martes, 30 de diciembre de 2008

ESQUERDA UNIDA SOLICITA A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA

Este comunicado remitiuse onte aos medios. Sabedores somos da súa repercusión en La Voz de Galicia.

*****


ESQUERDA UNIDA RECLAMA A APROBACIÓN PREVIA DO PLAN SECTORIAL EÓLICO E A AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000

ESQUERDA UNIDA DEMANDA A DEMISIÓN DO CONSELLEIRO DE INDUSTRIA TRALO FIASCO DO CONCURSO EÓLICO

Esquerda Unida entende inaceptable a adxudicación do concurso eólico sen ter aprobado con anterioridade un novo plan sectorial eólico, vixente hoxendía o do PP, o cal lle resta toda coherencia ao diseño das renovables por parte de Industria e da Xunta.

Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida, reclamou un novo plan eólico elaborado sobre as bases da sustentabilidade e a participación cidadá. Sen este marco previo esta adxudicación semella improvisada e opaca, falla de transparencia, presa de batallas empresariais que n nada benefician ao noso país.

En consonancia co novo plan eólico que demanda EU e o conxunto do movemento ecoloxista, semella indispensable ampliar os espazos comprendidos na Rede Natura 2000 ao obxecto de propiciar a conservación da nosa riqueza natural. O actual concurso amplía a zonas fóra da actual ordenación eólica – a do PP – as susceptibles de ser explotadas, o cal prexuzga e condiciona o vindeiro plan eólico.

Esquerda Unida quere denunciar a perda da oportunidade de acadar unha presenza decisiva - e non residual – do sector público galego nun ámbito estratéxico, o da enerxía renovable. As renuncias da consellería e do conxunto da Xunta explícanse polas compracencias co discurso neoliberal imperante até onte na praxe de goberno do bipartito. Non compartimos a privatización do vento segundo consignou a Coordenadora Nacional de EU.

As carencias do proceso salpicaron de xeito inevitable o bipartito, coa retirada das consellarías do PSOE e nun marco de dúbidas e incertezas a teor das declaracións da conselleira de Política Territorial e do propio Presidente da Xunta.Todo elo nun contexto onde fallan os proxectos industriais – derrotado o traslado de ENCE da ría pontevedresa -, e carécese dunha avaliación ambiental estratéxica.

lunes, 29 de diciembre de 2008

CONCENTRACIÓN SILENCIOSA MAÑÁ NA PRAZA DO TOURAL ÁS 20H

Esquerda Unida apoia a concentración silenciosa covocada pola Coordinadora Galega pola Paz, na que participamos en tanto que membros integrantes do Foro de Inmigración:

****
As entidades e organizacións que forman parte da Coordinadora Galega pola Paz, da Iniciativa polos Dereitos Humanos, Coordinadora de ONGDs, Foro de Inmigración, Fundación Araguaney, etc. decidimos, en réxime de autoconvocatoria, CONCENTRARNOS DE URXENCIA NO TOURAL, EN COMPOSTELA, MAÑÁN, DÍA 30, MARTES, ÁS 20:00 HORAS, en solidariedade con Palestina e contra da barbarie sionista, ao tempo que reclamamos a intervención da comunidade internacional co obxecto de parar a violencia e o xenocidio do pobo palestino.
Será un acto silencioso no que suxerimos levar, veas e fulares palestinas, evitando así toda simboloxía partidaria.
****

animamos a todas as persoas a que pasen pola praza do Toural e apoien coa súa presenza o fin da barbarie.

Un saúdo
Xabier Ron
Coordinador Comarcal de Esquerda Unida

ESQUERDA UNIDA CONDEA AS MATANZAS DE PALESTINOS PERPETRADAS POR ISRAEL

ESQUERDA UNIDA CONDEA AS MATANZAS DE PALESTINOS PERPETRADAS POR ISRAEL COS SEUS ATAQUES Á FRANXA DE GAZA

A COORDINADORA NACIONAL, YOLANDA DÍAZ RECLAMA A SUSPENSIÓN DO ACORDO DE ASOCIACIÓN QUE A UE MANTÉN CON ISRAEL


Esquerda Unida quere denunciar a nova vaga de violencia terrorista de Estado, que o goberno israelí está a desenvolver sobre a poboación palestina na franxa de Gaza. Denuncia que fai extensiva á unha comunidade internacional que permite por activa ou pasiva o exercicio dunha violencia brutal e o mantemento de condicións de vida insoportables nos territorios ocupados, en aberto desafío dunha legalidade internacional violada reiteradamente por Israel coa complicidade dos EE.UU. e a propia Unión Europea.
Renuncias a facer cumprir a devandita legalidade que nestes días supuxeron preto de 300 mortos e un millar de feridos.


Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU, demanda que o Estado inicie diante da UE os trámites para que quede en suspenso o acordo de asociación con Israel do ano 2000, proposta que se acollería a cláusula segunda do devandito acordo que contempla este recurso no caso de violación dos dereitos humanos, o cal semella evidente diante de bombardeos sobre a poboación civil que xa causaron máis de douscentos mortos nesta semana pasada. A Coordenadora Nacional de EU cualificou os ataques do exército israelí como crimes de guerra. Violencia criminal que ten un cheiro electoral nas vésperas dunhas eleccións ao parlamento israelí, Knesset.

Esquerda Unida lembra a resolución do Parlamento Europeo de 10 de abril de 2002 no mesmo sentido de demandar a suspención do acordo de asociación namentras non cesen as violacións de dereitos humanos por parte do Estado de Israel.

Esquerda Unida esixe o cesamento de calquera venda de material militar ou policial ao Estado israelí namentras non remate a ocupación de Cisxordania e Gaza.

O estancamento e mesmo regresión das supostas negociacións de paz tendentes a conquerir a retirada israelí dos territorios ocupados, cando os Acordos de OSLO datan do ano 1993. O mantemento dos asentamentos coloniais nos territorios ocupados en violación das convencións de Xenebra, a construción dun muro de separación rexeitado pola Corte Internacional da Haya, as continuas agresións económicas aos palestinos, as humillacións cotiás dunha poboación ocupada indican a vontade criminal do goberno israelí de non rematar cunha situación condenada pola ONU.

A situación xerada pola violencia israelí vulnera a Declaración Universal dos DD.HH., a Cuarta Convención de Xenebra, o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, o Pacto Internacional sobre Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e maila Regulamentación Estandar Mínima das Nacións Unidas para o Tratamento de prisioneiros. Cómpre, xa que logo, unha intervención do goberno español e da comunidade internacional para facer respectar os dereitos do pobo palestino a vivir en liberdade na súa terra, ceibes da ocupación colonial israelí.

martes, 16 de diciembre de 2008

18 DECEMBRO, ÁS 20H NA PRAZA DE CERVANTES, CACEROLADA E REIVINDICACIÓN DE DEREITOS PARA AS PERSOAS MIGRANTES

Este xoves 18 de decembro na praza de Cervantes en Compostela terá lugar a concentración na que reivindicaremos dereitos para todas as persoas migrantes. "Non somos lixo, somos persoas". Xa abonda de chantaxes coa excusa da crise. Os dereitos non poden nin deben estar a expensas das veleidades dos gobernantes de turno: deben ser inalienables.

Esquerda Unida leva anos batallando por un triunfo das luces da liberdade, da igualdade e da fraternidade.

Animamos a que todas aquelas persoas libres das cadeas da alienación capitalista secunden e apoien a cacerolada coa súa presenza: a mellor maneira de crear desd o concreto unha alternativa viable ao sistema capitalista e seu terrorífico modo de organizar as relacións humanas.