VALORACIÓN
DO PLENO DO 28 DE FEBREIRO DE 2013
Tralos inaceptables antecedentes do mes de
decembro e xaneiro, nesta ocasión o representante do Consello Comarcal de
Esquerda Unida Compostela, Vicente Vázquez, pudo asistir ao Pleno para valorar
o que alí se faga ou diga.
O que consideramos inadmisible é que aducindo
falsamente o aforo completo no Pleno se impedira a entrada de representantes da
plataforma de afectados polas preferentes, pois o noso representante certifica
que en todo momento da sesión plenaria houbo sitio para que varias persoas máis
puideran entrar.
No tocante á sesión plenaria cómpre destacar que
en varias ocasións nas súas intervencións, sobre todo o alcalde, os concelleiros
e concelleiras electas do goberno local mostraron o nefasto ambiente de miseria
política ao que o PP está a levar á institución local.
Dos temas tratados neste Pleno dende o Consello
Comarcal queremos destacar o punto 10 sobre suplemento de crédito para a
xestión e servizo da escola municipal de Salgueiriños.
Sen entrar a valorar as actuacións que a xustiza
deberá ditaminar sobre esta escola, desexamos expoñer que este suplemento de
crédito acredita, unha vez máis, a ingobernabilidade do Concello, cun Partido
Popular incapaz de presentar o orzamento en tempo e forma, e que se ve abocado
a apaños contables co que poder sacar adiante o seu traballo.
Tamén lamentamos e condeamos o uso da palabra
realizado polo alcalde Currás para pechar o debate deste punto, aprobado grazas
o votos a favor do PP e abstención do PSdeG e BNG. Uso da palabra para, cos
seus puerís argumentos consistente e meros ataques do “e ti máis e ti peor”,
demostrar que o Concello necesita a rexeneración democrática das urnas.
Rexeneración que tamén se demostrou como necesaria
por mor do debate no punto 11 da orde do día, proposta do BNG sobre unha
comisión de seguimento do Código de bo goberno, no que ante as claras peticións
de explicacións por parte da oposición sobre as posibles facturas falsas de
Juan de la Fuente, o PP volveu demostrar a súa faciana esquiva coa
transparencia e honestidade, tanto porque non aprobou esta comisión como porque
non contesta e simplemente utilizar os seus usos de palabra para unha fuxida
cara adiante, que nada ten que ver cos intereses xerais das veciñas e veciños.
O Pleno rematou, tras un ambiente que acredita que
polo ben da cidadanía non pode continuar o descrédito ao que o PP leva a
Santiago, con tres Rogos do BNG e un do PSdeG, e con tres mocións do BNG que
non pasaron o trámite burocrático da urxencia, pola maioría do PP, e non
chegaron a ser debatidas.
Por último desexamos que para o próximo Pleno,
ademais de que toda persoa que o desexe poida asistir, o PP atope ao
concelleiro ou concelleira que substitúa a Albino e o Pleno poida contar cos 25
representantes que a Democracia dicta que debe ter o Concello de Santiago
No hay comentarios:
Publicar un comentario