AO
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA
COMPOSTELA REPÚGNALLE A DECREPITUDE ÉTICA E MORAL Á QUE O PARTIDO POPULAR ESTÁ
A LEVAR AO CONCELLO.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA MANIFESTA QUE O EQUIPO DE GOBERNO LOCAL DO
PP ESTÁ INHABILITADO POLÍTICAMENTE PARA GOBERNAR SANTIAGO, E TEN QUE SER A
DEMOCRACIA, CO ADIANTO DE ELECCIÓNS, A QUE CONSIGA A REXENERACIÓN QUE O
CONCELLO NECESITA.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela
manifesta a súa preocupación pola nefasta xestión do Partido Popular, que leva
ao desprestixio e desgoberno o Concello de Santiago
En xuño manifestáramos que era unha barbaridade,
nova mostra da decrepitude ética do PP, que aprobaran que as concelleiras e
concelleiros, imputados por presuntos delitos de corrupción política, poidan
acollerse a que sexan as veciñas e veciños cos seus impostos as que paguen a
súa defensa. Hoxe ademais dunha barbaridade a xustiza acredita que pode ser
ilegal, ao imputar a sete concelleiros e concelleiras da Xunta de Goberno que
aprobaron esta medida
É nauseabundo o fedor a corrupción, clientelismo e
outras miserias que emana da execrable xestión do Partido Popular. É
inadmisible que as veciñas e veciños teñan que padecer ao nefasto equipo de
goberno de Currás carente de moral. É prexudicial para a mesma democracia que o
PP siga a goberna nesta cidade.
Por suposto respectamos a presunción de inocencia
dos concelleiros e concelleiras imputados, que a día de hoxe moitos, pero
moitos son, pero por hixiene democrática, por respecto á cidadanía, por espírito
democrático, esiximos a dimisión de todos os cargos públicos imputados.
O Consello Comarcal de EU Compostela critica as
verbas da incompetente María Pardo que, carente da mínima decencia, xustifica
estas novas imputacións dicindo que se deben a unha persecución política. É
imposible tolerar semellante burla á cidadanía, non hai persecución política o
que hai, por desgraza, neste Concello é un goberno do Partido Popular carente
de lexitimidade para gobernar.
Por último reiteramos a nosa demanda ao señor
Feijoo de que abandone o seu escudo de que “o que pasa en Santiago non é
normal”, leve a cabo as medidas necesarias para permitir a gobernabilidade da
cidade, algo imposible co Alcalde Currás e as súas concelleiras e concelleiros,
polo que ten que procurar un novo equipo de goberno que demostre capacidade
para rexer a cidade, senón que cumpra coa súa obriga e consiga o necesario
adianto de eleccións municipais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario