lunes, 10 de marzo de 2008

Valoración inicial sobre os resultados en Terras de Compostela

Remataron as eleccións máis polarizadas dos últimos anos. Polarizadas en primeiro lugar polos 4 anos de lexislatura, onde os logros acadados por IU foron silenciados e acaparados polo PSOE. Ese foi o primeiro punto feble na política cotiá. Pero, se é certo que a meirande parte dos nosos votos foron para PSOE, o maldito e noxento "voto útil" (que utilidade pode haber en negar a conciencia e destruir un proxecto de esquerdas), estas persoas non tiveron en conta esa febleza. A polarización segue no 4 PODER, os medios de comunicación que foron os verdadeiros creadores de opinión e instrutores do voto nestas eleccións ao negar espazo e visibilidade ao traballo -enorme traballo- que realizamos en toda Galicia. E resulta mesmo que en conversas mantidas con membros directivos deses medios recoñecían a dita polarización.....pois que a solucionaran. Está nas súas mans a destrución da pluralidade democrática e a consolidación dun bipartidismo á americana que dá medo. U-la esquerda en todo este proceso?

Nalgúns concellos de Terras de Compostela as cousas foron mellor para nós e por iso, este coordinador comarcal quere agradecer a todas as persoas que apoiaron o noso programa de esquerdas, realmente transformador.

  • Na propia Compostela conseguimos 1263 votos (un 2,17%) máis menos o mesmo resultado que hai 4 anos e consolidando o resultado das municipais (1119 votos).
  • En Ames 317 votos (2,17% tamén) 15 votos máis que hai 4 anos.
  • En Brión, 63 votos (1,51 %), 13 votos máis.
  • En Negreira 30 (0,68%) 3 máis
Noutros concellos como O Pino e Teo baixamos. En calquera caso, nesta zona foi unha das zonas onde mellor mantivemos o tipo fronte ao "tsunami" bipartidista.

Por iso, graciñas a todas as persoas porque a pesar de caer en Galicia e no Estado sabemos que temos un pequeno espazo e que debemos traballar para facelo máis grande para podermos denunciar os atropelos en materia social e medioambiental.

3 comentarios:

bandini dijo...

un poco de autocrítica no vendría mal en mi opinión.

por otro lado creo que el futuro de esquerda unida pasa por fusionarse con el bloque. porque su componente nacionalista es mucho mayor que la internacionalista. de ahí el resultado, de elegir uno mejor el original.

Administrador dijo...

Compañeiro Bandini
a autocrítica é necesaria no eido que é precisa. NO eido comarcal a valoración ten e debe ser positiva en función dos resultados acadados. Se falamos do eido provincial ou nacional si cabe esa crítica e non digamos no eido federal. Pero, e iso é o importante, somos INTERNACIONALISTAS, se ben radicamos o noso programa de acción no concreto, nos problemas reais, actuamos localmente, pero pensamos globalmente. Só tes que ler os nosos puntos programáticos. E entón daraste conta do que ti mesmo dis. O BNG actual, nas súas xerarquías, que son as que gobernan, cando deixen de facerse fotos coa patronal, cando deixen de privatizar e externalizar servizos...entón poderás suxerirnos algo...
un saúdo autocrítico

bandini dijo...

pues si eso es así yo diría que no sois capaces de hacerlo entender. a lo mejor es que el electorado es tonto. en cuanto a lo de pensar globalmente y actuar localmente, creo que debiera ser exactamente al contrario. porque, insito, para actuar localmente hay mejores opciones por lo visto...

salud y que no cunda el pánico