viernes, 19 de enero de 2018

Renovación Área da Muller de EU Compostela



A MILITANCIA DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA RENOVA A ÁREA DA MULLER DE EU NA COMARCA

ROSA TRILLO É ELIXIDA RESPONSABLE DA ÁREA.

Proseguindo co proceso de fortalecemento da nosa organización, revitalizamos a Área da Muller de EU na comarca, espazo de debate colectivo, no que as mulleres militantes e simpatizantes traballamos para avanzar cara unha sociedade igualitaria e xusta. O feminismo de clase segue a ser a ferramenta imprescindible para organizar a loita necesaria contra a violencia machista é o heteropatriarcado que o sustenta.

As mulleres que participamos nesta Área comarcal de Esquerda Unida, consideramos prioritaria a participación nas distintas plataformas feministas municipais, sendo na actualidade o próximo 8 de Marzo o eixo central de traballo conxunto.

Por outra banda tamén é preciso profundar na consecución de políticas realmente feministas, baixo a perspectiva da esquerda alternativa e transformadora, polo que o traballo para dotar de propostas ás distintas institucións tamén será parte do debate colectivo das compañeiras que formamos parte da Área da Muller. O fortalecemento feminista da nosa organización, xa sexa a nivel programático ou formativo, tamén será un dos eixos de traballo marcados.

Por último indicar que, por unanimidade, foi elixida como responsable da Área da Muller de Esquerda Unida Compostela, a compañeira Rosa Trillo.

No hay comentarios: