lunes, 2 de marzo de 2009

Valoración resultados electorias en Galicia

VALORACIÓN DAS ELECCIÓNS DE ESQUERDA UNIDA
Esquerda Unida unha forza en ascenso en Galicia

HISTÓRICA PARTICIPACIÓN
Esquerda Unida valora a histórica participación nesta chamada ás urnas, o que incide na madurez democrática do pobo galego, acadando unha porcentaxe do 70,19 %.
O BIPARTITO PERDE O GOBERNO POLO CONTINUISMO NAS SÚAS POLÍTICAS
As políticas continuistas do bipartito xeraron frustración na esquerda e non foron quen de construir a alternativa no noso país. Estas políticas son as responsables da perda dos deputados do bipartito.

ESQUERDA UNIDA FORZA DE ASCENSO EN GALICIA
Neste contexto Esquerda Unida, a pesar da concurrencia doutras formacións políticas e da bipolarización política entre o bipartito e o PP, foi quen de mellorar os seus resultados electorias , en número de votos e en porcentaxe.

O DISCURSO DE ESQUERDA UNIDA MANIFESTOU DURANTE A CAMPAÑA QUE O BIPARTITO NON COÑECÍA O NOSO PAÍS.
Con certeza, ESQUERDA UNIDA amosou en todos e cada un dos seus actos a distancia existente entre o bipartito e a realidade da sociedade galega , distancia que se amosaba na propia campaña pola falta de propostas e iniciativas políticas ante a crise e o desencanto da esquerda.

ESQUERDA UNIDA AFRONTA CON NOVOS FOLGOS ESTA NOVA ETAPA POLÍTICA
ESQUERDA UNIDA á vista destes resultados é consciente do espazo político existente en Galicia, espazo humilde, pero en constante crecemento . Por elo, esta formación política continuará na defensa da REFORMA ELECTORAL no noso país , trucado no día de hoxe, por non existir a democracia. A desigualdade dos votos, a barreira legal situada no 5%, o voto da emigración, as circusncripcións electorais impiden unha realidade plural e igualitaria en Galicia.
Con folgos e propostas continuaremos loitando para mudar este realidade.
Compostela, 1 de marzo de 2009


ANTE A PRIMEIRA COMPARECENCIA DE FEIJOO

Esquerda Unida agarda que se cumpran as palabras do futuro presidente

Á vista das primeiras declaracións de Alberto Núñez Feijoo relativas ao proceso de crise que vive o noso país e as súas manifestacións sobre a convocatoria a todas as formacións políticas de Galicia, ESQUERDA UNIDA agarda ser chamada á mesma tendo en conta que fomos a única formación política que presentou un PLAN ESTRATÉXICO PARA A CREACIÓN DE EMPREGO E A REXENERACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DE GALICIA.
Asi mesmo, confiamos en que no relativo á rexeneración democrática de Galicia igualmente chame a ESQUERDA UNIDA para concordar nunha futura REFORMA DA LEI ELECTORAL, DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA e mesmo a MEMORIA HISTÓRICA, toda vez que, como é sabido, foi ESQUERDA UNIDA a organización política que en tempos do bipartito presentou unha reforma electoral ambiciosa para democratizar o país e no mesmo sentido presentou ante a comisión parlamentaria un texto de ESTATUTO.

ESQUERDA UNIDA, desde o seu humilde resultado, pero n aliña de crecemento que vén manifestando, seguirá defendendo políticas de esquerdas que sigan defendendo a traballadoras e traballadores e ao conxunto da sociedade en xeral, achegando propostas como veu facendo até o de agora desde unha posición de esquerdas alternativa e transformadora.

Compostela, 1 de marzo de 2009

10 comentarios:

BANDINI dijo...

esto es lo que yo llamo una crítica en profundidad, sí señor.

Administrador dijo...

grazas polo seu comentario, queremos recordalle que temos a sua disposción o noso foro, por se nos quere facer chegar algunha proposta, queixa...

Anónimo dijo...

Home Ron! BANDINI, tan puco di tanto. Ademáis entre que se rexistra, e non se rexistra, nun foro no que apenas participan dúas persoas, para decir o que dixo, non lle vale a pena ¿non crees? O que dixo BANDINI, é a opinión dun/ha militante ou simpatizante crítico/a con IU. Non hai que ter moita lucidez pero se se ten algo na cachola, é lóxicopensar eso e é bo expesalo. Eu que vos sigo dende hai un tempo penso que cada vez as analises son máis breves e menos profundas. Non é o teu caso, Ron. cando ti falas do teu, nótase que coñeces o tema, e te implicas

Anónimo dijo...

A min chamoume a atención a caida de EU-IU na comarca de Ferrol, a comarca da lider de EU-IU, a comarca da candidata á Xunta. Yolanda unha das bazas de EU-IU para acadar a Xunta (segundo lin en vieiros. com, ela e Portomeñe, eran as bazas de IU, segundo declaracións do mesmo IU). Resulta que a Comarca de Ferrol, está formada polosconcellos de Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda, Valdoviño, As Somozas, Moeche, San Sadurniño e Cedeira. Con respectoás eleccións autonómicas do 2.005, EU-IU, baixou 132 votos en Fene, baixou 592 votos en Ferrol, baixou161 votos en Narón (estos son os tres concellos máis poboados e obreiros da comarca), baixou, 13 votos en Valdoviño, 1 en Moeche,5 en san Sadurniño e 19 en Cedeira, gañou 22 en Mugardos (territorio de Pilar Díaz/foxo algo os deberes), gañou 83votos en Neda, 3 en Ares, 2 en As Somozas. Tamén mirei en Miño e Pontedeume ,que non son da Comarca pero andan cerca,no primeiro gañaron 7, os mesmo que perden no segundo. Se sumas os votos negativos e positivos e restas,dache un balance negativo de 813 votos en contra, ou que perde IU. Estoda unha idea de que na Comarca de Ferrol logo de ser unha forza en alza, algo grave pasou que IU vai en caida libre. Na miña opinión Yolanda e o seu equipo precisa un recambio, e a politica comarcal un xiro á esquerda e a democrácia interna e externa.

Por outra banda, analicei os resultados na comarca do candidato pola provincia de Pontevedra, Fajardo. A comarca de Vilagarcía, denoiminase o Salnes e acompoñen os concellos de Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía. . Con respecto aos resultados das eleccions autonómicas do 2005, en Cambados EU-IU, subeu 23 votos,en A Illa, subeu 30, en Meis, 2, en Ribadumia, 9, en Vilanova37 e en Vilagarcía (vila do candidato) IU, sube 460 votos,Pola contra na comarca do Salnés EU-IU, perde 60 votantes enO Grove (algo que nos debera preocupar está acontecendo), Meaño perde 1 votante (falecemento?), e Sanxenxo 5 (a xente dos iates non se leva ben con IU). O que sumados votso negativose positivos arroxa un balance positivo de 495 votos a máis (con respecto ao 2005).

Conclusións: na comarcal de Ferrol están acontecendo cousas que alguén debera explicar conpelsoe sinais, deberanse depurar responsabilidades e haber demisións. Yolanda como máxima responsable e cabeza visible, non debera repetir candidaturas. No Grove, tamén se evidencia que están pasando cousaseo igual que en Ferrol deberanse tomar medias correctoras (de menor calado que en Ferrol, pero sen despistar que houbo malos resultados e debese a algo).

A Comarca do Salnes, contribue notablemente a subida de EU-IU, polo contrario a comarca de Ferrol contribue á baixa de EU-IU, alguén debe demitir,e quen está apostando por Yolanda e por métodos políticos escuros (PCG), debera retroctaerse. Un saudo sinceiro

Anónimo dijo...

As valoracións que se fan unha vez rematado o reconto dos votos entendo que non deben ser moi profundas, e moito máis en EU onde teñen que ser os órganos os que aproben ese tipo de análises, senón vin mal na páxina de EU, hai convocado un CPN para o sábado día 7. Recordade as valoracións que fixeron diante das cámaras, (que supoño que foi iso o que quixo facer en EU , pero sen cámaras como sempre lle pasa)os tres partidos parlamentarios: felicitacións, palabras tan bonitas como rexeneración democrática, convocatorias para todo dios, chamoume o sr.Tal, recibín a chamada do sr. Cual, entendimos a mensaxe dos cidadáns. o certo é que as valoracións que eu escoitei a eses tres partidos ese día foron moito menos frofundas que as que fixi EU. Un saúdo.

Administrador dijo...

Dende EU Compostela queremos, en primer lugar, agradecer os vosos comentarios, e seguir recordándovos que, para que noso traballo nesta cidade poda ser máis efectivo, tedes a vosa disposición o foro para que nos fagades chegar as vosas queixas, propostas...

Saúde e República.

Anónimo dijo...

Á intervención 5, decirlle que as valoracións que fan os órganos son as valoracións dos órganos, máis que eu sepa en Spain as persoas, os individuos, teñen dereito a facer as súas propias valoracións, nos órganos, na casa, no coche, en internet, nos foros, fora dos mesmos, ata no WC pode quen o queira facer valoracións. En EU-IU, sodes moi dados a cortar ou eliminar calquera espazo donde quen o desexe faga as valoracións que estime oportunas. xa me extraña a min que EU-IU Santiago, non faga desaparecer este espazo.

Administrador dijo...

En primer lugar seguir agradecendo a vosa participación.
Tamén dende EU Compostela queremos deixar claro que calquera opinión, que non utilice a ofensa como argumento, será benvida e pregamos que nos fagades chegar todas as críticas constructivas que consideredes oportunas para que o noso traballo sexa máis efectivo.
Por último, unha vez máis, recordámosvos o noso foro por se, como recentemente en bonaval, atopades algunha cacicada que debamos saber, algún servizo que funciona incorrectamente, algunha mellora que se pode levar a cabo na nosa cidade...

Anónimo dijo...

Sabedes algo dos acordos famosos do CPN celebrado este sábado 7. Sabedes se van a dar unha valoración leve ou profunda, ou calarán para sempre. Informanos, comentario 5!, cal é a valoración dos órganos?

Anónimo dijo...

Parece ser, que as valoracións aprobadas nos órganos coma o CPN do 7 de marzo, nin son profundas nin se fan públicas e ata o mellor nin se aprobaron, ou non houbo un acordo. Mellor así, cad aquen que valore o que queira, como ten que ser, que non nos tutelen, nin o pensamento.