viernes, 5 de febrero de 2010

Obras e mobilidade

ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA SOLICITA QUE AS OBRAS DA AVENIDA DE LUGO NON SEXAN UN OBSTÁCULO PARA A AUTONOMÍA DAS PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA

Esquerda Unida Compostela entende que os trastornos durante a realización dunhas obras son lóxicos, pero entendemos, igualmente, que non pode quedar todo a expensas da climatoloxía para que todo se convirta nunha lameira chea de obstáculos e perigos para os peóns, propicia para caídas e lesións. Isto é o que acontece na obra da avenida de Lugo, manifesta sobre todo na confluencia co Hórreo.

Esquerda Unida Compostela amosa a súa preocupación para coas persoas con mobilidade reducida que, nestas condicións, a duras penas poden transitar. De feito, púxose en coñecemento da nosa organización o caso dunha persoa maior, que se move en cadeira de rodas, e do seu acompañante que todas as mañáns padecen un auténtico inferno para poder desprazarse e ir cara ao centro para persoas maiores.

As obras non poden quedar días e días inacabadas. A medida que se vai levantando e furando, cómpre ir arranxando e tapando en condicións, atendendo á mobilidade de todas as persoas, pero sobre todo pensando nas persoas que padecen algún tipo de impedimento físico para desenvolverse con plena autonomía. O desleixe non pode incrementar as barreiras e alimentar unha sensación de desamparo e indefensión.

No hay comentarios: