viernes, 18 de diciembre de 2009

martes, 24 de noviembre de 2009

Moción polo 25N

O consello comarcal de EU Compostela presentou unha moción polo día internacional contra a violencia cara ás mulleres

viernes, 13 de noviembre de 2009

Moción iluminación parque Paxonal

EU Compostela presenta unha nova moción.
Nesta ocasión pedimos o Concello que ilumine unha parte do parque do paxonal, para que os atletas da nosa cidade podan adestrar.


martes, 10 de noviembre de 2009

Banco do pobre

ESQUERDA UNIDA DEMANDA AO CONCELLO SERIEDADE, QUE LEVE A INICIATIVA E CUMPRA COA PROMESA DADA AOS VECIÑOS DO BANCO DO POBRE EN 2005

Esquerda Unida Compostela quere amosar a súa preocupación na que se atopan os veciños do barrio de Sto. Ignacio de Loyola, coñecido coma Banco do Pobre. Á decisión, décadas atrás, de ubicalos nunha zona deprimida da cidade pola súa precaria situación económica, despois de anos de esquecemento municipal, súmase, agora que os terreos nos que están asentadas as súas vivendas comezan a ter un valor estratéxico moi alto pola expansión da cidade cara o Hospital Clínico, a actuación ambigüa e lanzando balóns fóra do Concello de Santiago de Compostela que, mesmo despois da xuntanza de onte, deixa no nerviosismo aos veciños e veciñas ante o que era unha previsible situación de desahucio cunha vaga promesa de terreos no Burgo das Nacións onde construír unhas vivendas que, nin por idade nin por capacidade económica, sería asumible por eles. Máxime cando o propio Concello comunicara no ano 2005, e por escrito de Alcaldía, a reserva de vivendas no SUNP 22 de Volta do Castro. Esta circunstancia é a que cómpre sexa efectuada de forma fidedigna, sen lugar a interpretacións especulativas.

Esquerda Unida Compostela solidarízase cos veciños e veciñas e lémbralle ao Concello de Santiago a responsabilidade das Administracións Públicas para adaptar as solucións de vivenda á realidade das necesidades das persoas. Entendemos que non deberían ser os veciños e veciñas os que se reúnan coa USC para certificar que non se vai xogar coa súa futura vivenda. De feito, agardamos que Concello e Universidade non entren nun xogo de declaracións cruzadas sobre a quen lle toca dar o paso seguinte. Tanto Concello como Universidade deberían sentarse ao mesmo tempo xunto coas persoas afectadas e explicarlles de forma clara os pasos a seguir neste proceso de realoxo e, desde logo, consignar por escrito vinculante a existencia da súa futura vivenda.

Esquerda Unida Compostela demanda ao Concello de Santiago seriedade, que leve a iniciativa en todo este proceso e que cumpra coa palabra dada no ano 2005.

lunes, 9 de noviembre de 2009

Información

Dende EU Compostela queremos informarvos de:

1º) A plataforma en defensa do uso público do mosteiro de Celanova. Se te queres informar e asinar en apoio a esta plataforma faino no enderezo http://ensinomosteiro.blogspot.com/ . É moi importante o teu apoio.

2º) A exposición que A Oliveira de Teo vai realizar, e que permanecerá aberta ao público entre os días 7 e 22 de novembro do ano que andamos. Leva por título Xohan XesúsGonzález: porta dun futuro proletario, para maior información http://www.memoriateo.blogspot.com/

viernes, 30 de octubre de 2009

Moción vehículos eléctricos

IMPLANTACIÓN DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

EU Santiago presentou hoxe outra nova moción, na que pedimos o Concello da nosa cidade, que para colaborar na conservación do medio ambiente, substitúa o vehículos municipais actuais por vehículos eléctricos.

jueves, 29 de octubre de 2009

Moción horario Alameda

Nova moción de EU Compostela

Nesta ocasión presentamos unha moción na que pedimos un horario de apertura da Alameda acorde coas necesidades dos deportistas da nosa cidade.

sábado, 24 de octubre de 2009

Acto pacifista

ACTO PACIFISTA EN COMPOSTELA
Domingo, 25 de Outubro, 12:30 no Teatro Principal
Programa:
Presentación: Begoña Fontenla
Entrega da gaita galega que percorrerá o mundo coa Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia
Intervencións institucionais
Intervención poéticas
Contacontos
Intervencións musicais
Clausura

jueves, 22 de octubre de 2009

Contra o peche nocturno da Alameda


ESQUERDA UNIDA REAFIRMA O SEU COMPROMISO CO DEPORTE DE BASE

Facéndose partícipe a nosa organización da iniciativa reivindicativa dos atletas e deportistas compostelás da nosa cidade, que amosarán o seu descontento e contrariedade polo peche da Alameda a partir das 21h levando carteis alusivos durante o desenvolvemento da carreira pedestre que terá lugar este domingo 25 de outubro, Esquerda Unida Compostela desexa transmitir o seu apoio e solidariedade con dita iniciativa.

Demóstranse así dúas circunstancias: a primeira, que a nosa organización política tiña razón cando presentou unha moción o 29 de marzo de 2007 reclamando unha alternativa á Alameda avalada coa recollida de 1100 sinaturas, en concreto, a creación no futuro parque das Brañas do Sar dun circuito de terra pisada sen pendentes pronunciadas (un máximo do 3%), sen curvas pechadas, cun amplor de polo menos 3 metros, cunha lonxitude que xira entre os 2.000-2.500 metros e unha axeitada iluminación nocturna para a práctica do atletismo. O silencio foi a resposta do Concello, ao igual que foi silenciosa a resposta á pregunta escrita formulada o 15 de abril de 2008, onde xa deixabamos constancia do descontento dos deportistas da nosa cidade perante o peche da Alameda e perante a existencia de lesións debido á carencia dun espazo en condicións para a practica popular do atletismo. A segunda circunstancia, lamentable e triste, é que os nosos gobernantes municipais falan de deporte coa boca grande, pero, ademais, non só non fan absolutamente nada por dotar á nosa cidade dun espazo en condicións para o deporte de correr, senón que, cada vez máis, incrementan os obstáculos para a realización de dito deporte. Pechar a Alameda ás 21 horas, tendo en conta as actuais xornadas laborais, significa excluír a moitísimos amantes do deporte do atletismo, ou sinxelamente da necesidade de camiñar por un espazo tranquilo e lonxe do tráfico.

Por iso, Esquerda Unida fai súa tamén a petición de que a Alameda non peche ás 21h.

Moción IBI

MOCIÓN DE EU COMPOSTELA SOBRE A EXENCIÓN DO IBI

martes, 20 de octubre de 2009

Exención IBI

O CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA RECLAMA A EXENCIÓN TOTAL DO IBI PARA AS PERSOAS DESEMPREGADAS CON CARGAS FAMILIARES

ESQUERDA UNIDA RECLAMA DOS GOBERNOS MUNICIPAIS DA NOSA COMARCA UNHA POLÍTICA IMPOSITIVA ATENTA ÁS NECESIDADES DOS SECTORES MÁIS GOLPEADOS POLA CRISE

O Consello comarcal de Esquerda Unida reclama aos Gobernos Municipais da nosa comarca que desenvolvan unha política impositiva favorable e atenta ás situacións de necesidade derivadas da actual crise económica.

Esquerda Unida considérao necesario e, en consecuencia, achegamos esta demanda aos Concellos da nosa bisbarra, xa que, como labor pública ante a situación de crise que padecemos, deben velar polas persoas desempregadas da nosa comarca, con cargas familiares e cuxos ingresos, por prestación ou subsidio, sexan inferiores ao salario mínimo interprofesional, ás que se lle debe eximir de aboar o imposto de bens inmobles.

A proposta da nosa organización pretende aliviar a situación económica das persoas desempregadas da nosa comarca e, como labor institucional dos gobernos municipais, instrumentar unha política tributaria máis xusta e coherente socialmente, por atender as situacións derivadas da crise económica.

A merma dos ingresos que se produza pola implementación desta medida vai recaer nunhas administracións que teñen suficientes recursos e unha capacidade de endebedamento moi superior á dos particulares a quen vai dirixida esta iniciativa.

A nosa organización non pode apoiar que as exencións recaian nas fundacións das entidades financeiras, nos poderosos da nosa comunidade, que seguen a obter grosos beneficios tras recibir as axudas públicas sen contrapartidas de ningún tipo, e que non haxa os reflexos, e o sentido de xustiza social, para axudar a un colectivo tan numeroso como necesitado como é o dos traballadores e traballadoras no desemprego.

sábado, 17 de octubre de 2009

Manifestación Queremos Galego

Dende EU Compostela, e dende EU Nacional, queremos animarvos para asistir a manifestación que a plataforma queremos galego, na que EU está estreitamente ligada, organizou para mañán domingo 18 de Outubro ás 12:00, dende a Alameda da nosa cidade.

domingo, 11 de octubre de 2009

X asemblea EU

Novos vídeos no noso canal

Aquí deixamos a primeira das cinco partes do discurso de Cayo Lara, na X asamblea de Esquerda Unida, tamén atoparedes o discurso de Yolanda Díaz o ser reelexida coordinadora.

sábado, 10 de octubre de 2009

Cultura sí Mausoleo non

A plataforma Cultura sí Mausoleo non, abre nova páxina web, que tedes a vosa disposición nos enlaces de interés que tedes na marxe dereita do noso blog, na que informan a todas as persoas que queiran colaborar e participar na Plataforma.

Nesta páxina podedes atopar o manifesto fundacional da Plataforma, un artigo de Redondo Abuin dos tempos do bipartito, que tiveron a súa culpa na continuidade do Mausoleo, o informe do Icomos sobre o teléferico que quere montar o alcalde Bugallo, documento que claramente desmonta a tolemia de Bugallo e o desproposito que é a Cidade da Cultura.

Na páxina tamén se pode participar nunha primeira enquisa sobre acontinuidade ou non das obras do Gaiás, acceder a fotos de actos da Plataforma.

Dende EU Compostela consideramos que esta páxina pode convertirse nunha ferramenta máis de denuncia do despilfarro da Cidade da Cultura e como altofalante da redifinición dos usos dos edificios para cubrir necesidades básicas dos cidadáns.

viernes, 9 de octubre de 2009

Moción creación carreiras populares

Nova moción de EU Compostela

Hoxe presentamos esta moción, na que pedimos que o concello da nosa cidade fomente o deporte mediante a creación de carreiras populares

jueves, 8 de octubre de 2009

Manifestación defensa clase traballadora

EU Compostela cos traballadores
EU Compostela estivo presente onte na manifestación en defensa dos dereitos dos traballadores, que recorreu as rúas da nosa cidade, apoiando as reinvindicacións dos sindicatos.

Dende EU Compostela mantemos o noso firme propósito de proseguir a loita para que esta crise, non sexa a excusa para recortar os dereitos conquistados polos traballadores e traballadoras da nosa terra.

martes, 6 de octubre de 2009

Manifestación

Dende EU Compostela queremos animarvos a participar na manifestación, polos dereitos dos traballadores, que terá lugar mañán na nosa cidade ás 19:30, con saída na Alameda e remate na Praza Cervantes.

jueves, 1 de octubre de 2009

X asemblea EU

ESQUERDA UNIDA celebra este sábado 3 de outubro na faculdade de Matemáticas de Santiago de Compostela a súa X Asemblea Nacional. A dirección nacional saínte suliña a importancia desta Asemblea para o fortalecemento da nosa organización en Galicia. En tan importante momento contaremos co apoio e presenza de Izquierda Unida Federal a través do coordinador federal, Cayo Lara, e da Secretaría de Organización Federal, encabezada por Miguel Reneses, osecretario de organización.

PROPOSTA REGULAMENTO E HORARIO DA
X ASEMBLEA NACIONAL EU
(FACULTADE DE MATEMÁTICAS, Campus Sur, r/ Lope Gómez de Marzoa, Santiago de Compostela)

HORARIO DE MAÑÁ
10:00 horas: Constitución da Mesa de Credenciais. (1 membro da Executiva + 3 persoas das comarcas con máis peso Coruña, Ferrol, Vigo)
10-12:30 horas: Prazo para acreditarse.
11:00 horas: Apertura Asemblea e proposta constitución da Mesa da Asemblea e aprobación da proposta de Regulamento e horario.
11:30 horas: saúda inicial de Cayo Lara e saúdas dos demais convidados
12:30 horas: presentación Informe Xestión. Despois da presentación do informe receso de 15 minutos para que as delegacións comenten o informe (ao redor das 12:45, aproveitarase para presentar o informe de credenciais)
13:00-14:00 horas: intervencións e debate do Informe Xestión.
14:00 horas: votación do Informe Xestión.
XANTAR
14:00-16:00 horas: xantar ( Monte da Condesa ).
HORARIO DE TARDE
16:00-19:30 horas: debate plenario emendas.
18.00 horas. Peche prazo presentación candidaturas ao CPN. As listas deben ser pechadas, paritarias e constituidas por 25 persoas. Presentación Comisión de Garantías (5 membros)
19:00 horas: presentación candidaturas ao CPN diante da Mesa da Asemblea.
19:30 horas: votación dos documentos Políticos.
20:00 horas: votación das candidaturas ao CPN, Votación da comisión de Candidaturas.
20:00 - 20:30 horas: reunión do CPN para elexir ao coordinador/a.20.30 horas: intervención do coordinador/a para pechar a Asemblea Nacional.

viernes, 25 de septiembre de 2009

Acto FGI

Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2009

Asociacións de Inmigrantes de Compostela organizan por primeira vez
este evento dirixido a visibilizar os colectivos migrantes e promover
o encontro entre culturas

Presentouse nunha rolda de prensa na Galería Sargadelos o I Festival Folclórico Intercultural Santiago de Compostela 2009, que terá lugar o vindeiro domingo 27 de setembro no Paseo Central da Alameda.

Por primeira vez as asociacións de inmigrantes de Compostela organizan un evento destas características na cidade, para o cal contan co auspicio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Santiago e do Foro de Inmigración, entre outras entidades públicas e privadas.

O obxectivo principal é visibilizar os colectivos migrantes e as súas culturas, promovendo un achegamento entre a comunidade local e os novos e novas galegas, apostando desa forma pola convivencia e o intercambio intercultural.

Entre as 11:00 as 18:00hs, nos stands instalados baixo a carpa situada no paseo central da Alameda, a cidadanía compostelá poderá degustar pratos típicos e compartir por un día as diferentes expresións culturais e folclóricas das comunidades inmigrantes asentadas na cidade, ademáis de recibir información sobre as actividades que realizan as diferentes asociacións organizadoras e convidadas.

As 15:00hs terá lugar unha mostra artística na cal presentaranse bailes e cancións tradicionais de diferentes países, ademáis de outras actividades como contacontos, hip-hop e grafitis.

O evento contará coa participación de dúas asociacións de inmigrantes da Coruña (AMESPA e Asoc. de Uruguayos 25 de Agosto), ademáis das organizacións de Comercio Xusto Panxea e Amarante, que levarán a cabo unha degustación e exposición de productos. Esta última organización tamén presentará unha exposición interactiva, dirixida ao público infantil, sobre a realidade dos nenos e nenas ecuatorianas na

Na rolda de prensa de onte as e os representantes das asociacións de inmigrantes agradeceron o apoio de todas as persoas e entidades que colaboraron na organización do evento e aproveitaron para convidar a toda a cidadanía compostelá a participar nesta actividade intercultural e compartir unha xornada de cultura e folclore coa comunidade inmigrante afincada en Santiago.

A Asociación Gondwana, Asoc. de Venezolanos AVESANTI, Asoc. de Bolivianos, Asoc. de Ecuatorianos COSIOR, Casa Latinoamericana en Galicia, Asoc. de Peruanos, Asoc. Puente Cultural Rumano Gallego e Asoc. Ñane Reta Paraguay, son as responsables pola organización desta actividade.

Para máis información e contacto:

Alexandra Soto (Gondwana) – 605 154 073
MªCarmen Fidalgo (Casa Latinoamericana) – 687 368 314

miércoles, 23 de septiembre de 2009

Moción axuda adquisición de libros

EU Compostela volve a presentar unha nova moción o Concello da nosa cidade, pedindo axudas para adquisición de libros de texto e de material escolar para o curso recentemente comezado.


Tamén queremos poñer a vosa disposición o comunicado do Foro Galego de Inmigración, que na rolda de prensa realizada hoxe pola mañá, quixo facer unha denuncia pública da situación dunha persoa recentemente falecida en accidente laboral.

martes, 22 de septiembre de 2009

Plan Urbana Norte

Poñemos a vosa disposición o comunicado de prensa que dende EU Compostela facemos sobre o Plan Urbana Norte.

viernes, 18 de septiembre de 2009

ILP Queremos Galego

Hoxe tivo lugar en Santiago a rolda de prensa da plataforma Queremos Galego, na que se informou das distintas iniciativas que estar a levar a cabo, para a defensa da lingua galega, entre elas unha manifestación que terá lugar o próximo 18 de outubro en Santiago ademáis de impulsar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP).

Para a vosa información colgamos esta proposta de iniciativa:

miércoles, 8 de julio de 2009

Vulneración dereitos humanos

Na xuntanza mantida coa Secretaria de Estado de Inmigración, Consuelo Rumí, o luns 6 de xullo en Caldas de Reis quedou manifesto que as xuntanzas cos colectivos que traballamos coas persoas inmigrantes, ou os propios colectivos de persoas inmigrantes, son auténticos paripés, onde se debe asistir para dicir si a todo o que sae da boca dos "gobernadores".
Cando menos queda manifesta a verdadeira faciana do noso goberno en materia de dereitos humanos (xa manifesta cando votaron si a Directiva da Vergoña en Europa e cando dixeron sí, cando gobernaba o PP, a esta infumable Lei de Estranxeiría).

Claro está, ao mellor dirán que é o que desexa o pobo español. Agardamos que estean equivocados. Coa extrema dereita vivindo a gloria en Europa -ao igual que co ascenso dos fascismos que nos levou á II GM- e coa dereita rancia gobernando moitos feudos...que futuro se pode debuxar???

Reproducimos o comunicado do Foro Galego de Inmigración
*****
FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
COMUNICADO DE PRENSA
Varios Representantes do Foro Galego de Inmigración formado polas asociacións e entidades recollidas abaixo (máis de 80 asociacións e entidades de toda Galicia), presentaron onte Luns día 6 de Xullo nun acto celebrado en Caldas de Reis á Secretaria de Estado de Inmigración , Consuelo Rumí, as súas propostas en relación coa Reforma da Lei de Estranxeiría e con outras cuestións relacionadas coa política migratoria do Goberno Central:
-A Valoración global que facemos do Encontro é negativa. Non houbo interese por atender as nosas propostas, nin amosou a Secretaría de Estado receptividade algunha cara ás mesmas. Mesmo tentou deslexitimar ao Foro Galego de Inmigración como interlocutor. Por outra banda, a decisión de facer a Reforma, pendente do paso polo Parlamento, nos termos actuais está ben clara e mesmo parece que se van habilitar plenos no Parlamento Español no mes de Xullo coa finalidade de acelerar o proceso de aprobación da Reforma da Lei.
-A nosa oposición á Reforma da Lei basase en que entendemos que globalmente a Reforma proposta é fondamente restrictiva e negativa polas seguintes razóns:
1.- A importante limitación do reagrupamento familiar para ascendentes de residentes , que só se permite para os/as de longa duración (5 anos de estancia).
2.- A apertura da posibilidade de repatriación de menores inmigrantes basándose na garantía dos servizos de atención a menores dos países de orixe dos e das menores. Posibilidade moi discutible no caso de países como Marrocos, por exemplo.
3.- Recolle o intolerable aumento de prazo de estancia nos centros de internamento de estranxeiros ata os 60 días (antes eran 40) con posibilidade ademáis de incrementar esa estancia en determinados casos.
4.- E sobre todo porque basease na persecución sistemática da poboación inmigrante en situación de irregularidade administrativa e no peche das fronteiras. Establece así, ademáis, unha coartada legal para as actuacións de persecución contra esta poboación inmigrante residente no Estado español que xa dende hai varios meses veñen denuciado moi diferentes organizacións en diferentes partes do Estado.
Negámonos a aceptar esta visión intencionadamente “criminalizadora”, na que tanto insiste este proxecto do goberno central, sobre unha realidade, á da inmigración, tan fondamente positiva para o conxunto da poboación galega e española.

-Ademáis presentamos as nosas propostas para mellorar a Lei actual en cuestións non comtempladas na actual Reforma e que en realidade permitirían unha Lei moito máis respectuosa cos dereitos das persoas inmigrantes :
1.-Arbitrar algún sistema para que as persoas en situación de irregularidade administrativa puideran resolver a súa situación de acordo cunhas esixencias razoables.
2.-Establecer un modelo único de autorización de residencia (que habería que renovar periódicamente), que permitira sempre traballar e sen as actuais limitacións xeográficas ou de ocupación. Nesa liña urxiría tamén: Unha reforma do actual sistema de continxente, establecendo un modelo flexible, rápido e eficaz (trimestral ou mensual, con posibilidade de realizar ofertas de forma permanente por parte de empresari@s e empregador@s, de carácter autonómico, etc). Os catálogos de ocupación de difícil cobertura deben ser tamén máis flexibles, en ámbitos xeográficos e temporalmente.
3.- Aínda que a actual Lei contempla esta opción, a Reforma debe establecer de forma clara que as persoas en situación de irregularidade administrativa cometen unha falta administrativa pola que deben aboar unha determinada multa, pero non ten sentido a incoación de procedementos de expulsións para estas persoas que non cometen delicto algún. Disto se derivarían dúas medidas inmediatas: Eliminación dos Centros de Internamento. Incluir clausulas que garantan o tratamento d@s traballadores e traballadoras inmigrantes como vítimas, con dereito preferente e efectivo para obter autorizacións de residencia e traballo, nos casos de explotación laboral destes traballadores e trablladoras. A mesma consideración deben ter lóxicamente as mulleres ou homes obrigad@s a prostituirse.
4.- Relacionado co anterior parece importante establecer unha serie de supostos claros e amplos para as autorizacións excepcionais (mulleres e homes obrigad@s a prostituirse; vítimas doutros tipos de explotación laboral; mulleres vítimas da chamada violencia de xénero; persoas adultas ou menores en situación de desamparo ou dependencia; persoas con enfermidades graves; etc). O Catálogo debe ser amplo e flexible.
5.- Garantir en todo caso o acceso aos dereitos básicos para todos e todas, tamén para as persoas que transitoriamente se atopen en situación de irregularidade administrativa, supón o acceso en condicións de igualdade aos servizos públicos de educación, sanidade (garantir o acceso a tarxeta sanitaria) e de benestar social e inclusión social: rendas mínimas e outras axudas sociais.
6.- A Lexislación debe garantir dereitos das persoas, recoñecidos pola ONU e por outros organismos e institucións internacionais, nas actuacións de control en portos, aeroportos, estradas, etc.
7.- Unha demanda importante sería tamén o establecemento dun Observatorio Independente do Racismo e da Xenofobia, con obriga de presentar diante do Parlamento anualmente un Informe Público e detallado sobre as situacións de Racismo e Xenofobia detectadas ou denunciadas no conxunto do Estado Español.Insistimos, por último sen obter tampouco compromiso algún por parte da Sra Secretaria de Estado de Inmigración na necesidade de frear o proceso de persecución policial contra o colectivo inmigrante que este Foro ven denunciado nos últimos meses en Galicia.

martes, 7 de julio de 2009

A cuarta urna

A CUARTA URNA. A PARTICIPACIÓN DO POBO NA DEMOCRACIA vs O SECUESTRO DA DEMOCRACIA POLA OLIGARQUÍA

Os tempos, desde este domingo 28 á noite, cando voitres enmascarados e alimentados pola ignorancia secuestran e expulsan de Honduras ao presidente Zelaya, semellan planificados pola voracidade da tecnoloxía.

Voracidade porque a velocidade informativa agolpa todo un explosivo cóctel de mensaxes difusas e impide reflexionar sequera as respostas cando aínda non se teñen todos os elementos de análise ao alcance da reflexión e da valoración crítica.

Esa voracidade provocou todas as primeiras reaccións, sexan de corte dubitativo e deliberadamente ambiguo (a administración Obama en xeral, explicable polos desexos de Zelaya de converter á importante base militar estadunidense de Soto Cano (Palmerola) en aeroporto civil e, xa que logo, de expulsar aos militares de aí, vid. Artigo de Eva Golinger, “La base militar de EEUU en Honduras em el centro del golpe”, Rebelión, 2-7-09), de defensa do goberno de Roberto Micheletti imposto polos golpistas (CNN, e mesmo algunhas entrevistas en televisións públicas que deste xeito lle conceden un crédito que non debera ter), ou de defensa apoloxética do presidente deposto Manuel Zelaya (a meirande parte dos diversos comunicados que realizou a orbe mundial).

Para quen escribe o primeiro son os dereitos humanos, os dereitos do pobo hondureño agora mesmo sacudidos pola irrupción golpista.

Non caiamos na tentación de culpar unicamente ao exército, xa que é o medio do que se nutren os poderosos instalados no cumio piramidal da sociedade hondureña desde sempre. Dito doutro modo: no fondo, os dereitos humanos, os dereitos do pobo hondureño sempre estiveron sometidos a recurte e limitación, cando non a violación. De aí a importancia da viraxe cara á esquerda, cara ao social experimentada por Manuel Zelaya.

Como di Miguel Castillo no seu artigo de hoxe en Rebelión, o Congreso, a Corte Suprema de Xustiza e o alto mando militar, os principais medios de comunicación, o sector produtivo, empresarial e comercial, todo está em mans da oligarquía. Hai algún país no que non sexa así, preguntámonos? Hai algún país de tradición neoliberal no que as institucións democráticas non estean dominadas polas oligarquías e gobernadas de cóstas ás necesidades reais da poboación?

Honduras representa de forma paradigmática cómo as estruturas democráticas, cando controladas e monopolizadas pola oligarquía, están ao servizo dos poderosos e cómo, cando se ven sacudidas para que penetre algo de luz, de transparencia, de democracia real, esas estruturas, xa viciadas, seguen amosando a súa faciana antipobo digno do totalitarismo fascista: de aí as constantes ordes de captura emanadas pola Corte Suprema contra líderes populares como Rafel Alegría, Carlos H. Reyes, ou o propio Manuel Zelaya; e máis recente, os disparos reais efectuados polas forzas represoras contra os manifestantes que, de forma pacífica, reclamaban o retorno do presidente constitucional; disparos que se levaron cando menos dúas vidas.

O problema salta cando un presidente decide non someterse a ese poder e confiar o poder verdadeiro dunha democracia ao pobo. Por iso, unha simple enquisa dirixida ao pobo, para que participe e se exprese sobre a reforma constitucional depositando o seu parecer no que se chama a “Cuarta Urna”, fixo tremer os alicerces da oligarquía e desencadeou o golpe. Nada hai de ilegal nesta consulta, xa que se trata dunha pregunta para que se poda realizar outra pregunta. Nada vulnera a Constitución hondureña como din os oligarcas e seus axentes. Pero a Oligarquía ten medo á democracia verdadeira, porque ten exemplos sobrados de cómo as urnas constrúen en países veciños proxectos sociais, proxectos de esquerdas, realizados co pobo e non de cóstas a el. Eis o motivo fundacional, entroutros.

O pobo de Honduras sabe que non está só e sabe que se xoga moito neste golpe de estado: xógase ter voz de verdade na construción da súa sociedade. Xógase a posibilidade de acadar unha Asemblea Nacional Constituínte encargada de redactar unha nova Constitución. De aí, as manifestacións multitudinarias e a frontal oposición interior ao goberno de Micheletti, quen busca ser aprobado mediante todas as vías posibles....coa participación dos grandes grupos mediáticos que sementaron desde hai tres meses o escenario político de xenreira cara a “cuarta urna” e crearon as condicións precisas para demonizar a Manuel Zelaya e para que se producira o golpe de estado do domingo 28 de xuño (vid. Y. Ron / M. Rodríguez, El golpe cocinado em el fuego mediático. La jugada final de la prensa hondureña, xuño 2009, descargable en Rebelión).

Pero non nos abraiemos de forma inxénua. Aprendamos do comportamento do pobo hondureño. Ollemos mesmo os nosos intestinos democráticos e pensemos en todo o que acontece mediatica e socialmente cando se insinúa a posibilidade de reformar a constitución española para dar cabida a novos dereitos, ou para avanzarmos no recoñecemento de dereitos para a poboación migrante (voto activo e pasivo, por exemplo), ou para incluír a eutanasia como un dereito, etc, ou, simplemente, que acontecería se un presidente do estado español se animase a convocar un referendo sobre se queremos seguir sendo unha monarquía ou unha república, onde ninguén estea por riba do pobo... E entenderemos que o acontecido em Honduras non é nada raro.

Desde estas liñas queremos solidarizarnos co pobo hondureño que loita para que se lle dea voz, para que se lle recoñezan os seus dereitos, de expresión e participación. Apoiamos a lóxica aspiración do pobo de liberarse da soga oligarca e o seu lento e duro camiñar ata situarse lonxe do abafo mercantilista e chantaxista que quere establecer a cosmocracia neoliberal en Honduras. Queremos que volva Zelaya e que teña a valentía de seguir coa idea inicial: o sacrificio valente do seu pobo meréceo. Todo o que supoña abandono deste proxecto significará o triunfo dos oligarcas e a derrota,xa que logo, da democracia real.

Xabier Ron
(unha primeira versión publicouse en Altermundo, 2-xullo-2009)

jueves, 4 de junio de 2009

Moción Marcos Ana

EUCOMPOSTELA PRESENTA 23 RAZÓNS PARA QUE MARCOS ANA ACADE O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA

Dende EU Santiago unímonos a proposta da Universidade de Granada para que se recoñeza a valía de Marcos Ana, como exemplo de reconciliación e xenerosidade; polo que pedimos o Concello da nosa cidade que aprobe a moción que hoxe presentamos e que poñemos a vosa disposición.

martes, 26 de mayo de 2009

Videos IU

Proseguindo coa campaña electoral das europeas 2009, deixamos a vosa disposición o spot de Izquierda Unida para estas eleccións, e a continuación os enlaces para máis videos de carácter irónico.

primer enlace http://www.youtube.com/watch?v=nD2mOMKoyCM
segundo enlace http://www.youtube.com/watch?v=fvYIafneKRw

viernes, 15 de mayo de 2009

Moción dereitos LGTB

NOVA MOCIÓN DE EU COMPOSTELA
Este venres presentamos unha moción na que esiximos que todas as intitucións, e en concreto o Concello da nosa cidade prosiga a loita polo afortalamento dos dereitos do colectivo LGTB.

jueves, 14 de mayo de 2009

Manifestación Queremos Galego

Dende EU Compostela queremos recordarvos a manifestación en defensa do galego, que terá lugar o domingo e que partirá da Alameda da nosa cidade.

lunes, 4 de mayo de 2009

Aberración en Caramoniña

ABERRACIÓN URBANÍSTICA EN CARAMONIÑA

Dende EU Santiago queremos deixar, a vosa disposición, a resposta que o Concello nos remitiu respecto a aberración urbanística que denunciamos en Caramoniña ( se queredes recordar de que falamos podedes ver nos temas do noso blog a que nos referimos buscando urbanismo ou caramoniña).

Nesta reposta, en primer lugar, queren deixar claro que esta obra cumple a normativa vixente e ten as licencias pertinentes, algo que dende EU Santiago supoñíamos obvio pero alégranos que nos corroboren que este Concello cumple coa lei.

Tamén queren deixar constancia que esta actuación cumple como ben de utilización pública, algo que pode estar reflexados nos papeis pero dende EU Santiago seguimos discrepando.

E por último, e para nós o máis importante, este escrito non da resposta a nosa principal queixa, que argumento xustifica a fenda provocada nun muro centenario, para un uso de acceso a un parque público, no que a escasos centenares de metros, desta aberración urbanística, se atopan dúas entradas que non agreden a estructura deste parque.

viernes, 24 de abril de 2009

Moción aparcadoiros bicicletas

NOVA MOCIÓN DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA

Proseguimos co noso traballo e hoxe presentamos unha nova moción, na que reflexamos o noso interés por fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Documentais

Poñemos a vosa disposición dous documentais que vos poden interesar.

O primeiro titúlase Zeitgeist The Movie, no que se poden distiguir tres partes, nunha fálase dos mecanismo no que se sustenta o sistema capitalista, noutra sobre a relixión e por último sobre o 11 S (tarda en comezar)

O segundo Zeitgeist, Addendum, que se centra nos procesos do sistema capitalista, ofrecendo ideas suxerentes, e tal vez cuestionables, pero a ter en consideración.

viernes, 20 de marzo de 2009

Contra o Plan Boloña

DETEÑAMOS O PROCESO DE BOLOÑA


Comunicado de Esquerda Unida ante as mobilizacións universitarias
Ante as mobilizacións que protagonizan milleiros de estudantes en toda España e noutros países europeos contra o chamado "proceso de Boloña", Esquerda Unida desexa facer chegar ao conxunto da cidadanía o seu apoio a ditas mobilizacións, que responden a unha lexítima e xustificada preocupación pola implantación de novos plans de estudo sen un amplo e fondo debate coa participación activa de toda a comunidade universitaria.
Así mesmo queremos manifestar o seguinte:
- Defendemos unha transformación profunda da Universidade, entendida como servizo público aberto a toda a cidadanía, que non busque a “competitividade”, senon a calidade e a cooperación con todo o mundo. E que non estea supeditada aos intereses do mercado, senón orientada á formación de persoas creativas e críticas cunha elevada formación cultural e profesional, como mellor garantía para impulsar un desenvolvemento social e ecoloxicamente sustentable que posibilite unha saída real da crise.
- Esiximos financiación pública suficiente non só para acometer realmente as transformacións pedagóxicas e curriculares necesarias, senón sobre todo para garantir un sistema de becas-salario e axudas ao estudo que faga realidade a “dimensión social” da educación superior, asegurando que todo estudiante poda completar todos os estudos superiores sen obstáculos derivados da súa orixe socioeconómica. Para isto requírese incrementar os fondos destinados ás universidades públicas ata chegar ao 2% do PIB.
- Rexeitamos toda pretensión de mercantilizar a educación superior, ben sexa facendo repousar a súa financiación nas “achegas” de empresas privadas, ben sexa mediante a apropiación privada dos recursos públicos, a través de mecanismos como as “spin-off” (transferencias da investigación con fondos públicos á empresa privada) que tan ben coñece e alenta a Sra. Garmendia.
- Compartimos a reivindicación de distintos estamentos universitarios que piden a paralización das reformas en marcha ata que unha verdadeira discusión pública esclarexe o seu sentido xeral e o seu contido preciso.Por todo isto, en consonancia co amplo traballo político e social realizado pola mocidade de EU-IU no seo do movemento estudantil, convocamos á sociedade en xeral a participar activamente nas mobilizacións contra a implantación do proceso de Boloña, e de maneira especial a apoiar a folga e manifestación deste 12 de marzo e as futuras encamiñadas a parar o proceso.
Por unha Universidade pública, gratuita e democrática ao servizo do coñecemento e das necesidades sociais
Contra toda forma de mercantilización da educación superior
Por un debate aberto e participativo sobre a reforma universitaria
STOP BOLONIA

sábado, 14 de marzo de 2009

Canal Youtube de EU Compostela

EU Compostela abre canal en Youtube

Deixámosvos o primeiro video que colgamos no noso canal de youtube, do que tedes o enlace na marxe dereita.

viernes, 13 de marzo de 2009

Moción sinalización vertical pasos peóns

EU Compostela presenta unha nova moción

Proseguimos con noso traballo e hoxe en representación de EU Compostela o noso coordinador comarcal, Xabier Ron, presentou un moción de "Sinalización vertical dos pasos de peóns"




martes, 10 de marzo de 2009

Apoio a AVV As Brañas de San Andrés


Onte, luns 9 de marzo, ás 19h, a Asociación de Veciños de As Brañas de San Andrés realizou unha protesta para esixir dunha vez a apertura do local social, o cal está rematado desde hai anos e ao que non se quere dotar dos mobles imprescindibles para que os veciños e veciñas podan dispoñer dun lugar axeitado para desenvolver a súa vida asociativa.

Esquerda Unida, a través de Xabier Ron, coordinador comarcal, e de José Díaz e José María Tubío, membros do concello comarcal, quixo apoiar a protesta que consistiu nunha clase de informática ao aire libre a uns escasos metros de onde está o local social e transmitirlle á Asociación a súa solidariedade e apoio.

Triste é que os veciños e veciñas se vexan na obriga de levar a cabo tales accións. Debemos lembrarlle ás autoridades que o asociacionismo ten dereitos e que, desde logo, non é de recibo dispoñer dun local restaurado desde hai anos e non poder utilizalo por desidia das administracións públicas.

Agardamos desde Esquerda Unida que a protesta surta efecto e que, en breve, o local poda ser inaugurado pola Asociación de Veciños de As Brañas de San Andrés.

lunes, 9 de marzo de 2009

Defensa igualdade

EU COMPOSTELA PROSIGUE A SUA LOITA POLA IGUALDADE.

Onte, mulleres e homes de EU Compostela, apoiaron a manifestación do 8 de marzo, na que centenares de persoas volveron a esixir a igualdade real entre homes e mulleres, e que se poña fin o sistema patriarcal que segue oprimir ás mulleres de todo o mundo.

por outra banda queremos deixarvos estos dou videos, o primeiro e a intervención de Cayo Lara no Foro de Nueva Economía, o segundo e un video no que as palabras deixan o seu lugar as imaxes.


Para rematar deixámosvos enlaces a dous blogs, un de Julio Anguita o segundo de Cayo Lara
http://larepublica.es/firmas/blogs/index.php/julioanguita
http://larepublica.es/firmas/blogs/index.php/cayolara/

domingo, 8 de marzo de 2009

Manifesto polo 8 de marzo

MANIFESTO EU SANTIAGO NO DÍA DA MULLER

Aínda que xa manifestamos que o Goberno do PSOE está máis preocupado pola imaxe que polas políticas reais de cambio e transformación, a realidade preséntase moito máis crúa do que pensabamos conforme vai avanzando a lexislatura.

Fronte a esta realidade que non queremos, desde a Área da Muller de EU-IU seguimos esixindo:

=> A creación do Ministerio da Muller para o desenvolvemento en exclusiva de políticas de igualdade e non un Ministerio de Igualdade sen obxectivos, nin concrecións políticas.

=> Polo menos, o 5 % dos Orzamentos Xerais do Estado en políticas de muller, executadas transversalmente, e non proxectos e/ou plans sen valoración económica.

=> Un Consello Estatal das Mulleres, conformado de forma autónoma e exclusiva por asociacións de mulleres e non un consello tutelado e dirixido polo Goberno e a Administración.

=> A incorporación da perspectiva xénero en todas as políticas públicas e non un mainstreaming, sen persoal nin orzamento.

=> A despenalización da interrupción voluntaria do embarazo, cunha regulación que asegure a libre decisión das mulleres e o seu desenvolvemento na rede sanitaria pública, fronte a unha proposta de Lei do Goberno baseada en prazos e supostos que seguirán limitando o dereito das mulleres a decidir.

=> A paridade en todos os ámbitos de decisión e non unha lei de igualdade que, como non obriga, non se cumpre.
=> Un Pacto de Estado contra a violencia de xénero que afronte o problema desde todas as súas manifestacións e non unha lei que fracasa porque non atalla a violencia de forma realmente integral.

Un fondo suficientemente dotado que cubra todas as pensións impagadas e non un anticipo, con asignacións económicas ridículas e que deixa fóra a unha gran cantidade de mulleres afectadas.

=> Traballar en profundidade pola abolición da prostitución e non limitarse a un plan contra a trata da seres humanos, que non atendeu nin as recomendacións da comisión mixta Congreso-Senado.

=> Aposta polo público e acceso das mulleres ao emprego digno, e igualdade na promoción e o salario, fronte aos empregos subalternos e a unha desigualdade salarial entre homes e mulleres que acada o 30 % de media

=> Unha norma que responsabilice aos servizos públicos da atención das persoas dependentes e non unha lei de dependencia que pretende seguir mantendo e relegando ás mulleres ao rol de coidadoras.

=> Igualdade de dereitos para as mulleres inmigrantes e derogación da Lei de Extranxería que as somete a unha dobre discriminación (en moitos casos non poden ter permisos propios senón que dependen dos do marido).

=> Modificación da Lei de Separación e Divorcio, que impón custódia compartida contra a opinión da maioría das organizacións de mulleres.

=> Un ensino realmente coeducativo, que prime a calidade da educación, a laicidade e os valores de solidariedade e igualdade.


En definitiva, desde ESQUERDA UNIDA ESIXIMOS que a
igualdade entre mulleres e homes non se quede en intentos, senón que sexa unha realidade ¡xa

viernes, 6 de marzo de 2009

Manifestación 8 de marzo

Esquerda Unida Compostela adhírese á manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres en Compostela, onde tamén estará o Foro Galego de Inmigración. A manifestación sairá da Praza do Toural para dirixirse á Praza 8 de marzo.

Animamos a todas as mulleres e a todos os homes a que loiten e fagan visible esa loita co seu compromiso e solidariedade na manifestación. Aínda queda moito por facer, moitas inxustizas que impedir, moita desigualdade que eliminar e moita violencia sobre a muller que erradicar.

miércoles, 4 de marzo de 2009

Valoración resultados electorais

Esquerda Unida Compostela encara con optimismo o seu futuro

Os resultados electorais do 1 de marzo confirman a tendencia positiva da nosa agrupación na cidade de Compostela.

Os 856 votos acadados na nosa cidade case duplican o número de votos das Eleccións Autonómicas do 2005. Este progresivo aumento, xa reflictido en anteriores comicios, anímanos a seguir traballando de cara ás vindeiras Eleccións Municipais do 2011.

Este crecemento prodúcese nunha campaña electoral marcada por unha dura polarización mediática que excluiu á nosa organización e non a outras forzas extraparlamentarias que contaron con maior presenza mediática.

Coñecedora destes obstáculos, que vulneran a pluralidade democrática, Esquerda Unida realizou unha campaña de contacto, na rúa, explicando o programa, achegando as propostas alternativas ao sistema capitalista de forma clara e directa.

Esquerda Unida é unha organización eminentemente municipalista. E esta circunstancia é a que explica a tendencia ao crecemento dos últimos comicios. Esquerda Unida seguirá traballando para achegar solucións aos problemas dos veciños e veciñas de Compostela.

lunes, 2 de marzo de 2009

Valoración resultados electorias en Galicia

VALORACIÓN DAS ELECCIÓNS DE ESQUERDA UNIDA
Esquerda Unida unha forza en ascenso en Galicia

HISTÓRICA PARTICIPACIÓN
Esquerda Unida valora a histórica participación nesta chamada ás urnas, o que incide na madurez democrática do pobo galego, acadando unha porcentaxe do 70,19 %.
O BIPARTITO PERDE O GOBERNO POLO CONTINUISMO NAS SÚAS POLÍTICAS
As políticas continuistas do bipartito xeraron frustración na esquerda e non foron quen de construir a alternativa no noso país. Estas políticas son as responsables da perda dos deputados do bipartito.

ESQUERDA UNIDA FORZA DE ASCENSO EN GALICIA
Neste contexto Esquerda Unida, a pesar da concurrencia doutras formacións políticas e da bipolarización política entre o bipartito e o PP, foi quen de mellorar os seus resultados electorias , en número de votos e en porcentaxe.

O DISCURSO DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTOU DURANTE A CAMPAÑA QUE O BIPARTITO NON COÑECÍA O NOSO PAÍS.
Con certeza, ESQUERDA UNIDA amosou en todos e cada un dos seus actos a distancia existente entre o bipartito e a realidade da sociedade galega , distancia que se amosaba na propia campaña pola falta de propostas e iniciativas políticas ante a crise e o desencanto da esquerda.

ESQUERDA UNIDA AFRONTA CON NOVOS FOLGOS ESTA NOVA ETAPA POLÍTICA
ESQUERDA UNIDA á vista destes resultados é consciente do espazo político existente en Galicia, espazo humilde, pero en constante crecemento . Por elo, esta formación política continuará na defensa da REFORMA ELECTORAL no noso país , trucado no día de hoxe, por non existir a democracia. A desigualdade dos votos, a barreira legal situada no 5%, o voto da emigración, as circusncripcións electorais impiden unha realidade plural e igualitaria en Galicia.
Con folgos e propostas continuaremos loitando para mudar este realidade.
Compostela, 1 de marzo de 2009


ANTE A PRIMEIRA COMPARECENCIA DE FEIJOO

Esquerda Unida agarda que se cumpran as palabras do futuro presidente

Á vista das primeiras declaracións de Alberto Núñez Feijoo relativas ao proceso de crise que vive o noso país e as súas manifestacións sobre a convocatoria a todas as formacións políticas de Galicia, ESQUERDA UNIDA agarda ser chamada á mesma tendo en conta que fomos a única formación política que presentou un PLAN ESTRATÉXICO PARA A CREACIÓN DE EMPREGO E A REXENERACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE GALICIA.
Asi mesmo, confiamos en que no relativo á rexeneración democrática de Galicia igualmente chame a ESQUERDA UNIDA para concordar nunha futura REFORMA DA LEI ELECTORAL, DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA e mesmo a MEMORIA HISTÓRICA, toda vez que, como é sabido, foi ESQUERDA UNIDA a organización política que en tempos do bipartito presentou unha reforma electoral ambiciosa para democratizar o país e no mesmo sentido presentou ante a comisión parlamentaria un texto de ESTATUTO.

ESQUERDA UNIDA, desde o seu humilde resultado, pero n aliña de crecemento que vén manifestando, seguirá defendendo políticas de esquerdas que sigan defendendo a traballadoras e traballadores e ao conxunto da sociedade en xeral, achegando propostas como veu facendo até o de agora desde unha posición de esquerdas alternativa e transformadora.

Compostela, 1 de marzo de 2009

sábado, 28 de febrero de 2009

Informe Fava


O INFORME FAVA SANCIONA ÁS PERSOAS MIGRANTES EXPLOTADAS MÁIS QUE AOS EXPLOTADORES

O informe que se aprobou o 19 de febreiro (INFORME sobre a proposta de Directiva do Parlamento Europeo e do Consejo pola que se establecen sancións aplicables aos empregadores de residentes ilegais nacionais de terceiros países), que establece sancións contra os empresarios que utilizan inmigrantes clandestinos, castiga aos explotados máis que aos explotadores. Non ofrece sequera a posibilidade aos inmigrantes en situación irregular, unha vez o empregador foi denunciado, de regularizar a súa situación e, aínda peor, diríxeos directamente aos procedementos de expulsión.O grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica votou en contra deste informe porque reproduce sistematicamente as hipocrisías da Europa-fortaleza.
Existen ao redor de 6 millóns de cidadáns non europeos, o que supón un 1% da poboación da UE, forzados a vivir en situacións irregulares. Estas persoas están integradas no mercado laboral, contribúen á nosa economía pero están sometidas a condicións de explotación a pesar de que efectúan tarefas que case ningún europeo quere realizar. Europa necesitará, segundo a Comisión europea polo menos 50 millóns de traballadores inmigrantes ata 2060 para contrarrestar o déficit demográfico, pero a Unión Europea elixe non crear unha política sobre a inmigración legal ou non regularizar a aquelas persoas que xa viven en Europa e que están integradas nas nosas cidades.
Este informe segue perfectamente os principios da Directiva de Retorno e determinará o aumento do número de inmigrantes en situación irregular na UE, por iso votamos en contra do mesmo. Opinión minoritaria GUE-NGL O enfoque da proposta é—en liña de continuidade coa Directiva de Retorno, á que nos opuxemos con firmeza— equivocado e contraproducente porque: – é represivo con respecto ao eslabón máis débil, a persoa migrante;– non é a solución do problema, a saber, que entre 4,5 e 8 millóns de traballadores migrantes en Europa se vexan obrigados a traballar en situación irregular a causa do seu estatuto;– baséase nun fundamento xurídico para combater a “inmigración ilegal” e non simplemente o traballo non declarado.
O resultado deste compromiso permitirá aos Estados membros castigar severamente ás persoas migrantes, non protexendo da expulsión e non prevendo de maneira xeralizada a regularización de quen denuncia a explotación. Para aqueles que son responsables da explotación, as normas negociadas sancionan unicamente casos de extrema gravidade, ademais mediante disposicións sumamente vagas (o que pon en dúbida a súa conformidade cos principios fundamentais do Dereito penal).
O único punto positivo do compromiso parece ser a disposición pola que se exclúe das subvencións públicas aos empregadores que explotan a persoas migrantes. Cremos que a proposta é perxudicial para as persoas migrantes e contraproducente respecto da necesidade dunha política común para facilitar a entrada e a estadía regular.

Entrevista a Yolanda Díaz

Entrevista a Yolanda Díaz

miércoles, 25 de febrero de 2009

Carta aberta de Yolanda Díaz

Colgamos esta "CARTA ABERTA DE YOLANDA DÍAZ A GALEGAS E GALEGOS ANTE O 1 DE MARZO"

Prezada cidadá
Prezado cidadán
A revolución é un retorno do ficticio ao real
(Os Miserables, Víctor Hugo )

Hai un país invisible, que non ten reflexo nas institucións galegas, no Parlamento, hai un país ao que non se lle deixa falar e propoñer porque posúe a ousadía de imaxinar e a vontade de construír unha nación distinta e mellor, que sabe do valor da dignidade da persoa, da importancia dos dereitos económicos, sociais e culturais para tracexar os vieiros do noso porvir. Ese país invisible merece ter un asento, ter unha voz propia no Parlamento de Galicia, na sede do poder galego.

Agochado polos grandes medios de comunicación e situado extramuros do Hórreo, ese país invisible sabe do valor do emprego estable e con dereitos para poder construír un proxecto de vida, para cohesionar no social o noso país. Ese país invisible recoñece que se pode vivir en armonía coa fermosura da nosa terra sen devastala e depredala cunha práctica desenvolvista só atenta aos beneficios privados a curto prazo. Ese país invisible afirma a vontade de fornecer o noso autogoberno nacional e ampliar os dereitos sociais recollidos no Estatuto. Ese país invisible posúe unhas cualidades formidables para transformar o mesto orballo da resignación que os catro anos de lexislatura produciron tralo solpor do fraguismo.

A dignidade de recoñecermos cidadanía traballadora dunha nación que se quer libre require dun compromiso mutuo. Sei que pesa a decepción destes anos, mais sabemos que a vosa participación e sufraxio é indispensable para transformar realmente o noso país no eido social, da sustentabilidade, e do autogoberno.

Non nos imos conformar coas renuncias de tres partidos xunguidos pola política que só acepta unha única cor apenas con matices. Para crear emprego estable e con dereitos e conquerir unha saída social á crise. Para obter un novo Estatuto que amplíe dereitos e afirme a noso autogoberno nacional. Para defender uns servizos públicos universais e de calidade, creadores de emprego e benestar. Para preservar o noso territorio da voracidade destrutora do capital. Para construír unha cultura pola base e de carácter social, crítica, ferramenta de transformación social. Bimbios para facer realidade a feraz imaxinación dese país invisible ao que pertencedes. Para semellantes tarefas pídovos o voto e anímovos a seguir participando de xeito crítico na vida social da nosa nación logo do primeiro de marzo. Da nosa mobilización vai depender que a alternativa que representan as nosas políticas se faga visible. Pídovos a vosa colaboración para espallar pola rede esta petición e superar deste xeito os muros do poder mediático e acadar que Esquerda Unida, que o país invisible do que formamos parte entre no Parlamento Galego.

Trátase, en resumo, de darlle unha oportunidade á esperanza desde país crítico, lúcido, insubmiso -ese país invisible- que, ao abeiro da risa e da transgresión do entroido, traballa de cotío arreo para sermos libres e xustos nos anuncia, en sixilo pero coa firmeza invencible dunha historia secular, que os tempos son chegados.

Grazas pola vosa atención e a vosa confianza.


Asdo. Yolanda Díaz Pérez

lunes, 23 de febrero de 2009

Aberración urbanística en Bonaval

ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A ABERRACIÓN URBANÍSTICA EN BONAVAL

Hoxe, en representación de EU Santiago, o noso coordinador Xabier Ron presentou unha pregunta o Concello de Santiago sobre o acontecido no parque de Bonaval e, acompañado por Xesús Redondo Abuín, un escrito de denuncia no Valedor do Pobo.

Deixámosvos, para que podades informarvos, os documentos presentados e as fotos que demostran o que denunciamos.









viernes, 20 de febrero de 2009

Vídeos electorais

Colgamos varios videos da nosa organización.

O primero titúlase "A vida segue igual en Galicia"

Neste recordamos o noso acto de inicio de campaña

E por último un pouco de publicidade

miércoles, 18 de febrero de 2009

Mitin Castiñeiriño


Tamén queremos informarvos que manán ás 18:00 na nosa sede, rúa Dublín 8 baixo, o Foro Galego de Inmigración presentará a sua Proposta de temas para presentar aos candidatos ás Eleccións Galegas.
Aquí vos deixamos as medidas que esixen o futuro goberno da nosa Terra:
1.- Deseñar e desenvolver unha política propia a nivel autonómico, contando co colectivo e as súas demandas. Incluír vía reforma estatutaria a posibilidade da concesión das autorizacións de residencia e traballo iniciais (os estatutos de Cataluña e Valencia xa recollen esta posibilidade).

2.- Garantir o acceso aos servizos públicos básicos: educación, saúde, vivenda e benestar social, en condicións de igualdade respecto ao conxunto da poboación. Esta garantía debe incluír ás persoas inmigrantes residentes en Galicia que transitoriamente se atopen en situación de irregularidade administrativa. Do mesmo xeito, a actual conxuntura de crise económica non pode supoñer merma algunha para os dereitos da poboación inmigrante residente.

3.- No campo especifico da educación: medios económicos e sobre todo humanos para o desenvolvemento de planos de acollida do novo alumnado inmigrante que eviten as situacións de fracaso escolar especialmente no ensino secundario obrigatorio. As actuacións deben abranxer ás familias do alumnado e tamén o fomento de valores interculturais entre o conxunto da comunidade educativa. Propoñemos a creación da aulas de integración para o alumnado recen chegado.

4.- No campo específico da saúde: Solicitamos a facilitación dunha tarxeta sanitaria para aquelas persoas que non teñen a posibilidade de poder acceder ao sistema de saúde por falta da documentación necesaria. Cremos que o discurso sanitario ten que cambiar para que a atención se faga tanto desde o Dereito Universal á Saúde, como desde A Convención Europea de salvagarda dos dereitos humanos e liberdades fundamentais, e o respecto aos principios a Declaración de Alma Alta, un compromiso global para aplicar o dereito humano á saúde, e non desde a achega económica ou a sensibilidade política. Por último reivindicamos a formación tanto dos profesionais en temas de estranxeiría como dos inmigrantes en tema de utilización da rede asistencial de saúde para poder acadar o obxectivo de saúde para todos.

5.- No campo específico da vivenda: estender nos casos en que isto non se produce o acceso de toda a poboación inmigrante residente, independentemente da súa situación administrativa, aos programas de axuda para acceso á vivenda en réxime de alugueiro ou de propiedade. Evitar e perseguir os abusos e discriminacións que neste campo se están a producir na actualidade por parte dos propietarios e propietarias privadas (fianzas e avais abusivos).

6.- No eido específico dos servizos de benestar social: os servizos e prestacións recollidos na Lei de Servizos Sociais de Galiza ou na futura reforma da Lei Galega de Medidas Básicas para a Inclusión Social (nomeadamente a RISGA) deben estar garantidos para o conxunto da poboación inmigrante, tamén para a que se atopa transitoriamente en situación de irregularidade administrativa.

7.- No ámbito laboral, moi sensible para o colectivo inmigrante, porque é o medio fundamental para poder conseguir ou manter as autorizacións de residencia e pola actual situación de crise económica: manter o principio da igualdade de dereitos e deberes respecto ao conxunto da poboación traballadora; evitar, denunciar e perseguir a explotación laboral de traballadores e traballadoras inmigrantes; establecer catálogos de ocupacións de difícil cobertura que respondan á realidade do mercado laboral galego; promover programas de inserción laboral específicos para este colectivo cando sexa necesario e garantir o acceso en condicións de igualdade ao conxunto de actuacións dirixidas á loita contra o desemprego.

8.- Compre tamén unha política de xénero que recolla a situación específica das mulleres inmigrantes en xeral e dalgúns colectivos en situación de especial indefensión como as empregadas de fogar, mulleres que exercen a prostitución ou obrigadas a prostituírse, mulleres vítimas da violencia de xénero. En todos estes casos, a situación transitoria de irregularidade administrativa é un fondo lastre que os servizos públicos deben axudar a superar de forma efectiva: con igualdade de dereitos no acceso aos servizos e recursos existentes e/ou coa posta en marcha de novos servizos e recursos se son necesarios.

9.- Perseguir e denunciar de forma contundente posibles actuacións discriminatorias ou de contido racista realizadas polas diferentes administración públicas e tamén por particulares de calquera tipo. Actuacións que deben estenderse tamén para o conxunto das chamadas minorías étnicas.

10.- Deseñar planos de actuación específicos que permitan a axeitada integración do colectivo inmigrante nos ámbitos educativos, laborais e sociais en xeral, con orzamentos axeitados e coa extensión efectiva da figura dos mediadores interculturais ao conxunto dos concellos de Galicia. Promover nos concellos o desenvolvemento de Planos locais e/ou comarcais de convivencia intercultural co mesmo obxectivo.

11.- Impulsar a nivel estatal as actuacións orientadas a conseguir o dereito de voto para a poboación inmigrante residente legal e tamén promover e intermediar coas subdelegacións de goberno e cos corpos e forzas de seguridade do estado, para a persecución efectiva dos actos delictivos que aproveitan á situación de indefensión dunha parte alomenos da poboación inmigrante. Do mesmo xeito, incidir e evitar a persecución da poboación inmigrante residente en situación transitoria de irregularidade administrativa.

12.- Compre artellar medidas para que o colectivo chamado de emigrantes retornados teñan acceso sen atrancos ás prestacións e servizos que lle corresponden pola súa condición de galegos e galegas de orixe. Como o acceso a tarxeta sanitaria, independentemente do pais que veña, ou a situación (pensión por enfermidade, accidente o xubilación) Na actualidade están a darse situacións de falta de ingresos e polo tanto de pobreza e exclusión social entre persoas que adoitan ter unha idade e situación que fai extraordinariamente difícil o acceso ao noso mercado laboral, polo que debe estenderse o tempo de duración das prestacións e axudas que teñen na actualidade. Estender tales actuacións coas familias desas persoas cando non teñen nacionalidade española.

13.- Este Foro e as organizacións e entidades que o conforman, loitan pola defensa dunha sociedade galega intercultural, como realidade xa, e como expectativa dun futuro mellor e cheo de oportunidades para todos e todas. Gustaríanos que os partidos políticos que concorren ás eleccións do 1 de Marzo e os seus principais candidatos de forma explícita fixeran referencia e aposta a prol dunha sociedade galega intercultural con igualdade de dereitos, oportunidades e deberes para todos e todas independentemente da súa procedencia e condición.

martes, 17 de febrero de 2009

Eleccións

REVELA A REALIDADE, REBÉLATE

Como sabedes ese e o noso lema de campaña, e onte, nas cancelas, foi a "excusa" que Xabier Ron utilizou para explicar o programa electoral có que se presenta a nosa organización.

Como se escoitou onte nas Cancelas dende EU queremos revelar a realidade, é dicir, mostrar que o cambio do bipartito, non cambiou nada. Revelar que a nosa Terra segue a ser esquilmada pola voracidade do ladrillo, polo plan acuicola, por depuradoras que se prometeron e que non se contruiron ou non funcionan convenientemente e por outras moitas accións que o PP antes e agora o bipartito non poden ou non queren atallar. Revelar que os servizos públicos seguen a molestar os partidos que gobernan nesta Terra, proseguindo coas privatizacións xa comezadas con PP. Revelar que o transporte público non se atopa entre as prioridades deste goberno, no que a sua solución segue a ser o asfalto das autoestradas ou as vías do AVE.

E ante a realidade que dende EU intentamos revelar, pedimos que te rebeles, que loites por cambiala, que o día 1 votes "cabreado". Rebelión da que queremos formar parte, có programa que presentamos, e que hoxe poderedes volver a escoitar na Almáciga, sabemos que o cambio real pódese levar a cabo, que é hora de cambiar a roda que fai moverse esta Terra, xa basta de meros parches, REBÉLATE.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Acto inicio autonómicas 2009

Convocámosvos ao “CONCERTO INICIO DE CAMPAÑA DE ESQUERDA UNIDA-IU. AUTONÓMICAS GALICIA 2009” que será na noite do día 12 de febreiro, xoves, na Praza de Cervantes e que ten a seguinte programación.
1º. Dende as 22 horas: actuación do “cantautor Luis Pastor” e tamén “unha alborada de gaiteiros” .
2º. Ás 24 horas: pegada inicial e intervención dos candidatos e candidatas, Yolanda Díaz por A Coruña e candidata á presidencia da Xunta de Galicia, Carlos Portomeñe por Lugo, Carmen Iglesias por Ourense e Juan Fajardo por Pontevedra, asi como a presenza de compañeiros e compañeiras desas citadas provincias.

Tamén queremos deixarvos este enlace,http://www.anosacosta.es/radio_anosacosta/index.htm, no que na marxe superior dereita veredes un apartado titulado radio a la carta, e nel, con data 10-02-2009, podedes escoitar unha entrevista a Yolanda Díaz.

E por último colgamos este video, no que poidedes escoitar un fragmento da charla, sobre a lei electoral, que Cayo Lara realizou recentemente en Santiago de Compostela.