miércoles, 15 de abril de 2015

Discurso pola República de Noa Morales



Hoxe, 14 de Abril, conmemórase o 84 Aniversario da proclamación da II República, feito que constituye para toda a xente de progreso unha oportunidade de recoñecer os avances sociais e democráticos que representou.

A República significou o impulso da cultura e da educación, do dereito ao traballo como eixo fundamental da acción política, do rexeitamento da guerra como instrumento diplomático, da aposta por dignificar as condicións de vida no agro do rexeitamento da influencia da igrexa ou da banca na vida cotiá das xentes e a defensa dos dereitos das mulleres que hoxe queremos destacar.

O actual governo lexisla en contra das mulleres, disminuiu no presuposto os orzamentos para loitar contra a violencia machista, foron partícipes dunha involución nos dereitos das mulleres, como o aborto ou son cómplices do crecente empobrecemento das mulleres.

Por iso hoxe, máis que nunca debemos reclamar os valores e dereitos das mulleres que comezaron a asomar durante a II República, a esas figuras públicas que como Clara Campo amor loitaron polos dereitos dos máis desfavorecidos, polos dereitos das mulleres e a Igualdade. Que defendeu o sufraxio universal incluso en contra da opinión dalgúns dos seus compañeiros. Que o 1 de Outubro de 1931 pronunciou ante as Cortes:

«As mulleres! Como pode decirse que cando as mulleres den sinais de vida pola República se lles concederá como premio o dereito a votar? É que non loitaron as mulleres pola República? E que al falar con eloxio das mulleres obreiras e universitarias, vaise ignorar as que non pertencen a una clase ou outra? Non sufren as consecuencias da lexislación? Non pagan elas para soster ó Estado na misma maneira que os varóns? Como pode decirse que a Muller non loitou e que necesita unha época, largos anos de República, para demostrar a sus capacidade?»

«Tedes o dereito que vos dou a lei, a lei que vos fixéchedes, pero non tedes o dereito natural, o dereito fundamental que se basea no respeto ó ser humán, e o que facedes e detentar un poder, deixade que a muller se manifeste e veredes como ese poder non o podedes seguir detentándoo.»

Viva a República!!

No hay comentarios: