domingo, 15 de abril de 2018

¡ARRIBA A REPÚBLICA, ABAIXO A MONARQUÍA!


Os republicanos de Galicia e de España celebran  hoxe, 14 de abril, o día da república. E fan ben. Fan moi ben. Eu tamén o celebro. E tamén fago moi ben. Porque hoxe é o día en que o golfo do avó do rei emérito saíu pitando cara o exilio morto de medo. Ben sabía el o que merecía moi merecido. Ben sabía el por que corría. Por que escapaba. De que tiña medo o moi malandrín. Pero eu máis que o 14 de abril celebro o 16 de febreiro. Porque é o día que realmente gañaron as eleccións os don Antonio Machado, os Rafael Alberti, os García Lorca, os don Miguel de Unamuno e todos os que querían que ganásemos todos e non só os de sempre. Non só os de toda a vida. Non só os cabróns emperadores do cabrón mercado falsamente chamado por eles libre. Os March. Os duques de Alba. Os Barrié de la Maza. Os depredadores de plusvalía e de vidas.