O grupo de traballo
de políticas sociais de Esquerda Unida Compostela considera que calquera
Administración Pública ten que ter, entre un dos seus obxectivos principais,
garantir o dereito a unha vivenda digna.
Consideramos que
para que o acceso a unha vivenda digna sexa unha realidade para a maioría
social é necesario destronar o actual modelo, que busca o lucro privado, tal e
como se pode comprobar co pelotazo urbanístico que o PP defende coa operación
especulativa de Xoán XXIII.
Dende o grupo
de traballo de políticas sociais de EU
Compostela, para acabar con este modelo antisocial, que ten á vivenda como un
negocio e non como un dereito, apoiamos, entre outras moitas medidas, a
creación dunha axencia pública municipal de aluguer social, presentada en marzo
de 2012. Tamén consideramos necesaria a creación dun Servizo Municipal de
Atención Integral a Persoas sen Fogar, como propuxemos en outubro de 2013.