viernes, 26 de noviembre de 2010

Condea pintadas xenófobas

COMUNICADO DE PRENSA.

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA CONDEA AS PINTADAS XENÓFOBAS APARECIDAS NA AVDA. DE LUGO

O CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA REINVINDICA O TRABALLO DE CONCIENCIACIÓN POLO RESPECTO QUE DEBEN FACER TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

EU COMPOSTELA ESIXE A INVESTIGACIÓN PERTINENTE SOBRE A AUTORÍA DAS PINTADAS E QUE SE TOMEN AS DILIXENCIAS PERTINENTES.


Esquerda Unida Compostela manifesta unha vez máis a súa preocupación polas situacións de vulneración dos dereitos das persoas migrantes, e volve a esixir a todas as administracións públicas un traballo continuado de concienciación e de loita contra as actividades e os posicionamentos racistas.

O Consello Comarcal de Esquerda Unida reitera que o Concello de Santiago, por ser a administración pública máis próxima, debe posicionarse claramente en defensa dos dereitos de todas as persoas migrantes, tanto coas súas palabras como polos seus actos.

A crise económica capitalista ataca dobremente ás persoas migrantes pois, ademais de padecer as consecuencias laborais que sofre toda a clase traballadora, sofren a belixerante actitude racista de parte da sociedade que ve nestas persoas un “problema” a solucionar para saír desta crise. Actitude incrementada polas malas prácticas políticas, tal como se puido comprobar nestes días na campaña das eleccións catalanas.

Queremos esixir ás institucións pertinentes que leven a cabo unha profunda investigación sobre o grupo autor desta pintadas xenófobas, e que acometan as dilixencias pertinentes que a lei permite levar a cabo contra este tipo de actuacións, cuxa mensaxe incita claramente á violencia.

Por todo isto Esquerda Unida Compostela lamenta a existencia deste tipo de actitudes racistas na nosa sociedade, e ratifica o seu convencemento na loita en defensa polos dereitos que amparan a todas as persoas migrantes e apoiar as reinvidicacións e protestas que se leven a cabo en defensa do respecto que debe impregnar toda sociedade democrática.

Novembro de 2010

No hay comentarios: