viernes, 31 de marzo de 2017

ESQUERDA UNIDA ACUSA Á XUNTA DE GALICIA DE VULNERAR O PRINCIPIO DA COEDUCACIÓN PARA PREVIR A VIOLENCIA MACHISTA

Esquerda Unida acusa á Xunta de Galicia de vulnerar o principio da coeducación para previr a violencia machista

Un Torquemada perverso goberna Galicia, capaz de poñer en marcha o I Plan de Actuacións para a Igualdade en Centros Educativos de Galicia 2016-2020 e de, cando aínda non rematou o primeiro curso de aplicación, lanzar unha orde de concertos educativos onde se suprime o principio de coeducación como requisito”, sinala Xabier Ron.

Compostela, 30 de marzo de 2017. Xabier Ron, membro da dirección de Esquerda Unida e José Cuenca, membro da área de Educación de Esquerda Unida, denunciaron  en rolda de prensa a anómala situación en que vive a educación pública en Galicia debido á existencia dos concertos educativos que teñen, cada vez máis, unha mera finalidade competitiva e de lucro.

José Cuenca aproveitou a súa intervención para denunciar “a competencia desleal que exercen os centros privados coa complicidade ideolóxica da Xunta de Galicia, o que supón unha anomalía do sistema educativo, onde impera o lucro sobre o dereito a unha educación pública gratuita e laica”.

jueves, 23 de marzo de 2017

CHARLA-DEBATE BANCA PÚBLICA POR QUÉ É NECESARIA?

Debate o próximo 30 de marzo ás 20:00h na Sede de Afundación na Rúa do Vilar 19 en Compostela

EU de Compostela organiza una charla co compañeiro Carlos Sanchez Conselleiro de Facenda do Concello de Madrid e a compañeira María Rozas Concelleira de economía e facenda de Compostela.  sobre a necesidade dunha Banca Púbica ao servizo da maioría social.


Neste crise-estafa que padecemos, o sistema bancario capitalista foi o verdugo, que o neoliberalismo utilizou, para promover un modelo económico especulativo contra os dereitos sociais e laborais das traballadoras e traballadores.

É necesario construír colectivamente unha banca pública, ao servizo dun novo modelo económico sustentable, no que os DDHH estén garantidos.