
O Foro Galego de Inmigración, do que Esquerda Unida forma parte, desenvolverá, en relación coa celebración do Día Mundial das Persoas Migrantes, un
acto lúdico-reivindicativo que terá lugar no salón de actos do
Museo do Pobo Galego e na
Praza do 8 de Marzo entre as
11:00h e as
14:00h do domingo día
18 de decembro, que incluirá actuacións musicais e lúdicas. No transcurso do mesmo diferentes persoas de diferentes colectivos de migrantes afincados na cidade lerán o Manifesto Revindicativo. Este Acto conta co apoio e colaboración de colectivos veciñais e sociais do Barrio de San Pedro.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela animámosvos a participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario