O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA CONSIDERA NECESARIO A INSTALACIÓN DUNHA MARQUESIÑA NA AVDA. DE LUGO
A CARÓN DA RESIDENCIA TENIENTE GENERAL BARROSO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU REITERA A SÚA PETICIÓN DE ELABORACIÓN DUN ESTUDO SOBRE
AS MARQUESIÑAS DA CIDADE PARA CORREXIR AS POSIBLES EIVAS QUE POIDAN TER.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela denunciara
en febreiro as eivas da marquesiña existente na Avda. De Lugo a carón da
residencia General Barroso porque representaba un auténtico perigo para as
persoas que agardaban o bus ao invadir a instalación da mesma a avenida de Lugo
nun treito masificado en tráfico.
Por suposto, alegrámonos da decisión de retirala e
trasladala uns metros máis abaixo, preto do centro de saúde Concepción Arenal,
mais, o que non pode ser é que se retire sen contemplar unha solución
alternativa. De feito, durante as duras choivas e ventos da semana pasada as
persoas só coñeceron a molladura por non teren protección cunha nova
marquesiña.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela consideramos necesario, e urxente, que o Concello atope unha
solución para poder instalar unha marquesiña que cumpra as mínimas condicións
de seguridade e protección para as usuarias e usuarios do transporte público.
Creemos que o equipo de goberno local ten que
facer a súa labor e, por exemplo, dialogando coa residencia universitaria
General Barroso, ver a posibilidade de utilizar o muro desta residencia como
soporte da necesaria marquesiña.

Por último pedimos ao Concello que leve a cabo un
estudo pormenorizado das marquesiñas existente na cidade para avaliar posibles
trocos necesarios para a súa mellora, ou lugares onde a pesares de existir parada
de autobús aínda non existe marquesiña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario