Aquí tedes o texto da moción e fotografías que acreditan o exposto:
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello
debe garantir a seguridade das persoas que transitan polas beirarrúas da
cidade.
Como, por exemplo, xa remarcaramos en mocións como a construción de
beirarrúas na rúa Divina Pastora ou no Burgo das Nacións, nesta ocasión
detectamos un claro fallo de seguridade
para as persoas nunha beirarrúa situada a altura do número 9 do campo de Santa
Isabel.

Por último, sen ser o máis importante, cómpre destacar que non sería a
primeira vez que os Concellos son obrigados a pagar unha indemnización a unha
persoa que sufriu algunha lesión debido o defectuoso estado ou inseguridade nas
beirarrúas das cidades, polo que, obviamente sen ser o motivo principal, sería
aconsellable a actuación nesta beirarrúa para evitar accións punitivas contra
as arcas municipais.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Efectuar as pertinentes medidas de
seguridade para atallar o problema detectado na beirarrúa situada a altura do
número 9 do campo de Santa Isabel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario