martes, 2 de noviembre de 2010

Visita Papa

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA OPONSE Ó DESBALDIMENTO DE RECURSOS PÚBLICOS NA VISITA DO PAPA E CRITICA A ACTITUDE SERVIL DE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

EU PARTICIPARÁ ACTIVAMENTE NOS DIFERENTES ACTOS DE PROTESTA QUE SE LEVARÁN A CABO, CHAMANDO A CIDADANÍA A PARTICIPAR ACTIVAMENTE NA MANIFESTACIÓN QUE SE LEVARÁ A CABO O XOVES 4 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 NA ALAMEDA.


O CONSELLO COMARCAL DE EU MANIFESTA A SÚA DEFENSA DO ESTADO LAICO

O vindeiro 6 de novembro, coincidindo co ano Xacobeo, o Papa da Igrexa Católica fará un percorrido pola nosa cidade que suporá para as arcas da nosa comunidade un gasto de 3 millóns de euros.

Dende Esquerda Unida Compostela queremos denunciar o trato de favor que dende as distintas Administracións Públicas se realiza á Igrexa Católica coa visita do Papa a cidade de Santiago de Compostela. Pois no marco dun Estado aconfesional, artigo 16 da Constitución, a cidadanía non ten porque costear as visitas pastorais de quen ven a predicar doutrinas que lexitiman a sumisión e discriminación da muller e dos homosexuais, representando a unha institución que ataca o uso do preservativo, mentres morren miles de persoas a causa do SIDA, e que mantén una actitude deplorable ante os casos de pederastias acaecidos no seu seo.

Queremos denunciar tamén a irresponsabilidade deste desembolso económico nun contexto de crise, co 15,58% da poboación galega desempregada e cun anuncio de recorte de 1400 millóns de euros nos orzamentos autonómicos que afondarán na desprotección social e na precarización dos servizos públicos.

Dende o consello comarcal rexeitamos a situación de excepcionalidade que se producirá o 6 de novembro co despregue de 6000 efectivos entre Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil, e o corte das calles dende San Lázaro ao Obradoiro ao aparcamento coas consecuentes molestias para os veciños da cidade. A visita do Papa non pode ser a escusa para o recorte de dereitos á cidadanía e a instalación dun Estado policial na cidade de Compostela.

Estado policial que se manifesta lamentablemente nas actuacións levadas a cabo no barrio de San Lázaro, e que denuncia o Movemento polos Dereitos Civís, como son os rexistros en vivendas sen orde xudicial, “solicitando” a retirada de carteis críticos coa visita do Papa. Actuacións que condeamos enerxicamente e que mostran a falta de liberdade de expresión que aínda hoxe en día perdura nos temas relacionados coa Igrexa.

Dende Esquerda Unida apoiamos as diferentes iniciativas que dende diversos colectivos sociais se están a organizar en oposición ás actuacións levadas a cabo pola presenza do Papa en Galicia, chamando a cidadanía compostelá a mostrar o seu rexeitamento na manifestación que se levará a cabo o vindeiro 4 de novembro.

Por todo isto dende EU Compostela manifestamos una vez máis a nosa defensa dun Estado Laico.

No hay comentarios: