contra a Franxa de Gaza, satisfacendo así as esixencias do seu Ministro de Exteriores.

viernes, 11 de julio de 2014

Fóra Currás do Concello



O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ESIXE AO ALCALDE DEDOCRÁTICO HERNÁNDEZ QUE RECITIFIQUE E QUE RETIRE O PRIVILEXIO CONCEDIDO A CURRÁS

Para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela o goberno dedocrático de Hernández ampara co diñeiro de toda a cidadanía compostelá, o labor escuro e destrutivo de Currás á fronte da Corporación Municipal, recompensándoo cunha dedicación exclusiva.

O novo alcalde de Compostela, non elixido polo pobo para dita tarefa, tal como intuía este consello comarcal, segue escribindo con entusiasmo as páxinas máis escuras da nosa democracia, desde que morreu o Ditador Franco.

No cumio da indecencia democrática, o terceiro alcalde, Hernández, premia ao segundo alcalde, Currás, pola súa excelente xestión de goberno, a cal, para quen non recorde, consistiu en destruír a confianza da cidadanía nos seus representantes políticos e cargos públicos,  por amparar o reino fedorento da corrupción, sendo el mesmo dobremente imputado, pola súa declarada e manifesta incompetencia política que provocou a parálise efectiva do goberno da nosa cidade.

miércoles, 9 de julio de 2014

Moción defensa e fortalecemento educación pública



Dende O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela loitamos de forma decidida por unha educación pública, de calidade, laica e gratuíta para a cidade.

Por iso defendemos un plan integral de actuación para acadar a mellor educación pública posible na cidade. É necesario contar coa participación cidadá, xa sexa de organizacións ou asociacións, como por exemplo as ANPAS, ou incluso a título persoal, pois o reto de acadar a mellor educación pública posible é colectivo, é un reto de todas as veciñas e veciños.

Non podemos permitir que siga existindo, porque os xestores políticos que hai así o quixeron, un Consello Municipal de Ensino que non cumpre coa función encomendada. Hai que constituír, para desenvolver de forma participativa a educación que beneficie a maioría social, as ferramentas necesarias (Asemblea de Barrio; Consello de Barrio; Asemblea Sectorial de Educación; Consello Sectorial de Educación; Consello do Concello).

martes, 1 de julio de 2014

NON á reincorporación de Domingo Neira á docencia na USC




O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA E ALEAS-EU OPÓÑENSE A QUE DOMINGO NEIRA GARCÍA SE REINTEGRA Á DOCENCIA NA USC

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA E ALEAS-EU DEMANDAN QUE DENDE AS DISTINTAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS SE DEBE DAR EXEMPLO NA LOITA CONTRA A HOMOFOBIA.

O Consello Comarcal de EU Compostela e ALEAS-EU manifestamos a nosa total repulsa e condena á homofobia aínda hoxe existente na sociedade, e reiteramos o noso compromiso na loita contra a erradicación desta lacra que atenta contra os dereitos do colectivo LGTBI

No día de hoxe, fíxose público que o profesor Domingo Neira García, o docente homófobo e misóxino de Maxisterio Infantil ao cal se lle abrira un expediente polas súas leccións de odio, reintégrase á docencia na USC, logo de cumprir unha sanción disciplinaria (suspensión da posibilidade de impartir clases e retirada de soldo, durante dous meses) como consecuencia das denuncias do alumnado contra esta persoa.

Non se pode permitir que a USC reincorpore a Domingo Neira na docencia, e máis aínda despois de que o mesmo órgano directivo da universidade emitise un comunicado o pasado día 28 de xuño – Día Internacional do Orgullo LGTBI – declarando e manifestando o seu compromiso coa comunidade LGTBI e que traballará a favor da igualdade entre persoas con independencia da súa orientación sexual.

Defensa emprego estable e de calidade



O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela defendeu, defende e defenderá que o Concello sexa parte activa na loita por acadar a consecución de emprego estable e de calidade, que non é un privilexio, se non un dereito de todas as veciñas e veciños.

Por suposto sabemos que a Administración Local ten certas limitacións para actuar de maneira potente nas políticas de emprego, sendo outras administracións a que teñen moitísima maior capacidade de incidencia neste eido.

Dito isto, a deficiente atribución de competencias ao Concello, non pode ser escusa baixo a que amparar a imcompetencia que leva demostrado o PP no goberno local. A Administración Local pode actuar tanto activamente, como tamén concienciando, esixindo ou denunciando o que sexa necesario para acadar o dereito a un emprego estable e de calidade para a cidadanía.