A
ASEMBLEA COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA APOIA POR UNANIMIDADE A
CANDIDATURA PRESENTADA PARA RENOVAR A COORDINADORA COMARCAL
SARA
GARCÍA E NOA MORALES SON ELIXIDAS
CO-COORDINADORAS
COMARCAIS.

Trala última asemblea nacional de Esquerda Unida, baixo o lema “A forza das ideas”, a organización abriu o proceso de renovación das Coordinadoras Comarcais, para levar a cabo o traballo aprobado nos documentos políticos e organizativos, encamiñados a potenciar a necesaria Unidade Popular.
Na última asemblea comarcal de Esquerda Unida
Compostela, a militancia apoiou unanimemente a candidatura presentada para
constituír a nova Coordinadora Comarca (CC). Na súa primeira xuntanza esta nova
CC, entre outras cuestións, debateu e elixiu as diferentes responsabilidades
das persoas que formaban parte da candidatura.
Sara García e Noa Morales foron escollidas Co-Coordinadoras Comarcais, Fran Prieto a asumiu a responsabilidade de Organización e Finanzas, Vicente Vázquez será o novo responsable de Comunicación, Antía Soto encargarase de Política Municipal e Alexandre Vila de Políticas Sociais. Como responsable comarcal da Área de Educación de Esquerda Unida, José Cuenca, será membro desta nova CC.
Nesta primeira xuntanza a nova Coordinadora
Comarcal tamén comezou a establecer as bases do traballo, tanto externo como
interno, para fortalecer e visibilizar a Esquerda Unida e, por suposto, pular
pola Unidade Popular, da esquerda política e social, ferramenta imprescindible
para o cambio que a maioría social precisa, e acadar así unha sociedade xusta e
igualitaria.
As persoas que compoñen esta nova CC decidiron que
o seu traballo se faga de xeito coral e primando o consenso, comprometéndose a
promover a participación activa da militancia e simpatizantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario