
Mais no parque de Fontiñas situado entre as rúas Berlín, Lisboa e o Camiño
Francés, o Concello mostra a súa opacidade ao non informar debidamente sobre as
obras que se están a levar a cabo nel.
O Consello Comarcal de EU tralas denuncias feitas pola veciñanza, e tras
unha visita persoal de varios representantes ao parque, fixera un comunicado de
denuncia o 14 de febreiro debido as graves deficiencia que presentaba.
Para a nosa sorpresa descubrimos días despois que unhas valas indicaban a
prohibición de entrada a este parque, e tras pedir explicacións tivemos que
enterarnos polos medios de comunicación que, según María Castelao, a
urbanización do polígono 4 non está terminada e, polo tanto, non foi
recepcionada polo Concello, explicando que o parque estará pechado ata que se
termine a obra para evitar accidentes. Engadindo a concelleira que o parque non
está debidamente acondicionado e pode representar un perigo para as persoas
usuarias.
Transcorrido máis dun mes desde o peche a cidadanía deste parque, que según
a única información aparecida na páxina web do Concello debería estar aberto
dende o comezo do pasado outono, ningunha obra parece que se estea a acometer
para subsanar as deficiencias deste espazo público.
Pero acontece que ante a pasividade do Concello, e que a un mero valado
impide o paso a este parque, recibimos a información de veciños e veciñas de
que diferentes usuarios seguen a facer uso do parque, concorrendo, se facemos
caso ao que dicta María Castelao, nunha imprudencia, senón nunha ilegalidade
pois, según parece, está prohibida a entrada a este parque por obras, pero en
ningún lugar se indica debidamente co cartel pertinente o comezo e remate das
mesmas, quen as realiza e outras cuestións que según a normativa se debe
expoñer nas obras.

Por todo isto, o Consello Comarcal de Esquerda Unida realiza as seguintes
preguntas para a súa resposta por escrito:
- Cando se abrirá á cidadanía este espazo público? Mentres non se acometan as obras pertinentes, é seguro que siga sendo utilizado?
No hay comentarios:
Publicar un comentario